O Constitucional rexeita que as herdanzas en vida tributen menos como quería Feijóo e Rueda ábrese a “compensar” aos “afectados”
Rueda di respectar a decisión do Constitucional "pero" lamenta o que considera un ataque "inxusto" á "institución do Dereito Civil galego", que contempla as herdanzas en vida pero nada di sobre a súa tributación
O candidato do PP en Ourense, a carón de Baltar, di de Jácome que a cidadanía xulgará a quen usa a política “en beneficio persoal”
Rueda volve compartir mitin co presidente ourensán, pendente de xuízo penal por conducir un coche oficial a 215 por hora, e di que “Ourense ten que deixar de ser un anecdotario que chama a atención por cousas que nunca son boas e dar paso a falar de cousas serias”
“Nas cidades estórbanlles as bostas de vaca”: o PP tenta reter votos no rural cargando contra a UE e o ecoloxismo
O conselleiro de Medio Rural di que as esixencias ambientais europeas van “acabar coa agricultura e gandería” e hai uns meses o director xeral desas áreas aseguraba ao sector que o seu “inimigo” non é a Xunta senón “o ministerio”, “Europa” e “os animalistas”
O mitin central do PP na Coruña sitúa "inseguridade, ocupacións e sucidade" como problemas por solucionar cun "goberno forte"
Os populares celebran tres días antes do peche da campaña o seu acto principal nunha cidade que teñen difícil gobernar e reservan as últimas xornadas de captación de indecisos para outras urbes
Rueda volve apoiar a Baltar tras caer a escusa de que conducía o coche oficial a 215 km/h por despiste
O presidente galego abriu a campaña co ourensán o mesmo día en que este adiou o seu xuízo penal a despois das eleccións e agora volven compartir mitins tras coñecerse que circulou moi por riba do límite de velocidade durante máis de cen quilómetros
As urnas deciden se Barreiros asenta o goberno do BNG tras o peche penal da desfeita urbanística do PP que constatou a xustiza
En 2019 o PP perdeu a alcaldía ante o BNG tres meses despois de que o daquela alcalde fose absolto por autorizar 3.000 vivendas nun ano, e agora os comicios chegan tras deixar o Supremo toda a responsabilidade penal nunha empregada municipal
A Audiencia de Pontevedra xulga dous ex-alcaldes do PP de Nigrán por amañar o contrato municipal do lixo
A Fiscalía pide un ano de cadea e varios de inhabilitación para Alfredo Rodríguez e Avelino Fernández e outras penas e multas para responsables da empresa Cespa por uns feitos ocorridos en 2004
A Xunta non tivo en conta a conciliación dunha funcionaria porque non lle presentou xustificantes que xa tiña
O TSXG condena o Goberno galego por obviar datos vitais da muller que xa coñecía e non deixarlle despois achegalos novamente, no marco dun concurso de traslados de 2019 que CSIF criticou por inducir a erro a “centos” de funcionarios
- Crónica Municipais 28M
- Política
Feijóo evita a Baltar e a crise ourensá con actos de campaña nas outras tres provincias e o foco na Moncloa
O pasado do líder do PP na presidencia da Xunta e a súa longa campaña por facerse coa do Goberno de España dilúen o carácter municipal dos actos nos que participa e o perfil dos seus candidatos locais. Entre alusións a Bildu e a "terroristas", o popular asegura que cumpriría no Estado promesas de obras que xa realizara en Galicia e proclama que "se un político mente, non está lexitimado para ser presidente"
Feijóo láiase de que as obras de mellora do tren Lugo-Ourense van lentas tras prometer un AVE pagado pola Xunta
O líder do PP estatal emprega un mitin en apoio da súa candidata en Lugo para postularse el mesmo e comprometer o remate de infraestruturas xa en marcha se é elixido presidente de España
Unha "neglixencia grave" de Adif provocou un incendio forestal con feridos pero o caso queda sen condenados
Dous cargos da empresa foron xulgados por non limpar a vexetación xunto a unha liña eléctrica que provocou un incendio en 2016 en Ribas de Sil, pero a xustiza absólveos logo de que outro compañeiro declarase que non tiñan esa competencia
O Supremo pecha a desfeita urbanística de Barreiros cunha condena menor a unha auxiliar administrativa do Concello
Malia constatar as ilegalidades do 'boom' construtivo de hai dúas décadas, a xustiza absolveu en 2019 o goberno do PP e agora exculpa tamén a secretaria municipal, pero ratifica a condena dunha empregada municipal por manipular un rexistro puntual