A Xunta elixiu a ex-conselleira Mosquera para a dirección dunha empresa pública antes de convocar esa praza
O propio Goberno galego modificou a lei para que tamén os cargos de confianza elixidos a dedo teñan que pasar por unha convocatoria pública, pero os socialistas critican que este caso evidencia que é un mero formalismo
A CIG denuncia a Xunta e Estado por prevaricación e delitos contra os traballadores nas mortes de obreiros do AVE
DOCUMENTO | O sindicato pide aos xulgados de Verín que investiguen nove accidentes graves producidos desde 2013 na construción da liña nos que morreron catro persoas
Fomento impedirá a Audasa a suba adicional de peaxe en xaneiro pola obra de Rande que aínda non rematou
O ministro di que a apertura da ampliación da ponte será “nuns días” pero que o real decreto que autoriza o incremento tardará “uns meses”. De la Serna remite calquera outra liberación de peaxe ou bonificación a que sexa “asumible” pola Xunta ou que se compense con subas noutros treitos.
O venres centos de liñas de bus só circularán con reserva previa pero a Xunta non activa o sistema ata o xoves
Co inicio das vacacións escolares os autobuses compartidos só funcionarán baixo demanda, pero tanto o teléfono como a web de información e reservas aínda non están operativos
Audasa sobre o obreiro falecido en Rande en xullo: “Investígase se foi unha caída... provocada”
AUDIO | A preguntas sobre a seguridade das obras na ponte, o presidente da matriz da concesionaria, Pedro Pérez, amosa as súas dúbidas sobre o “tipo de caída” do traballador
Ferido outro traballador na ampliación de Rande, que Audasa apura para cobrar máis dende xaneiro
Hai tres días Feijóo amosouse “convencido” de que se cumpre coa seguridade tras arder un dos tirantes do viaduto e lamentou a morte hai cinco meses doutro operario
“Tivemos rondas informativas cos directores dos medios”: Así xestionou Renfe a contestación social á supresión de liñas en 2013
Hai cinco anos o recorte de servizos de media distancia en toda España realizouse sen informar previamente aos usuarios, pero insistindo en que aumentaban os servizos de AVE e longa distancia
O Goberno mantén o recorte de servizos ferroviarios que aplicou en Galicia en 2013
A “revisión” realizada polo Consello de Ministros da decisión de hai cinco anos mellora a liña Vigo-Tui pero ratifica o resto de supresións que supuxeron o peche de 22 estacións
Angrois reabre o debate en Fomento sobre “represalias” contra quen denuncia fallos de seguridade
DOCUMENTO | A Axencia de Seguridade Ferroviaria emite unha recomendación sobre como tratar advertencias de riscos un mes despois de que o director de Renfe imputado declarase que a alerta que houbo sobre a curva non se tramitou pola vía regulamentaria
“O Goberno do PP decidiu que non se podían facer novas transferencias a Galicia”, admite agora a Xunta
“Seguimos pedindo máis autogoberno”, di o vicepresidente Alfonso Rueda malia que o goberno galego non obtén novas competencias do estatal desde 2008
Feijóo admite que suprimir a peaxe de Redondela como pide o PP pode subir máis o resto da AP-9
En plena polémica pola suba un 4% das peaxes en 2018, o presidente, que deixou de considerar prioritario reclamar a transferencia da autoestrada, di que se fose de titularidade galega impulsaría outra política tarifaria
O Sergas cede parte do hospital Meixoeiro para que Tele 5 rode unha serie en pleno colapso de urxencias en Vigo
A planta de hospitalización que se está a empregar quedou sen uso cando hai dous anos abriu o novo hospital da cidade, entre críticas do persoal polo que consideraron un desmantelamento dos servizos existentes