Non aceptar correos en galego da CIG suponlle a Indra unha multa de 6.200 euros
O TSXG ratifica unha sanción imposta pola inspección laboral por "discriminación" da delegación sindical polo uso dunha lingua oficial
A militarización da economía chega a Galicia impulsada por 183 millóns da Xunta
O Goberno galego aposta por incorporar o país "ás crecentes oportunidades que ofrecen os sectores da defensa e a seguridade no marco do actual contexto sociopolítico"
- 📺
- Política
Dos produtos á política, a industria e o turismo: a Xunta estira a marca Galicia Calidade 35 anos despois
A promoción turística do país pasará a empregar tamén a marca creada por Fraga para publicitar seis tipos de produtos galegos e que despois Feijóo identificou coa súa propia política económica
A candidata do PP á CRTVG di que con ela os informativos se consolidaron como "referencia" grazas ao rigor
O currículo entregado por Concepción Pombo ao Parlamento reflicte que foi responsable de comunicación da Consellería de Emigración entre 2002 e 2004 e salienta a súa "transformación" dos servizos informativos desde 2017
A investigación técnica de Angrois é unha "obriga" de España, insiste a UE
Tras a denuncia das vítimas ante o Tribunal de Dereitos Humanos pola negativa de España a unha análise independente, a Comisión Europea reitera, por terceiro comisario consecutivo e a petición do BNG, pronunciamentos previos nunca atendidos
Aparcar no mar: os dous últimos recheos da ría de Vigo coinciden no modelo
Tanto o recheo a carón da lonxa do Berbés como a ampliación do segundo porto deportivo de Baiona, que suman 12.000 metros cadrados, inclúen entre os seus principais usos o estacionamento de vehículos en terreos gañados ao mar
A Xunta tarda un ano en remudar a xestión privada do centro de discapacidade Souto de Leixa tras 15 de eivas
A Fundación Hospitalarias substituirá á empresa Clece, do grupo ACS de Florentino Pérez, durante cuxa xestión foron denunciados numerosos incumprimentos
A Xunta quitará a peaxe ás viaxes entre Vigo e a Cidade do Celta a través da súa autoestrada AG-57
Os dous quilómetros da autoestrada autonómica do Val Miñor necesarios para acceder ao complexo deportivo desde a circunvalación de Vigo serán gratuítos para ese percorrido
Rueda recibe a cuarta residencia doada por Amancio Ortega coa terceira pendente de subcontratar desde outubro
Os dous primeiros centros, en Santiago e Lugo, foron adxudicados a unha fundación privada e os de Pontevedra e A Coruña, recibidos en outubro e agora respectivamente, aínda están en concurso con varias empresas aspirantes
A Xunta oculta ao Parlamento por que mercou 10 novos coches de alta gama e cantas multas de velocidade recibe
O Goberno galego sumou aos 13 coches de representación híbridos que xa tiña outros 10 de combustión dos que evita dar explicacións á Cámara máis alá de que son "un número ínfimo" comparado con todo o parque móbil
A Xunta corríxese e manterá os colexios abertos ante apagamentos
O Goberno galego impulsa un protocolo que fixará o contrario do que decretou inicialmente na apagada do 28 de abril, cando o Goberno de España obrigouna a reabrilos para facilitar a conciliación das familias
O transporte escolar compartido, cada vez menos puntual e con máis incidencias
Informes da propia Xunta admiten que "especialmente a puntualidade do servizo ou a capacidade dos vehículos, perden calidade". No último ano "unicamente un 52,7% dos centros valorou positivamente a puntualidade, fronte ao 70,2% de 2023"