O 061 suspende o concurso dos seus helicópteros por un recurso xudicial tras sospeitas de amaño
Mentres non se adxudique o novo concurso o servizo seguirá prestado pola empresa que o viña facendo, Eliance, que acumula ducias de incumprimentos
Rueda atribúe a Pontón e Besteiro un "empate" no freo a Altri e mantén oculto o pacto coa empresa
O presidente insiste en que coñece o acordo logo de que a Consellería de Industria o negase á Comisión da Transparencia
A Deputación de Ourense admite que con Baltar pai mercou bancos "con encargos verbais, nulos de pleno dereito"
A administración provincial admite a ilegalidade ante o TSXG para tentar pagar menos xuros tras ser condenada por adquirir en 2011 "a dedo, sen orzamento, contrato ou formalidade algunha" marquesiñas e bancos por 193.000 euros
Rueda di coñecer o pacto secreto con Altri tras afirmar a Consellería de Industria que o ignora
O presidente non quere especular se un futuro Goberno central do PP faría a conexión eléctrica que precisa o proxecto e di que se a empresa propón outra conexión tería que comezar un novo expediente administrativo
Varias empresas sospeitan dun concurso amañado para os helicópteros do 061, que o nega
Posibles candidatos sinalan requisitos "excluíntes" ou "atribuíbles a un fabricante específico", Airbus, mentres o 061 xustifica que non todos permiten unha "correcta prestación" nas condicións da súa "infraestrutura loxística actual"
600 menores de 65 anos en residencias de anciáns: a vía "excepcional" deixa de selo por falta de centros específicos
Política Social admite que nas súas residencias de maiores un de cada 13 usuarios é menor de 65 anos malia que a normativa sinala que deberan ser casos puntuais
Finalmente, Altri non
A conselleira de Industria confirma o arquivo do expediente da compañía portuguesa que prevía instalarse en Palas de Rei da man da Xunta ao ficar fóra a súa conexión da planificación eléctrica do Estado ata 2030
O Constitucional rexeitou o recurso da Xunta contra a amnistía en Catalunya cos argumentos que xa dera ao PP
O Goberno de Rueda argumentou que afectaba "á posición xurídica" dos galegos respecto dos beneficiados pola amnistía, pero o tribunal di que "esa diferenciación de trato responde, na súa causa e finalidade, a unha xustificación obxectiva e razoable"
Mercadona volve vulnerar a liberdade sindical da CIG: despidos, penalizacións e agora ocultación de información
O Tribunal Superior ordena á empresa que facilite a delegadas da CIG a mesma información de riscos laborais que a outros sindicatos e condénaa a indemnizar con 22.500 euros
91 casos de acoso escolar o pasado curso: a Xunta atribúe que se dupliquen a "máis sensibilización"
Educación anuncia "unha nova estratexia de convivencia escolar" tras actualizar hai dous anos o protocolo contra o acoso
O PP rexeita formalmente que Galicia forme parte da Unesco
Os populares votan en contra dunha iniciativa para que a Xunta pida ao Goberno de España ser membro asociado da Unesco como quere que sexan Catalunya e Euskadi
A Xunta frea a protección da anguía malia admitir o seu declive
Contra a proposta do ministerio de declarar a especie en perigo de extinción o Goberno galego defende a súa pesca e di que o pasado ano 93 barcos capturaron en Galicia 37.371 quilos que supuxeron 800.000 euros