Rueda alenta a acusación de que migrantes sen dereito a voto poden alterar as eleccións
O presidente pide esperar para ver se a "flexibilidade se converte en laxitude para acreditar falta de antecedentes penais"
- 🔊 Entrevista | Jesús Domínguez Angrois: traxedia en Compostela
- Acontece
"Cando o Estado orixina as traxedias pon todos os aparatos de poder para eximir calquera responsabilidade"
O presidente da Plataforma de Vítimas de Angrois critica a sentenza absolutoria do cargo de Adif e considera a título persoal que o maquinista condenado non debe entrar na cadea
- Reportaxe
- Acontece
Lamprea, anguía, salmón: así festexamos a extinción nos ríos galegos
As administracións promoven festas gastronómicas arredor de especies en perigo nos ríos galegos mentres expertos e cociñeiros piden deixar xa de consumilas como única vía para que no futuro se poidan manter as súas tradicións
Os feitos de Angrois: as mesmas probas, valoracións dispares de catro xuízas
A Audiencia da Coruña asume os feitos probados da sentenza de primeira instancia sen mudar unha coma pero concluíndo que o cargo de Adif non estaba obrigado a detectar a falta de seguridade da curva de Angrois
Besteiro reclama unha investigación sobre Altri tras afirmar a Xunta que "descoñece" o pacto que asinou un conselleiro
O líder socialista pide a comparecencia no Parlamento de Feijóo e o seu vicepresidente Francisco Conde e ve grave que o acordo privado coa empresa puidese conter indemnizacións públicas
A Audiencia Nacional condena mala fe e falta de dilixencia da Xunta por deber 1,8 millóns da depuradora de Ourense
O Goberno galego comprometérase a achegar 10,1 millóns para a obra ao Estado, pero deixou parte sen pagar acusándoo de incumprir as condicións, o que agora é desbotado nunha nova sentenza por demoras nas grandes depuradoras galegas
- Crónica
- Política
Rueda pon en dúbida a seguridade do tren en Galicia cando Pontón e Besteiro lle reclaman mellor sanidade pública
Ante as limitacións temporais de velocidade que Adif implantou na liña Ourense-Santiago, como noutros puntos por todo o Estado, o presidente pregunta se "antes iamos demasiado rápidos e inseguros"
A Xunta alega que "descoñece" o contido do pacto secreto con Altri que asinou un conselleiro
As incertezas medran en torno ao proxecto de Altri en Palas mentres unha permanece dende o inicio: o contido exacto do acordo do Goberno galego coa compañía a través da agora disolvida sociedade Impulsa Galicia. Ante unha nova petición de Praza.gal ao abeiro da Lei de Transparencia, reitera que a sociedade era allea á norma por ser "privada", que o documento rubricado polo daquela vicepresidente e conselleiro Conde era un "negocio xurídico privado" que, agrega agora, o Goberno galego "descoñece"
Máis cartos a máis afectados: así mellora a Audiencia indemnizacións ás 500 vítimas de Angrois tras absolver a Adif
A nova sentenza aumenta as contías a recibir para 71 das 144 persoas feridas e para as familias de 41 dos 79 falecidos, e recoñece 13 familiares máis con dereito a indemnización
Dúas xuízas dan a última palabra sobre Angrois tras querer outros nove ir alén da verdade oficial
A Fiscalía, que chegou ao xuízo pedindo condenar o cargo de Adif ao mesmo nivel que o maquinista, virou no último momento e pasou a apoiar a tese absolutoria da Avogacía do Estado
A Audiencia asume que a normativa permitía un accidente por despiste na liña de alta velocidade de Angrois
"Seguiuse a normativa técnica común de toda a rede ferroviaria española", di a sentenza para exculpar o cargo de Adif e deitar toda a responsabilidade do accidente de Angrois no maquinista
A Audiencia absolve por Angrois o ex-xefe de seguridade de Adif e mantén a condena do maquinista
Dúas maxistradas corrixen a sentenza do Xulgado do Penal 2 de Santiago mentres que unha terceira emitiu un voto particular pedindo manter a condena do cargo de Adif