O Tribunal Superior di que Monbus e Alsa se repartiron o concurso da Xunta para renovar as liñas de bus e ordena sancionalas
Competencia da Xunta arquivou unha denuncia de posible amaño sen sequera investigala pero o TSXG di que hai “máis que unha fundada sospeita” de que as empresas pactaron para ter “unha posición dominante, senón excluínte” do sector
O TSXG condena a Xunta a repetir fases de dúas oposicións a policía local e docente de danza por improvisalas sobre a marcha
Nunha proba deu por válido que dous aspirantes a axentes tardasen máis do establecido en correr mil metros, o que prexudicou a un terceiro, e noutra fixo públicos os criterios de avaliación despois e non antes do exame, como esixe a lei
A falta de diálogo Xunta-Estado e a busca de rédito político lastran o tren galego desde a autonomía, constata unha tese doutoral
O traballo desenvolvido polo xeógrafo galego Mateo Varela Cornado na Universidade de Toulouse apela a unha maior implicación da Xunta na planificación ferroviaria e na integración co transporte por estrada da súa competencia
Tras perder 62 millóns en avais na última década a Xunta quere dalos tamén a empresas non asentadas en Galicia
O Goberno galego reforma o decreto que regula o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) para que poida avalar tamén a empresas foráneas “que requiran garantías financeiras ou técnicas para as súas relacións comerciais e/ou operativas con empresas galegas”
De culpar os sindicatos a culpar á COVID: centos de persoas agardan que a Xunta resolva oposicións de catro anos antes
O Consello de Contas certificou que xa antes da pandemia varios procesos selectivos acumulaban catro anos de demora, que o Goberno galego atribuía daquela aos sindicatos e agora ás restricións, aínda que o propio Executivo levantou a alerta sanitaria hai ano e medio
Máis concreción nas estradas que no tren na XXXIV Cimeira Ibérica
Madrid e Lisboa desbloquean a longamente planificada mellora da ponte Salvaterra-Monção, a metade da cal é competencia da Xunta, e fan referencias xenéricas ao impulso do Corredor Atlántico e novas infraestruturas ferroviarias
O 'banco malo' cede solo ao Concello de Sanxenxo para un campo de golf polo seu "interese xeral"
A Sareb, que rescatou a desfeita inmobiliaria de hai unha década, acorda co alcalde, Telmo Martín (PP), impulsar tres urbanizacións con ata 1.625 vivendas a cambio de rebaixar a edificabilidade e ceder diversos espazos
- Documento Vertidos nucleares no Atlántico
- Política
A UE admite que ninguén vixía regularmente os vertidos nucleares fronte a Galicia 75 anos despois dos primeiros
A Comisión Europea salienta que España só está obrigada a detectar a radioactividade que poida chegar á costa e que o fai ben, pero descoñécese o estado dos bidóns de aceiro e formigón deitados na Foxa Atlántica entre 1949 e 1982
Euskadi suma a Galicia, Asturias e Cantabria a un novo 'lobby atlántico' ante Madrid e Bruxelas en defensa do tren e o hidróxeno
O goberno vasco pon o foco tamén na protección do litoral fronte ao cambio climático, cuestión que o Goberno galego obviou no seu comunicado sobre o encontro
- Mapas
- Política
Dúas décadas despois a Xunta inclúe os primeiros 400 espazos no Inventario de Zonas Húmidas de Galicia
Tras gabarse en xaneiro de levar "anos traballando" en dotar de contido a figura legal creada en 2001, agora a Xunta fai oficial no DOG os primeiros espazos
A xustiza ratifica outra sanción ao ex-fiscal xefe de Ourense por intimidar a avogada que denunciou ao ex-alcalde Cabezas
Hai un ano ese tribunal confirmou outra suspensión de Florentino Delgado por abusar do seu cargo para vivir nun piso alugado pola Xunta e agora fai o mesmo por actuar contra unha avogada que se queixou da súa lentitude nunha causa na que o político do PP acabou absolto
"Dificilmente pode haber unha negociación real": así condena o TSXG as condicións de diálogo que a Xunta pon aos sindicatos
O Tribunal Superior anula unha reorganización de postos de traballo que Política Social xestou durante máis de catro meses para dar só dous días aos sindicatos para estudala e media hora para que desen as súas opinións e desestimalas