Décima xornada de folga nos buses da Coruña á espera de que a mediación a free antes dos paros dos trens
A patronal aceptou este xoves unha mediación do Consello Galego de Relacións Laborais para tentar evitar a folga indefinida a partir do 2 de febreiro, á que os días 9, 10 e 11 sumaríanse os paros convocados no sector ferroviario en todo o Estado
Remata a subvención de 1,2 millóns a caixeiros de Abanca e a Xunta reserva 400.000 euros para "outras iniciativas"
A entidade xa podería retirar os 41 caixeiros que instalou en concellos rurais pero de momento o Goberno galego di que "están funcionando con total normalidade".
Nova condena a Política Social por negar conciliación familiar a unha traballadora sen sequera negociar
A lei establece que tras unha petición de adaptación horaria o empregador debe negociar co empregado nun máximo de 15 días, pero neste caso a Xunta tardou máis de dous meses en denegar a solicitude sen argumentos xustificados
Adif limita temporalmente a velocidade a 220 por hora en parte da liña Ourense-Santiago
No medio dunha chuvia de avisos de seguridade por parte dos maquinistas, Adif atribúe estas limitacións a "un procedemento estándar que se implementa de maneira regular" e di que "se actualizan cada hora"
Os avisos de seguridade dos maquinistas, obviados en Angrois, de novo no foco tras mellorar en 2017
O Semaf convoca unha folga e insta os seus afiliados a "adaptar a marcha do tren ás condicións reais de explotación da infraestrutura"
Unha infracción da Xunta oculta dous anos o expediente do ilegal salón de eventos de Casal de Armán
A familia do conselleiro de Emprego volve recorrer á Xustiza para que non se coñezan que sancións lle está a impoñer Patrimonio logo de que unha primeira divulgación autorizada hai dous anos quedase anulada porque a Xunta a tramitou mal
O Semaf convoca folga os días 9, 10 e 11 de febreiro tras a morte doutro maquinista en Barcelona
O Sindicato de Maquinistas considera "inadmisible esta situación de deterioro constante do ferrocarril" e demanda "que se garanta a seguridade e fiabilidade da rede"
Por 20 e por 100 segundos: o azar por tras dos dous peores accidentes da alta velocidade española
Se o Alvia non pasase por Adamuz xusto tras o descarrilamento do Iryo, frearía de xeito automático para evitar o choque, mentres que en Angrois unha chamada do interventor despistou o maquinista xusto no punto máis perigoso e sen seguridade da liña
Marlaska di que "nunca houbo ningunha dúbida" da CIAF malia que a UE desmontou a súa investigación de Angrois
O ministro defende o traballo "desde 2007" da Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios, cuxas conclusións sobre Angrois poñendo o foco só no maquinista foron desbotadas pola xustiza
Mercadona volve ser condenada por represaliar unha traballadora da CIG
"Existe vinculación entre a denegación da prima correspondente ao ano 2024 e a circunstancia de pertenza ao sindicato CIG e participación no proceso electoral", di unha nova sentenza dun xulgado do Social de Ourense
Outro accidente na alta velocidade: as recomendacións por Angrois tardaron dez anos en implantarse
Tras o accidente de Santiago de 2013 os investigadores recomendaron nove melloras do sistema ferroviario que non remataron de implantarse ata 2023, a derradeira sobre un elemento clave para que fose condenado un cargo de Adif xunto co maquinista
Galicia amosa a súa solidariedade coas vítimas de Andalucía con Angrois na lembranza
Rueda, Pontón, Besteiro ou a Plataforma de Vítimas de Angrois póñense a disposición dos afectados polo accidente de Adamuz