Nova condena de Educación por non actuar ante denuncias de acoso laboral
A Xunta ten que indemnizar unha profesora por tardar máis de oito meses en activar o protocolo de acoso laboral tras unha denuncia, logo de que en agosto fose condenada por arquivar outro caso incumprindo tamén ese protocolo
A Xunta identifica cinco zonas con minerais "estratéxicos" que valora en 45.000 millóns de euros
O Goberno galego salienta que Galicia conta con 18 dos 34 minerais considerados "críticos" pola UE
Violencia machista na Armada: cuarta condena por agresión sexual na escola de Ferrol
Un tenente de navío admite "contactos físicos non consentidos" cunha alumna á que dixo "estás moi boa, fodíate", no que supón un novo caso con responsabilidade civil do Estado porque os implicados estaban de uniforme na cantina da escola. É a cuarta sentenza firme en tres anos
"Errar é de seres humanos": Rueda lamenta a demora do PP en facer aínda máis flexible a moratoria do eucalipto
O presidente defende os postos de traballo da fábrica de Ence en Pontevedra: "faremos o que estea nas nosas mans"
62.000 euros en espadanas para aforrar un millón ao ano na autovía que ameaza o Eume hai dúas décadas
Tras anos de custosa loita activa contra a acidez nas augas que provoca un noiro da AG-64 nas Pontes, a Xunta impulsa agora unha solución "pasiva" coa construción dunha "zona húmida" artificial que neutralice os metais contaminantes
Beneficios de Abanca, pescudas inacabadas, Monbus, Massó: o que resta das caixas aos 15 anos da fusión
O 29 de novembro de 2010 Feijóo apadriñaba a fusión de Caixa Galicia e Caixanova, rescatada con 9.000 millóns públicos e vendida por mil a Banesco, que xa suma 5.600 de beneficios mentres tenta rendibilizar polémicos activos herdados
25 anos de estudos (e agora outro máis) para a saída sur de Vigo que condiciona o AVE ao Porto
O ministerio, que atribuíu 8 anos de parálise ao desinterese de Portugal, demora agora cando menos a finais de 2026 o remate do quinto grande estudo para conectar Vigo co Porriño, que debía estar hai un ano
O Consello da Cultura ve "risco irreversible" para o Patrimonio se a Xunta cede o seu control aos concellos
O órgano oficial de defensa da cultura galega alerta de que a reforma legal que impulsa o PP liberaliza a xestión do patrimonio deixándoo en mans das administracións "máis expostas" ás presións urbanísticas
A patronal coincide cos sindicatos: "moi preocupante" repunta dos accidentes laborais graves en Galicia
O principal órgano consultivo da Xunta sobre a sociedade galega urxe "medidas que freen esta situación" e "intensificar os esforzos de prevención de riscos laborais"
O PP obvia que ten a Valedora do Pobo en funcións desde hai 16 meses e o BNG pídelle cumprir a lei
A número 2 do PPdeG inicia a súa intervención no balance anual da Valedora congratulándose da condena do fiscal xeral do Estado
A factura pública de Massó medra: 1,7 millóns reclamados a Cangas tras os 45 perdidos en Caixanova
Tras quedar impune o frustrado pelotazo urbanístico apoiado pola antiga caixa hai dúas décadas, a promotora dona dos terreos, agora controlada por Abanca, reclama ao Concello pola paralización daquel proxecto mentres impulsa un novo
O Supremo inhabilita o fiscal xeral
Álvaro García Ortiz é inhabilitado dous anos e ten que indemnizar con 10.000 euros á parella de Ayuso por filtrar que fora o empresario e non a Fiscalía quen quería pactar e asumir a culpa no seu caso por fraude fiscal