Dez anos da fin do caso Kane: cando a Xustiza avalou indultar os policías vigueses que agrediron un senegalés
O 12 de decembro de 2007 o Supremo admitía que o Goberno de Zapatero non tivese que motivar o seu perdón aos catro axentes municipais que unha década antes detiveran de xeito ilegal e agrediran un vendedor ambulante
Sanidade critica o campo de golf de Baiona que o conselleiro encargou cando era alcalde
A consellería “non considera válido” o sistema de abastecemento de auga, que o Concello prevé obter co que chova no propio emprazamento, no alto dun monte comunal
Barreiros, que creceu sen planificar, tomba no Supremo o gasoduto da Mariña por falta de planificación
O tribunal anula, a petición municipal, o permiso do Goberno a Gas Natural para construír a condución porque non achegou “un compromiso expreso de consumo por parte de consumidores e distribuídores”, como esixe a normativa
O Tribunal de Cuentas desmonta a operación coa que Ence logrou que a Xunta lle baixe impostos en Ribadeo
O órgano de fiscalización pide a Feve que denuncie á empresa pola vía inacabada de acceso á súa fábrica de Asturias, que Portos esgrimiu como ameaza para xustificar perdoarlle taxas en Galicia
“Fronte ao poder dos lobbies neoliberais, é importante que os colectivos galegos traian a súa voz á Eurocámara”
ENTREVISTA | No hemiciclo de Bruxelas no que leva tres anos e medio traballando, Lidia Senra fai repaso ao feito desde a súa elección por AGE en 2014 e do que aspira a facer cara as europeas de 2019. “Preocupa que non sexamos capaces de introducir na axenda política as cuestións europeas”, di.
Bruxelas, Madrid e Santiago terán que dar explicacións á oposición polos residuos nucleares da Foxa Atántica
PSOE, En Marea e BNG interésanse pola falta de información sobre o estado daqueles vertidos cando se cumpren 35 anos dos últimos pero cos primeiros aproximándose ás sete décadas de antigüidade
“Greenpeace avisounos dos vertidos radioactivos pero o seu barco avariouse e os galegos fomos sós no Xurelo”
GALERÍA DE IMAXES | Mariñeiros e membros de Esquerda Galega lideraron a campaña contra os vertidos que supuxo a primeira de Greenpeace en España antes mesmo de contar con delegación
Blanco, disposto a declarar na comisión de Angrois: "Só tomei a decisión política de garantir recursos para o AVE"
O ex-ministro de Fomento e actual eurodeputado afástase "doutro tipo de decisións con criterios técnicos" e resalta que se veu opoñendo á investigación política por "haber un proceso xudicial en marcha", non "por temor"
A UE terá avións propios para apagar incendios fóra de temporada como os de Galicia e Portugal
O comisario de Xestión de Crises pide aos estados implicación co proxecto de crear unha “reserva de medios” para emerxencias, denominada rescEU, que Bruxelas enviaría ao estado que pida axuda
Greenpeace esixe que os países que verteron os residuos nucleares fronte a Galicia os supervisen
A organización ecoloxista, que se estreou en España coa campaña de 1981 contra os vertidos, alerta sobre a antigüidade das análises existentes sobre o estado dos bidóns
35 anos dos últimos vertidos nucleares fronte ás costas galegas: quen vixía?
INVESTIGACIÓN | Entre 1949 e 1982 somerxéronse fronte a Galicia 140.000 toneladas de residuos radioactivos en bidóns e unha ducia de organismos españois e internacionais son incapaces de responder se alguén os controla de xeito periódico
Xustiza e Xunta pescudan se a empresa de buses Arriva mentiu para desfacerse de traballadores
O cambio de concesionaria na Mariña lucense tras o concurso convocado pola Xunta deixou unha ducia de empregados nun limbo legal. Infraestruturas ameazara a Autos Morán con retirarlle a concesión se non contrataba os despedidos, pero agora admite que a informacióna chegada por Arriva non era correcta