A Xunta elude aforrar 44 millóns de euros nas autovías con peaxe en sombra, como lle pediu o Consello de Contas
Sete meses despois de que o ente fiscalizador recomendase renegociar á baixa as concesións, Infraestruturas responde ao PSdeG sobre o avance desa medida remitíndose ao informe de Contas, que a considera incumprida
Os incendios queimaron o 12% da Rede Natura e o 25% dos parques naturais na última década
O Parque Natural da Baixa Limia-Xurés rexistrou máis de 180 incendios nos últimos dez anos, e tamén era espazo protexido pola Rede Natura boa parte do queimado no maior incendio do que hai datos precisos, o do Courel de 2022
Os argumentos de Altri: Galicia é a "única rexión de Europa" na que se produce eucalipto "en exceso"
A empresa confirma que sen 250 millóns de euros públicos a fábrica de Palas non será viable e prevé tomar a final de ano unha decisión definitiva condicionada a ter financiamento e autorización ambiental
O TSXG paraliza un eólico autorizado máis preto de vivendas do que a Xunta vía prexudicial para as vacas de Xanceda
"Sería absurdo que a Administración fixese de peor condición aos seres humanos que aos animais", di o tribunal, que aplica a un parque a menos dun quilómetro de núcleos de Vila de Cruces o criterio de 2 quilómetros que a Xunta usou coa granxa de Mesía
Segunda condena a Defensa tras o acoso sexual a unha soldado de Figueirido, agora polo "acoso vicario" ao marido
O esposo tamén militar da acosada foi trasladado a un posto sen contido real no que seguía tendo contacto co superior despois condenado, o que lle provocou dano psicolóxico que agora o TSXG considera enfermidade profesional
A sentenza do TSXG que legaliza o xa construído da cidade deportiva do Celta reitera que foi iniciada ilegalmente
A Xunta xustificou a "idoneidade" dun monte comunal de Mos para as instalacións xa executadas co argumento de que "nacen con vocación de integrarse" no complexo comercial máis amplo que aínda está "en tramitación"
Von der Leyen no Pino: o PPdeG torna o "Bruxelas lexisla ás costas de agricultores e gandeiros" nun "querida Ursula"
A candidata do PP Europeo a repetir como presidenta da Comisión Europea agradece nun mitin con Feijóo e Rueda o traballo da xente do agro e do mar e pide seguir apoiando a Ucraína
A espera de consultas especializadas dispárase en Ourense, con 3.000 persoas agardando máis dun ano para rehabilitación
Se a media de espera xeral en toda Galicia é de 73 días, dez máis que medio ano antes, no CHUO é do dobre, 141 días, 24 máis que no anterior balance
O voto 'verde' na Eurocámara: do suspenso de Millán Mon ao notable de Miranda e Casares
Un estudo sobre o apoio dos eurodeputados ás políticas verdes sitúa o popular entre os máis críticos mentres que todos os galegos presentan peor valoración en cuestións relacionadas cos océanos, que afectan á pesca, que coa biodiversidade ou o clima
A Valedora volve censurar os procedementos da Xunta fronte o acoso laboral: "Non pode ser xuíz e parte"
Educación arquivou unha denuncia de acoso laboral tras negalo unha xefa acusada pero sen escoitar á subordinada afectada nin a outro compañeiro que tamén denunciara
Contas pide actualizar o financiamento autonómico caducado en 2014 e máis transparencia da Xunta nas rebaixas de impostos
O ente fiscalizador publica unha análise sobre os resultados para Galicia do modelo vixente e cuantifica en mil millóns ao ano o déficit de financiamento estatal, pero recomenda que tamén o Goberno galego mellore a súa capacidade tributaria
"A xente escolleunos", responde Rueda á petición de Pontón de que "deixe de facer de comercial de Altri"
O presidente di que o BNG daba a Altri un "apoio entusiasta" hai dous anos e Pontón lémbralle que o proxecto desvelouse hai dous meses, tras as eleccións galegas