9 embarcadoiros sen autorización e 10 solicitudes suspendidas: o lento proceso para poñer orde na Ribeira Sacra
Tras suspender en 2022 novos permisos, a Confederación Miño-Sil presenta un plan para ordenar a navegación polos encoros que contempla retirar embarcadoiros sen permiso e fixa criterios para novos usos sostibles dos ríos
O TSXG pide a Protección de Datos que investigue o control de baixas de Mercadona por usar información "sensible"
O tribunal corrixe unha sentenza dun xulgado do Social da Coruña e rebaixa de nulo a improcedente o despido dunha empregada tras unha baixa na que coordinadoras da empresa coñeceron o diagnóstico sanitario e amosaron o seu desacordo con el
A Xunta permitirá que os chiringuitos sigan abertos entre Semana Santa e o verán
Tras anunciar novos "chiringuitos biosostibles" con axudas públicas o Goberno galego facilita agora a ese sector hostaleiro un maior tempo de negocio na costa grazas ás novas competencias sobre o litoral que vén de asumir
A Xunta deu a Medalla de Galicia á princesa Leonor sen ponderar os seus méritos
Un decreto dita a tramitación dun expediente de concesión, inexistente neste caso porque segundo a Xunta, en resposta a unha petición de transparencia de Praza.gal, non houbo máis candidaturas e "non resulta necesario investigación dos méritos"
O Estado deixa nas mans da UE levar a prórroga ilegal de Aznar na AP-9 á Xustiza
O Ministerio de Transportes envía á Comisión Europea ao límite de prazo unha "resposta ampla" ao ditame no que concluíu que o Goberno do PP incorreu nunha ilegalidade no ano 2000 ao estender a concesión de 2023 a 2048 sen concurso
Un ano despois do informe que analizou 7 fusións de concellos Rueda volve prometer unha nova Lei local
O debate xerado polo estudo de hai un ano levou o presidente a asegurar que só impulsaría unións "voluntarias", das que non volveu saberse
"Había motivos de seguridade", di Rueda sobre a ocupación da vía pública polo antigo chalé de Feijóo en Moaña
O titular da Xunta descoñece cantos presidentes tiveron "privilexios" como a ocupación de espazo público que un xulgado revoga agora ao novo propietario da vivenda da que Feijóo se desfixo en 2021
"Erros" no proxecto e "paralización": así rematou en 2021 un treito do AVE galego previsto para 2014
A Audiencia Nacional rexeita que Adif esixa indemnización a unha construtora porque foi a administración quen "aprobou un total de 10 prórrogas, por un total de 80 meses máis dos 29 inicialmente previstos"
Rueda evita chamar xenocidio ao que pasa en Gaza: "Unha auténtica salvaxada que ten que parar canto antes"
O presidente argumenta que "as denominacións máis técnicas creo que non poden ocultar o que está pasando, e o que está pasando é que están morrendo miles de persoas e iso debe parar"
Feijóo ocupou "por seguridade" co seu antigo chalé unha vía pública que agora recupera o Concello de Moaña
Un xuíz rexeita que o novo propietario poida manter un muro "excepcional" levantado en 2017 ao amparo dun decreto de 2007 que permite aos ex-presidentes "as medidas de seguranza que se consideren axeitadas"
A chuvia que apagou os incendios non pode coa indignación: "Lumes nunca máis"
Santiago acolleu este domingo unha manifestación reclamando novas políticas forestais, agrarias e ambientais que eviten unha nova crise como a vivida en agosto fundamentalmente na provincia de Ourense
O Sergas mente aos superheroes preguiceiros
David Reinero