70.000 hectáreas de lume en toda Galicia desde que hai 10 días comezou en Chandrexa, onde pulveriza marcas
Con todos os recursos da loita contra incendios das autonomías e o Estado xa activos, agora o Exército de Terra despregará militares á espera de que mellore a meteoroloxía nos próximos días
O grande incendio de Ourense xa é o maior da historia de Galicia
A unión dos dous focos en Chandrexa de Queixa e logo a outro en Vilariño de Conso creou un gran fogo de máis de 16.000 hectáreas, o meirande documentado no país, que afecta sete concellos. Moi preto, en Maceda tamén confluíron dous importantes incendios e en Oímbra e A Mezquita hai outros dous de 10.000 e 9.000.
Franco morreu, o seu BOE segue vixente (II): a concesión de Ence
50 anos despois da morte do ditador as súas decisións seguen marcando a Galicia actual. Nas fins de semana de agosto lembramos algunhas, como a de levantar unha celulosa en terreos da ría de Pontevedra outorgados en concesión no BOE do 30 de xuño de 1958.
Medio Ambiente consolida cun posto de libre designación ao subdirector que asinou o permiso de Altri
O responsable de Avaliación Ambiental pasa de exercer o posto en comisión de servizos a facelo "con carácter definitivo" por libre designación, o que propiciará que consolide o nivel máis alto na carreira funcionarial
Feijóo recupera a súa tese do "terrorismo incendiario" que nunca detectaron Policía nin Fiscalía
O ex-presidente e líder do PP interrompe vacacións para pedir desde Chandrexa de Queixa á cidadanía "que tomen a matrícula" de calquera vehículo e denuncien "calquera actividade sospeitosa" nos montes
Rueda dótase dun departamento de ferrocarrís... para pedir competencias de aeródromos e heliportos
Tras renunciar á súa promesa de crear un Ente Ferroviario Galego, a Xunta crea na Dirección de Mobilidade un Servizo de Instalacións Aeronáuticas e Ferroviarias co foco nas primeiras e unha xenérica referencia aos trens
Un 'erro' dunha alto cargo do PP permite a Casal de Armán ocultar o expediente da súa ilegalidade urbanística
A Xunta é condenada porque Sandra Quintas, responsable de Patrimonio en Ourense e alcaldesa, non motivou unha resolución de transparencia sobre a adega familiar do conselleiro de Emprego, que leva unha década beneficiándose dun salón para banquetes "ilegalizable"
Rueda oculta a renovación do popular López-Chaves outros 6 anos na Comisión Galega da Competencia
O decreto foi aprobado o 4 de agosto pero ocultado aos medios na listaxe de decisións do Consello da Xunta daquel día e obvia a condena do Supremo ao organismo por nin investigar o reparto do mercado de Monbus e Alsa
O alcalde de Abadín desde hai 42 anos non logra darse unha "indemnizacion" por xubilarse e seguir no cargo
Dimisións reiteradas nos seus equipos impiden ao PP consolidar unha sucesión local para un dos seus rexedores mais veteranos, insubmiso de xeito reiterado á Valedora do Pobo
Ence non poderá instalarse nas Pontes ata que Endesa garanta que a parcela non está contaminada
O permiso ambiental que vén de obter a empresa reflicte que a parcela, na que estaba o depósito de carbóns da antiga central, "está sendo actualmente obxecto dunha avaliación do estado do solo e das augas subterráneas" tras o peche da térmica
Impulsa Galicia desaparece sen que o Consello de Contas lograse facela transparente, pero deixa 'herdeira'
A empresa público-privada que promoveu a fábrica de Altri cede o lugar a outra, Recursos de Galicia, cuxa documentación tamén é ocultada pola Xunta ao ente fiscalizador malia pedirlla expresamente
BNG e PSdeG ven na disolución de Impulsa Galicia outro intento de ocultar xestións como a chegada de Altri
O BNG di que o peche da empresa público-privada supón un "borrado de probas" tras deixar como legado a "bomba ambiental" de Altri e para o PSdeG a decisión "pola porta de atrás e en vacacións" demostra o "fracaso absoluto" da política industrial do PP