Da AP-9 a Ence: á UE non lle gustan as concesións e prórrogas sen procesos públicos e abertos
Aínda que considera incumpridas dúas directivas distintas, o que hai de fondo nas investigacións da Comisión Europea pola ampliación a Audasa e as concesións costeiras é o temor a que a Administración prime algunhas empresas de xeito inxustificado
Cando o PP preguntou por Ence e a UE respondeu que non se podía incumprir a directiva pola que agora investiga a España
A Comisión Europea lembrou en 2021 ao eurodeputado popular pontevedrés Francisco Millán Mon que os procesos para outorgar ou ampliar concesións debían ser abertos e “promover a competencia leal”
Fiscalía pide máis de dous anos de cadea para catro persoas por tráfico ilegal en Vigo dun gas destrutor da capa de ozono
Os acusados e tres empresas implicadas no subministro a varios barcos dun gas refrixerante prohibido fan fronte a próxima semana a un xuízo no que tamén se lles piden multas que suman máis de 400.000 euros
A promesa de investidura de Rueda dunha área de Termalismo na Xunta concrétase dentro de Turismo de Galicia e con sede en Ourense
Actuacións doutros departamentos en materia de recursos mineiros ou sanidade ligadas co sector serán agora coordinadas desde unha nova área de Turismo Termal
A Xunta regula tres anos despois da chegada da COVID un rexistro en tempo real das persoas usuarias de residencias
O Goberno galego contratou hai un ano a elaboración dun “centro de datos único e fiable” sobre residentes de centros da terceira idade e persoas con discapacidade que mellorase as “solucións de continxencia” previas e agora tramita o decreto co que imporá o seu uso
A UE investiga a España por impedir a competencia nas concesións litorais a "por exemplo, empresas papeleiras"
A Comisión Europea di que a Lei de Costas permite outorgar concesións ou amplialas “sen procedemento de selección aberto e transparente”, polo que “infrinxe a Directiva de servizos” de 2006 que vela pola libre competencia e o mercado único europeo
O Supremo reduce de 8 a 6 os anos de cadea para Fernández de Sousa-Faro, ex-presidente de Pescanova
O tribunal ratifica os delitos de falsidade nas contas da empresa e alzamento de bens pero non considera probados os de falsidade documental e estafa
"Sentenza haberá, xustiza é imposible": a dor das vítimas desembarca no xuízo de Angrois e emociona a xuíza
As persoas afectadas, feridas ou familiares, relatan unha a unha como viviron o accidente e os danos que sufriron para determinar as indemnizacións a que teñen dereito
Do erro humano ao dano persoal: o xuízo de Angrois vira o foco dos acusados ás vítimas
Este martes comezan a comparecer centos de vítimas e familiares de falecidos para establecer as súas indemnizacións tras rematar a fase penal da vista oral coa defensa do maquinista acusando a Adif, que desviou responsabilidades a quen xa non pode ser condenado
Novo reparto de axudas da Xunta a autónomos por rapidez: 1,25 millóns en 53 minutos en Lugo e 3 millóns en 15 horas na Coruña
O Goberno galego fai público o tempo que tardaron en esgotarse os 7,5 millóns de euros repartidos hai un ano noutra convocatoria máis por concorrencia non competitiva, nas que os cartos se reparten por orde de solicitude
Un ano do incendio no PP que levou a Feijóo a Madrid e deixou a primeira dimisión dun presidente da Xunta
O 16 de febreiro de 2022 estouraba a crise coa que Ayuso tombaba a Casado para que os baróns desen o partido a un Feijóo que neste tempo vén replicando no Estado as mesmas estratexias que o levaron en 2009 a San Caetano
Feijóo quere colocar no Constitucional o seu maxistrado de referencia do órgano que avala decisións da Xunta
O líder popular emprega o Parlamento de Galicia para propoñer a José Luis Costa Pillado, presidente do Consello Consultivo, no que o PP recortou a independencia dos seus letrados