Rueda non explica por que reforma a Medalla de Galicia e quita á Valedora o control da Lei de Transparencia
O presidente escúdase na "operatividade", que non argumenta, para acelerar conxuntamente cos Orzamentos dúas modificacións legais que nada teñen que ver coas contas públicas
Centos de antigos bolseiros reclaman en Galicia anos de cotización polas prácticas
Co prazo aberto desde hai un ano e ata finais de 2028, só a Fundación Empresa Universidade Galega (Feuga) recibiu xa un milleiro de solicitudes de certificados cos que cotizar agora ante a Seguridade Social -pagando- por traballos realizados hai anos
O Diario de Sesións do Parlamento silencia o "xenocidio" en Gaza
O 24 de setembro a Cámara galega gardou un minuto de silencio sen que o presidente lese que era "polo xenocidio do pobo palestino", omisión que se mantén na acta oficial, que só fala de "un cartel co lema: Paremos o xenocidio en Gaza"
Ofertas de traballo do Servizo Galego de Emprego "vulneran a normativa" de riscos laborais
A Valedora do Pobo revela que a Xunta traslada ofertas a desempregados co requisito de que a formación en riscos laborais sexa previa e por conta deles malia que "corresponde ás empresas a formación do seu persoal"
Medio ano despois de admitir ducias de eivas nos helicópteros do 061 a Xunta aínda non convocou un novo concurso
"Estamos facendo as cousas o máis rápido que podemos", dicía o conselleiro en abril ante os incumprimentos da adxudicataria, que segue prestando o servizo mentres o Goberno galego non é quen de formalizar un novo contrato
Xantar en aulas, espazo ao límite, voluntariado: desigualdade no comedor escolar alén do prezo
A Xunta esixe persoal profesional a concellos e Anpas que xestionan comedores para darlles axudas, pero contempla atención voluntaria nos centros que xestiona directamente, onde tamén decide obras de xeito discrecional
A UE lembra que a Xunta debe avaliar o impacto ambiental de novas granxas na xa contaminada Limia
A Comisión Europea, preguntada pola recente sentenza que condena a inacción de Xunta e Estado, lembra que tamén está pendente de que o Estado aplique a directiva que obriga a designar zonas vulnerables á contaminación por nitratos
O PSOE acouta a transferencia da AP-9 pedida por Galicia a que a Xunta propoña melloras na xestión
Pontón e Besteiro piden actuar "xa" en vivenda e Rueda ve o seu orzamento unha "illa de sentidiño"
A líder do BNG critica que a Xunta propoña vivir "en baixos abandonados que ninguén quere" cando "hai 90.000 pisos baleiros". O secretario xeral do PSdeG salienta que as rebaixas fiscais da Xunta chegan "só ao 4% da poboación" e insiste en aceptar a condonación da débeda que ofrece o Estado.
A Xunta volve conxelar o complemento das pensións non contributivas en 18 euros ao mes
A axuda foi creada en 2008 por PSdeG e BNG, Feijóo tivo que rectificar o seu intento de eliminala en 2010 e Rueda só a subiu en 2023
Investigada polo TSXG, a Xunta reforma a Medalla de Galicia tras darlla á princesa Leonor sen ponderar méritos
Praza.gal revelou que o Goberno galego deu á herdeira do trono o seu máximo galardón sen tramitar ningún expediente previo, e agora muda a normativa para podelo facer así cando a proposta parta da presidencia da Xunta
A Xunta retira á Valedora o control da Lei de Transparencia
O Goberno galego muda a normativa de acceso á información pública e limita as voces críticas cos seus reiterados incumprimentos. O Executivo adoita responder peticións de datos con silencio administrativo, ante o que a alta comisionada viña tomando decisións favorecedoras para a cidadanía que reclama