Tres anos da chegada da COVID e da precariedade no seu seguimento
Unha sentenza revela como a Xunta subcontratou cunha cesión ilegal parte da análise estatística da pandemia e do control de casos en residencias, o que se suma ás denuncias polas condicións laborais do rastrexo ou do persoal sanitario e das residencias en xeral
O ministerio consigna 1.600 millóns para o Corredor Atlántico este ano e a Xunta pide 8.000... sen prazos: a construción doutro agravio
O Goberno galego xoga con tempos e espazos na súa campaña de ataques ao Goberno de España a conta das infraestruturas ferroviarias
A Xunta denega unha axuda porque lle presentaron tarde o título de familia numerosa e o TSXG lembra que é ela quen os outorga
Unha familia que por erro puxo na solicitude da axuda que tiña dous fillos en lugar de cinco pediu corrixilo pero a Xunta rexeitouno, ao que o Tribunal Superior responde que debeu ser a Administración quen pedise a aclaración en lugar de usar unha “escusa”
A Xunta reduce de 1,20 a 1 euro ao mes a suba do complemento das pensións non contributivas que non aumentara desde 2011
Os Orzamentos deste ano recollen que o complemento creado por Touriño e Quintana e estancado en 206 euros anuais por Feijóo hai unha década podería subir ata os 220,50 euros, pero agora Rueda decide deixalo en 218 euros
Un informe favorable sobre Ence cuxa importancia a Xunta foi variando acabou sendo decisivo para prorrogar a concesión
Cando Rajoy mudou a lei de costas para prorrogar concesións e Feijóo prometía retirar a fábrica da ría de Pontevedra, a Xunta dicía que o seu papel sería “determinante”. Cando o PPdeG mudou de postura pasou a ser un trámite “non vinculante”, pero agora o Supremo di que foi clave
Ence pode seguir na ría grazas á “confusa” reforma de Rajoy da Lei de Costas en 2013 e a un informe favorable da Xunta
O Supremo fai pública a sentenza que avala a prórroga da concesión ata 2073, cun voto discrepante que di que debe primar o dereito comunitario que limita ese tipo de autorizacións, cuestión pola que a UE vén de abrir unha investigación a España
Rueda trae ao Parlamento o debate estatal sobre a lei de liberdade sexual ante críticas de BNG e PSdeG ás súas políticas de igualdade
A oposición lamenta a lentitude dos avances en igualdade en Galicia e o presidente afea a liorta entre PSOE e Unidas Podemos e que o BNG votase “a favor de que aos delincuentes sexuais se lles sigan rebaixando as penas”, ao que Pontón replicou que a reforma non vai cambiar iso
Feijóo e o feminismo: de pedir igualdade "en Venezuela tamén" ou falar "en nome de todas as galegas" a tentalo agora tamén no Estado
O agora líder do PP estatal tentou distanciarse durante os seus anos á fronte da Xunta das mobilizacións feministas presentándose como "militante do feminismo respectuoso, non do sectario" e pedindo "non politizar os problemas das mulleres"
Aseguradoras do accidente de Angrois regatean as indemnizacións ás vítimas
Sen saber aínda se serán condenados o maquinista de Renfe ou o ex-cargo de Adif, os seguros das dúas empresas públicas tentan rebaixar a factura que terían que pagar en cada caso e que en parte xa foi adiantada
Transportes dá por xa executados 33.000 dos 49.000 millóns nos que cuantifica o Corredor Atlántico ferroviario
No acto de presentación este luns en Xixón do comisionado para esa rede ferroviaria o ministerio inclúe os 7.000 millóns do AVE entre Galicia e a Meseta e os 2.500 do Eixo Vigo-A Coruña na conta do xa rematado
A Xunta é condenada tras quitar unha pensión de 380 euros a unha muller por ter outra de Venezuela que non lle pagaban
Un xulgado deu a razón á afectada e Política Social recorreu ante o Tribunal Superior, que insiste en que debe contar os ingresos reais, non os “hipotéticos”, e en que era “notorio” que a comezos de 2016 deixaran de ser cobradas as pensións venezolanas
Das críticas á política “postureo” cando deixou a Xunta e o PP en 2019 a enfrontarse ao irmán alcalde: Durán contra Durán en Vilanova
José Juan Durán, presidente de Portos de Galicia de 2011 a 2019 e home forte do partido no Salnés, destituído por Feijóo por “perda de confianza política”, enfróntase nas municipais ao seu irmán Gonzalo, rexedor de Vilanova co PP desde 1995