A Xunta tarda un ano en ter "a pleno rendemento" a primeira residencia doada por Amancio Ortega das 7 prometidas en 2017
Política Social atribúese a posesión en toda Galicia de 15.000 prazas publicas pero en realidade máis de 10.000 delas son privadas concertadas ou subvencionadas
Monbus desgravou ilegalmente o IVE dos avogados do seu presidente polos casos Cóndor e Pulpo
O TSXG ratifica que a defensa penal persoal do investigado non ten relación coa actividade de transporte á que se dedica o seu grupo empresarial e establece que Raúl López debe pagar 34.500 euros á Axencia Tributaria pero rexeita multalo
De convalidar condenas a facer 'desaparecer' barcos ou parcelarias: os outros erros do PP de Feijóo ao tramitar leis
Moito antes do "erro inxustificable" admitido por Feijóo por aprobar unha reforma legal que beneficia algunhas persoas condenadas, o seu PPdeG xa recoñecera todo tipo de erros na tramitación de leis no Parlamento de Galicia
A Xunta permite a caza sen límites de xabarís en 260 concellos ata febreiro tras abater 18.300 exemplares na tempada anterior
A Xunta activa por cuarta vez unha emerxencia cinexética para controlar os danos da especie tras as autorizacións que xa dera en 2019, 2021 e 2023
Condenada a ex-alcaldesa de Melón do PP por desobediencia á xustiza
Unha década despois de que o seu marido e predecesor no cargo fose condenado por prevaricación, agora un xulgado de Ourense constata nela o "propósito de incumprir" durante catro anos unha orde xudicial de derruba dun pavillón ilegal
Rueda insiste en defender "a cultura do esforzo" na mocidade e Besteiro veo "soberbio e desconectado da realidade"
O presidente anuncia unha "axuda directa para emancipación" da que nada dixo un día antes ao detallar as principais medidas do próximo ano
BNG e PSdeG afean o apoio da Xunta ás rendas altas e grandes empresas fronte "aos dereitos da maioría"
Pontón lamenta que "o PP sempre se pon no lugar equivocado" e Besteiro di que coñece "máis xente no paro que xente que teña máis dun millón de euros"
Rueda proclama que a mocidade "non depende xa da capacidade económica" senón "do esforzo que cadaquén faga"
O presidente liga o "progreso, traballo e futuro" das novas xeracións con proxectos industriais como o de Altri e anuncia un novo plan eólico que actualice o obsoleto de 1997 que nin a Xunta respecta
Rueda minimiza que 25.000 persoas alegasen contra Altri porque "a maioría son copias"
Ulloa Viva e a plataforma en defensa da ría de Arousa convocan unha manifestación en Santiago o 15 de decembro e critican o intento de "deslexitimación" das alegacións da cidadanía por parte da Xunta
A Xunta permitirá publicidade de bebidas alcólicas en 166 festas aínda que chegue a menores
Tres anos e medio despois de que Feijóo anunciase unha lei de prevención das adiccións en menores a norma, que inclúe significativas excepcións, aínda non foi remitida pola Xunta ao Parlamento
- Crónica
- Política
Seis meses da Xunta de Rueda: máis partido e un chisco de fraguismo
O continuísmo co que Rueda herdou o Goberno de Feijóo deu paso, tras gañar as súas primeiras eleccións, a medidas desacomplexadas como atar o control da CRTVG ou reforzar o peso do PP na administración
Condenado por prevaricar, investigada por pagos sen xustificar: o matrimonio do PP que gobernou Melón dúas décadas segue no foco
O Tribunal de Cuentas ten aberta unha causa por pagar 340.000 euros "sen constancia das prestacións realizadas" contra Cristina Francisco, alcaldesa que sucedeu no cargo ao seu marido, Alberto Pardellas, cando este foi inhabilitado en 2010