As empresas incumpriron 19 dos 57 contratos de bus escolar este curso e a Xunta prorrogounos todos
Educación abriu 62 expedientes, a maioría por incumprimentos das frotas de vehículos, cuestións polas que a xustiza está a ratificar agora penalidades impostas en cursos anteriores, pero o Goberno galego di que son "incidencias puntuais"
O TSXG avala unha multa de 211.000 euros a Bankinter por non ter teléfono gratuíto de atención ao consumidor
O tribunal di que non houbo "unha simple inobservancia de normas por erro ou ignorancia, sendo as alegacións de Bankinter meras escusas ou desculpas"
- Datos Acoso escolar
- Acontece
Burlas, insultos, rumores: o que sofre aínda no colexio ou instituto o 28% do alumnado de 10 a 16 anos
Unha gran enquisa de Educación con 172.000 cuestionarios di que en xeral a convivencia vai mellorando, pero o 20,5% das familias considera que empeorou, e o 25,8% do alumnado de ESO non está satisfeito co seu centro
O TSXG rexeita parar cautelarmente o expediente sancionador a Monbus e Alsa por repartirse o mercado
O tribunal desbota os argumentos das dúas empresas sobre o dano económico que lles suporía e lembra que os intereses xerais están por riba dos particulares
Rueda volve ampararse no resultado electoral para desbotar críticas da oposición, que pide "menos festa e máis traballo"
"Fale de Bildu e de Esquerra aos veciños e veciñas que non teñen médico", di Ana Pontón
A fundación coa que a Xunta tutela máis 3.000 adultos volve quedar sen director mentres suma eivas de funcionamento
Con melloras aínda pendentes de executar, o Goberno galego despraza a outro posto ao ata agora responsable da Funga, Juan José Couce Prego, nomeado en 2018 tras máis de tres anos co posto vacante
O tren Lugo-Santiago pasa de proposta política a estudo técnico aínda lonxe de ser real
O Goberno de España vai encargar un estudo de viabilidade da conexión ferroviaria entre as dúas cidades, segundo vén de responder oficialmente ao BNG, co que pactou a medida para a investidura de Sánchez
Outras dúas multas a Monbus ratificadas pola xustiza por usar buses escolares distintos dos comprometidos
A Consellería de Educación sancionou a empresa con 9.000 euros por incumprimentos en dous contratos de máis de dous millóns de euros
O Concello alegou que o Nadal de Vigo é "temporal" para evitar a súa condena por ruído e o TSXG lembra que dura dous meses
A administración local minimizou o dano sufrido pola veciña denunciante co argumento de que levaba menos dun ano na vivenda pero o tribunal di que o dereito á intimidade e a inviolabilidade do domicilio non pode ser acoutado temporalmente
Ence salienta vantaxes ambientais da planta de reciclaxe que promove nas Pontes en pleno debate sobre o impacto de Altri
A empresa gaba que o seu proxecto de recuperación de fibras téxtiles terá "un consumo mínimo de auga" e ocupará o mesmo lugar da central térmica, mentres adía de 5 a 10 anos melloras ambientais comprometidas en Pontevedra hai 8 anos
A Xunta elude aforrar 44 millóns de euros nas autovías con peaxe en sombra, como lle pediu o Consello de Contas
Sete meses despois de que o ente fiscalizador recomendase renegociar á baixa as concesións, Infraestruturas responde ao PSdeG sobre o avance desa medida remitíndose ao informe de Contas, que a considera incumprida
Os incendios queimaron o 12% da Rede Natura e o 25% dos parques naturais na última década
O Parque Natural da Baixa Limia-Xurés rexistrou máis de 180 incendios nos últimos dez anos, e tamén era espazo protexido pola Rede Natura boa parte do queimado no maior incendio do que hai datos precisos, o do Courel de 2022