O Tribunal da UE valida os prazos dos eólicos, que seguirán parados ata que o TSXG avalíe cada un
A xustiza comunitaria acepta que as consultas ao público interesado se fagan sen contar aínda con todos os informes sectoriais, pero ducias de eólicos seguirán paralizados cautelarmente en Galicia por outro motivo, o risco de que o seu dano sexa irreversible
A Xunta di que os asasinatos de mulleres non teñen relación coa súa "residual" política de prevención
O Goberno galego di que "en moitos casos, un dos motivos ou detonantes que levou ao agresor a acabar coa vida da muller foi a decisión dela de deixalo". O Consello de Contas respondeu que esa é unha cuestión que "non dá lugar a ningún debate", desbotou as alegacións do Goberno galego e insistiu en que "non só na Secretaría Xeral de Igualdade, senón en todo o ámbito autonómico", as actuacións de protección e apoio "foron gañando peso fronte ás de prevención"
Contas desmonta as políticas de violencia de xénero da Xunta: prevención "residual" e pouco persoal
O ente fiscalizador revela que o 97% dos fondos da Xunta son para medidas de atención ás vítimas mentres que "a prevención e sensibilización foi decrecendo"
O Consello de Contas ve eivas na formación do profesorado en educación dixital
O ente fiscalizador fai público este xoves un informe que pide unha mellor planificación estratéxica por parte da Xunta
A Xunta obvia a súa área de Patrimonio e culpa o Concello de parar a "estrada para ciclistas" de Santiago
O Goberno galego atribúe ao municipal a súa decisión de "deixar en suspenso" a infraestrutura ao paso polo bosque do Banquete de Conxo, obra desautorizada pola directora xeral de Patrimonio minutos antes de dimitir
Perfumerías Arenal é sancionada por vulnerar o dereito ao descanso das traballadoras
Un xulgado de Lugo avala multas da inspección laboral á cadea de orixe galego por 13.750 euros por non respectar o descanso mínimo semanal ou non dar voz ao persoal na elaboración dos calendarios de traballo
Ence é condenada por tallar árbores nun terreo onde non tiña permiso
A Audiencia de Lugo di que "era a súa obriga, en tanto profesional do sector madeireiro, comprobar debidamente, antes da talla, a extensión e límites dos predios sobre os que ía a actuar"
A crítica do arcebispo a usar migrantes como arma política non afecta a Rueda
O presidente non se sente interpelado pola crítica eclesiástica e pide ao Estado "control en fronteiras, non pode haber un efecto chamada"
Incumprir a propia triaxe entre máis demoras condena o Sergas a pagar 550.000 euros por un ictus
O doente tardou 20 horas en ser visto por un neurólogo nun caso no que o TSXG di que "non só non foi priorizado correctamente, senón que nin sequera foi atendido no prazo da prioridade que lle asignaron"
O arcebispo di ante Rueda e Feijóo que é "inaceptable" usar migrantes como "arma política"
Francisco Prieto insta a que as persoas inmigrantes sexan "acollidas desde a legalidade e a fraternidade" e expresa a "máis firme condena da violencia racista e da criminalización colectiva". Tamén carga contra a corrupción e chama a "erradicala" por ser "un obstáculo para o ben común, unha ferida ao corazón da xustiza e un pecado que afecta a dignidade humana".
"Vencemos o Estado": vítimas de Angrois celebran a vitoria xudicial nun 12 aniversario aínda sen resposta política e técnica
A plataforma de afectados esixe desculpas públicas de Sánchez, Feijóo, Blanco, Pastor "e de todos quen non cumpriron co seu deber"
Así debeu ser a crónica hai 12 anos: Descarrila un tren en Santiago por imprudencias do maquinista e Adif
No primeiro aniversario do accidente de Angrois con sentenza xudicial empregamos os feitos probados para refacer -o xornalismo é imperfecto- a "última hora" daquel 24 de xullo de 2013 no que morreron 79 persoas