A ONU resume en 14 titulares para políticos (ou ‘dummies’) 4.000 páxinas sobre cambio climático: “require limitar as emisións de CO2”
O último informe do grupo de expertos di que unha actuación “substancial e sostida” permitiría limitar o cambio climático pero “poderían pasar entre 20 e 30 anos ata que as temperaturas mundiais se estabilizasen”
A Xunta facilita a varios altos cargos manter soldos con trienios máis altos que o resto do persoal
A demora na integración en Augas de Galicia da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos, eliminada en 2012, xa supuxo beneficios económicos para o seu persoal, parte del hoxe en postos directivos
Sanidade critica que o ministerio non fai actas do que fala coas comunidades tras admitir que o comité galego da COVID tampouco as ten
O conselleiro matiza agora a suposta aldraxe a Galicia por non recibir ningunha das 3,4 millóns de doses extra de Pfizer e admite "un axuste" e que tampouco as terán outras 13 comunidades
O PP súmase agora ás propostas de trens desde Lugo a Santiago e á Mariña lanzadas por BNG e Ciudadanos
A conexión entre Curtis e Ordes que viñan propoñendo os nacionalistas requiriría duns 30 quilómetros de nova liña, mentres que a da costa suporía máis de 70 quilómetros por unha zona cuxa complexidade quedou demostrada coa autovía A-8
A propiedade privada da maioría das residencias fai que só se coñeza o detalle do 10% das mortes con COVID rexistradas nelas
DomusVi preitea para que a Xunta oculte as mortes en cada centro privado malia que para a Valedora do Pobo “debe considerarse que é información pública” por ser “adquirida por Política Social no exercicio das súas funcións”
O Supremo decide que a xustiza castrense e non a civil siga investigando a Monbus por suposto suborno a militares
O alto tribunal resolve “por primeira vez” que supostos delitos comúns cometidos por civís pero relacionados con delitos castrenses cometidos por militares sexan instruídos por un xulgado militar por ter pena máis grave os segundos
O Banco de España aumenta as alertas pola exclusión financeira, que a Xunta confronta con axudas á banca
Se a finais do pasado ano o supervisor bancario cifraba en 45 os concellos sen sucursal, agora cuantifica en 38 os que carecen sequera de caixeiro, mentres o Goberno galego está disposto a subvencionalos mesmo onde se pechen oficinas nos próximos anos
- Entrevista | Fernando Salgado 40 anos do Estatuto
- Política
Galicia 1981-2021: "A medida máis decisiva da autonomía, porque marcou o seu desenvolvemento, foi que Xunta e Parlamento estivesen en Santiago"
A Autonomía fai 40 anos e durante as cinco fins de semana de agosto falamos con cinco persoas representativas dos cinco grandes gobernos que tivo a Xunta, das que tentamos tirar unha imaxe transversal da Galicia das catro últimas décadas
Está prohibido achegarse a 60 metros dos cetáceos: "os dereitos téñenos eles", di CEMMA, que alerta do "acoso" que sofren
A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños lembra que a lexislación establece “prohibicións expresas no caso de natación, acoso e molestias deliberadas” e avoga pola divulgación e a educación ambiental
Con calzado do exterior e deixando o carriño: a Xunta reduce restricións pola COVID nas escolas infantís para o próximo curso
Os centros poderán organizar a entrada de pais ou nais durante os períodos de adaptación e os grupos poderán compartir espazos exteriores
Iberdrola matiza que os eólicos fronte a Ortegal terán "impacto importante" nas aves e que a pesca "pode explorar" outras zonas
A empresa continúa a tramitación ambiental dos seus parques mariños tras engadir páxinas aos documentos xa presentados para xustificar que non terán efectos acumulativos e que os sinérxicos son “compatibles”
A rebaixa de peaxes a familias numerosas nas dúas autoestradas da Xunta beneficiará ao 0,9% dos tráficos
Os anteriores descontos para viaxes nocturnas implantados hai dous anos chegaron ao 2% dos usuarios