Ratificada a extinción definitiva da empresa coa que a Xunta impulsou a fábrica de Altri
Impulsa Galicia desaparece de vez sen que se coñeza o pacto que asinou con Altri, que o BNG reclama nos xulgados, o PSdeG no Parlamento e a Xunta di descoñecer
A Xunta merca o seu primeiro eólico: a veciñanza a 1,8 km terá desconto na luz se o pide
RDG, empresa impulsada polo Goberno galego para explotar recursos naturais, merca ao Sabadell por 75 millóns 11 aeroxeradores en Trabada. A veciñanza máis próxima será beneficiada segundo cal sexa a súa comercializadora de electricidade.
O erro da Xunta ao comunicar a desgravación de libros de texto obrígaa a tramitar unha lei de urxencia
O Goberno galego non advertiu as familias de que o material escolar non se podía pagar en efectivo e agora debe aprobar unha lei antes de que comece en abril a campaña da declaración da Renda para permitilo "excepcionalmente este ano"
O PP ratifica en Ribeira un proxecto para "favorecer a regularización" de migrantes, rexeitada por Feijóo
A nova alcaldesa popular contratará por 11.000 euros un servizo de asesoramento xurídico para "favorecer a regularización administrativa das persoas que carecen de autorización de residencia", proxecto lanzado polo anterior goberno liderado polo BNG
Competencia investiga o transporte de cadáveres en Vigo, Pontevedra e Santiago por posibles amaños de funerarias
Un concurso para a loxística das autopsias do Instituto de Medicina Legal de Galicia levantou sospeitas ao concorreren xuntas empresas que poderían competir por separado
A ampliación do polígono de Balaídos en 233.000 metros cadrados comeza a súa avaliación ambiental
O proxecto de Zona Franca para facilitar o crecemento de Stellantis contempla expropiar 29 edificacións e inclúe unha nova estrada e unha zona verde
A UE obriga a España a limitar as concesións de Costas por ir contra o libre mercado e a Xunta critica
Sen que se coñeza aínda o texto da nova normativa, o Goberno galego critica xa que o ministerio "pretende limitar a propiedade privada e a actividade económica no litoral" e "acurtar a duración das concesións", exactamente o que pide a UE
Alcoa pide ampliar a súa balsa de lodos a 110 metros de altura un ano despois de superar os 100
A empresa solicita a ampliación outros seis metros máis do depósito de residuos perigosos de Xove logo de que a Xunta autorizase elevar a cota ata os 104 metros en febreiro do pasado ano.
O accidente dun tren nas Neves custa máis de 2 millóns á espera dos 265 xa previstos para a liña do Miño
Tras anos de espera por melloras da liña Vigo-Ourense, o descarrilamento en novembro dun convoi de mercadorías por un corremento de terras, co maquinista ferido, está a ser investigado agora pola CIAF como "grave" polo seu elevado custo
Dous trimestres no bus co agresor: "Preocupación" do Defensor del Pueblo pola lentitude co acoso escolar
O Defensor del Pueblo únese á Valedora e afea o desleixo na loita contra o acoso no ensino galego
Sánchez lembra a Feijóo que tras Angrois o PP "tapou probas e puxo obstáculos"
O presidente do Goberno de España gábase de que permitiu unha comisión de investigación parlamentaria sobre o Alvia pero obvia que leva anos sen emitir as súas conclusións
A senda litoral de 1.300 quilómetros prometida por Rueda redúcese a obras nun 10% porque o resto xa existe
O presidente di agora que o 90% do Camiño do Litoral "non precisa adaptacións significativas" porque coincide con treitos xa transitables e calcula o custo total en 2 millóns de euros