Goretti Sanmartín xa é a primeira alcaldesa de Santiago
A nacionalista, que liderará un goberno de coalición con Compostela Aberta, recibiu tamén o apoio do PSdeG e sumou 14 dos 25 votos da corporación municipal
A crise de goberno provocada por Feijóo na Xunta agranda con novas remudas derivadas das eleccións municipais
Os cambios esténdense ás delegacións da Xunta en Vigo e Pontevedra e aos departamentos de Turismo, Igualdade e Maiores e Discapacidade
Baltar tamén deixará a presidencia do PP de Ourense en cuestión de meses
Rueda asegura que o seu compañeiro de partido lle "transmitiu" que non se presentará á reelección no próximo congreso provincial, cuxa data está condicionada polas próximas convocatorias electorais
O PP fai que 16 persoas renuncien a ser edís en Rodeiro para que o delegado da Xunta en Pontevedra presida a Deputación
Luis López, décimo suplente popular nese concello, imponse á delegada da Xunta e candidata en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e faise coa Deputación, pero aboca a unha nova remuda na Xunta
Feijóo mete nas listas os seus asesores e leva de 2 por Madrid a lucense Rivera de la Cruz, ex de Ciudadanos
O ex-presidente coloca o 'núcleo duro' que levou de Galicia, con Mar Sánchez á cabeza, por diante de veteranas figuras do PP. Rivera de la Cruz foi deputada de C's pola Coruña, conselleira de Cultura co PP en Madrid e significouse en numerosas ocasións polas súas posturas contrarias ás medidas de normalización da lingua galega
BNG e PSdeG acusan o PP de sacrificar a Xunta por Feijóo e Rueda reinterpreta a crise de goberno: colle "co pé cambiado" á oposición
A oposición salienta a "irrelevancia" do presidente galego e este dille a Ana Pontón que prefire "ser humilde desde a vitoria que como vostedes soberbios desde a derrota"
Fin a 36 anos dos Baltar na Deputación de Ourense
José Manuel Baltar anuncia que non seguirá á fronte da institución provincial pero si do PP de Ourense
A sala Militar do Supremo ratifica a condena por unha violación na escola da Armada de Ferrol
A xustiza avala que a vítima tardase uns días en denunciar o sucedido por "medo a non ser crida ou incluso a ser xulgada" e lamenta que deixase a carreira militar e renunciase "á súa vocación por ser agredida sexualmente"
- Crónica A Xunta de Rueda
- Política
Feijóo desmantela a Xunta e descabeza o PP no Parlamento
Á marcha do vicepresidente Conde e da conselleira Quintana engádese a do home fundamental no control do Grupo Popular na Cámara, Pedro Puy. Un ano despois da primeira dimisión dun presidente do Goberno galego a sangría de conselleiros e persoal de confianza continúa e agravaríase con máis altos cargos se o PP conseguise o Goberno de España.
Do pavillón do Sar ao Pazo Real de Aranjuez: Feijóo tamén recicla a presentación das súas candidaturas
O candidato popular presenta as e os cabezas de lista do PP ás xerais sobre un mapa de España como xa fixera en 2011 sobre un mapa de Galicia coas candidaturas populares ás municipais daquel ano
A Audiencia de Pontevedra constata "irregularidades administrativas" pero absolve dous ex-alcaldes do PP de Nigrán xulgados por corrupción
O tribunal reduce a "simple sospeita ou mera conxectura" a acusación da Fiscalía de que os implicados foros subornados pola empresa adxudicataria do contrato municipal do lixo
Medio ano despois o Sergas aínda non sabe cantos compromisos incumpriron en 2022 as súas áreas sanitarias
Sanidade aínda ten pendente a avaliación do grao de cumprimento no pasado ano dos acordos de xestión cos que cada exercicio fixa obxectivos ás súas sete áreas sanitarias