O Sergas permitirá que non haxa UCI nos centros privados aos que subcontrate cirurxías en Ourense
Sanidade aclara expresamente ás empresas interesadas que nin sequera para as cirurxías de alta complexidade será preciso contar máis que cunha unidade de reanimación
A Valedora advirte a Xunta de que as 7 residencias doadas por Amancio Ortega "serán insuficientes"
A defensora do pobo pon o foco na lista de espera de persoas con gran dependencia, con "anos" de demora para lograr unha praza e "falecementos sen chegar a recibir atención"
A sanidade consolídase como o principal motivo de queixa ante a Valedora do Pobo
O informe anual da institución apela a situar no centro do debate público a situación "das mulleres e das persoas afectadas por dúas ou máis causas de discriminación"
Galicia non terá a autoridade audiovisual independente que esixe a UE
A anterior lei de medios públicos obrigaba á Xunta a lanzala en setembro de 2012, pero 12 anos despois aquela norma é substituída por outra que ademais de deixar en mans do PP a dirección da CRTVG tamén obvia a súa supervisión independente
Cursos de "xestión da agresión": a resposta da Xunta aos problemas con menores de 65 en residencias de maiores
Tras anos de denuncias de situacións conflitivas en diversos centros, e ante unha pregunta do BNG sobre pacientes psiquiátricos na residencia de maiores de Oleiros, Política Social di que prepara un protocolo fronte a situacións violentas
A avaría de dous localizadores demorou atopar o avión de incendios estrelado en 2022 tras despegar de Doade con mal tempo
A investigación oficial atribúe a unha incorrecta valoración da meteoroloxía o accidente no que morreu o piloto da aeronave, que tardou máis de 48 horas en ser atopada nunha montaña de Porto, Zamora
A nova lei galega de medios públicos xa figura entre os riscos para a liberdade de prensa en Europa
O proxecto Mapping Media Freedom, financiado pola UE e co apoio da Federación Europea de Xornalistas, sinala que o texto impulsado pola Xunta "ameaza a independencia da CRTVG"
O Parlamento investigará os contratos da Xunta e o hospital de Vigo nunha comisión forzada polo BNG malia ao "non" do PP
O PP rexeita a petición ordinaria de investigación apoiada por BNG e PSdeG e Pontón anuncia que activará a posibilidade de lanzala en solitario, vía extraordinaria que só pode empregar unha vez en toda a lexislatura
Eloína Núñez é recolocada como subdirectora xeral en Política Social e Rueda defende os seus "méritos"
Curmá de Feijóo e funcionaria de carreira, Núñez foi nos seus gobernos xerente do Sergas en Ourense e Santiago ata o seu cesamento en maio
Outra condena de 211.000 euros do TSXG, agora a unha empresa de créditos rápidos, por non ter teléfono gratuíto para o consumidor
O tribunal xa avalara hai uns meses unha multa similar a Bankinter por parte de Consumo da Xunta e agora fai o mesmo coa empresa de préstamos rápidos NBQ Technology
A confederación Miño-Sil abre expediente sancionador á cidade deportiva do Celta por vertedura de augas residuais
A sociedade anónima deportiva negara que a vertedura fora súa cando a denunciou en maio Ecoloxistas en Acción, pero agora a entidade hidrográfica atribúe a orixe ao recinto deportivo iniciado ilegalmente en Mos co apoio da Xunta
Ponferrada, Navia ou Pobra de Seabra: as ITV máis próximas nas que tamén se pode pasar a revisión ante a folga en Galicia
As tarifas e os prazos para lograr cita varían en Asturias e Castela e León, con prezos máis ou menos caros que os galegos segundo as categorías dos vehículos