Política Social viu "deficiencias" en DomusVi Santiago meses antes de que CCOO a denunciase "insalubre"
O 26 de novembro o sindicato divulgou todo tipo de eivas no centro de San Lázaro e agora a Xunta revela que xa detectara irregularidades nunha inspección o 2 de xullo e que deu por boa a resposta da empresa de que xa as corrixira
"Non é aceptable a escusa de que non había camas", di unha condena do Sergas polas secuelas dun ictus
Un xuíz non cre que o Álvaro Cunqueiro de Vigo, "cunha capacidade total de case 1.500 camas", non puidese atender unha muller operada alí previamente que acabou derivada a Santiago
A Xunta quere que a hostalaría faga compostaxe coas sobras e as familias compren a granel
Medio Ambiente encarga un plan contra o desperdicio alimentario co que afondar na lei estatal aprobada en abril que xa obriga á restauración a entregar as sobras á clientela
O Consello de Contas dá marcha atrás e acata dividido a negativa do Parlamento a ser fiscalizado
Todos os grupos parlamentarios rexeitaron ser vixiados polo ente que supervisa as contas das administracións galegas, que se prega agora a esa decisión co voto discrepante dun dos seus cinco membros, propostos á súa vez polos partidos
A burbulla das cabanas turísticas no monte: Medio Ambiente validou un cento só en 2025
A lei galega que permite "campamentos turísticos" en solo rústico está sendo aproveitada para construcións que pouco teñen que ver cos tradicionais cámpings, sector que discrepa deste novo modelo
Axudas á conciliación esgotadas 5 días antes de rematar as peticións: "Risco de fraude e información privilexiada"
O Consello de Contas vén advertindo contra as subvencións repartidas ás solicitudes máis rápidas, por concorrencia non competitiva, como os 2,6 millóns do Bono Concilia Familia que Política Social informa agora que esgotou o 3 de outubro
Os medios públicos fan medio ano co seu Consello de Administración en funcións
O venres negro 398 coincide con seis meses de bloqueo da renovación do órgano de goberno da CSAG que dá representación minoritaria á oposición e que leva catro meses cunha vacante
- Datos Reféns de Audasa
- Acontece
O negocio redondo de Audasa: máis clientes que cada vez pagan menos e deixan un beneficio maior
O aumento de beneficios da concesionaria da AP-9 vén sendo moi superior ao aumento do tráfico, con rebaixas estatais de peaxes cada vez maiores
A Xunta gaba a "enorme vantaxe" de ter empresas militares en Galicia "no actual contexto global"
O presidente Rueda reitera o apoio ás industrias de seguridade, defensa e aeroespaciais con 183 millóns públicos ata 2030
"Gobernar é servir a todas as persoas, especialmente as máis fráxiles", lembra o arcebispo
Na Translación do Apóstolo, Francisco Prieto salienta que "non hai auténtico progreso se exclúe", mentres o presidente do Parlamento, delegado do rei, di que "ningunha ditadura vai ser nunca mellor que unha democracia por moi imperfecta que sexa"
Rueda responde a Consello da Cultura e RAG que está satisfeito coa representación do Estado ante a Unesco
O presidente non ve prioritario que Galicia estea na Unesco xunto con Catalunya e Euskadi e eloxia o traballo do Goberno de Sánchez na candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade
Remuda na cúpula de Medio Rural no peor ano de incendios
O Goberno galego cambia as secretarías ou direccións xerais de Medio Rural, incendios, ordenación forestal, pesca, deporte ou modernización tecnolóxica