O 061 terá helicóptero tamén pola noite dentro de dous anos
Tras ducias de incumprimentos da actual adxudicataria a Xunta convoca un novo concurso para renovar o servizo de emerxencias sanitarias aéreas por 7 millóns ao ano, un 60% máis que agora
- 📸
- Acontece
Fisuras e corrosións nun viaduto da AG-53 Santiago-Ourense esixen obras estruturais antes de cinco anos
A Xunta encarga reparacións por 3,5 millóns no taboleiro do viaduto do Barbantiño, que entrou en servizo en 2009, pero demora para unha seguinte fase actuacións tamén necesarias en piares e paramentos
O PP quere que siga a actual Valedora do Pobo e ofrece ao BNG propoñer o cargo adxunto
Tras 16 meses en funcións e retirarlle o control da Lei de Transparencia, os populares queren renovar para outros cinco anos a María Dolores Fernández Galiño, para o que precisan do voto dalgún outro grupo
Terceira xornada de folga nos buses da provincia da Coruña sen avances na negociación
Hai xa unha cuarta convocatoria de paros para o vindeiro venres 19 e a ameaza de virar indefinida "á volta do Nadal"
Non só a concertada: así vive a sanidade privada galega dos fondos públicos
Un informe do Ministerio de Sanidade sinala que fondos públicos pagan o 46% das estancias ou o 51% das cirurxías maiores ambulatorias dos hospitais privados galegos, sen contar os concertados de Povisa en Vigo e Centro Oncolóxico de Galicia na Coruña
Altri aposta por Galicia como "fonte de madeira" coa fábrica de Palas estancada
Outra marcha percorre Santiago este domingo contra o proxecto industrial, sen axudas á descarbonización e sen conexión eléctrica mentres a empresa salienta a compra de empresas forestais como "paso estratéxico" para consolidarse en Galicia
Vacante o cargo da Valedora, primeira que non dimite en dúas décadas
O Parlamento inicia o proceso de renovación do cargo estatutario 16 meses despois de expirar o mandato de María Dolores Fernández Galiño, a quen o PP vén de retirar o control da Lei de Transparencia
Sumar pide explicacións no Congreso polas reiteradas agresións sexuais na escola da Armada en Ferrol
Os deputados galegos Manuel Lago e Verónica Martínez piden ao Ministerio de Defensa unha "transformación real dun contexto que leva anos permitindo condutas machistas, normalizacións perigosas e dinámicas de silencio"
Competencia multa 21 empresas de Monbus e Alsa con 1,6 millóns e prohibe á Xunta contratalas un ano
O Pleno da Comisión Galega da Competencia, controlado polo PP, rebaixa a proposta de sanción formulada polo investigador do cártel co que as firmas, incluída a matriz de Monbus, se repartiron ilegalmente cinco concesións de transporte regular
Segundo venres de folga nos buses da provincia da Coruña tras o seguimento masivo da pasada semana
CIG, UXT e CCOO demandan mellores condicións laborais que aliviarían tamén os problemas de remuda xeracional das empresas
A Xunta prorroga de 2042 a 2067 a concesión de Jealsa en Boiro
O Goberno galego aplica por primeira vez unha modificación legal impulsada na última lei de acompañamento para que Portos de Galicia estenda de 50 a 75 anos as súas concesións de xeito "extraordinario"
Tomé dimite como presidente da Deputación e secretario provincial do PSdeG pero segue como alcalde
O político acusado de acoso sexual seguirá gobernando Monforte co seu actual equipo "como grupo non adscrito" para "non prexudicar o PSOE" e di que o seu sucesor ou sucesora na Deputación "vai seguir contando coa miña colaboración"