666 focos, 400 evacuados e 144 casas afectadas, só 8 habituais: o que deixa o lume e as axudas da Xunta
Rueda xustifica motobombas paradas "por descanso do seu persoal" e aproba axudas de ata 132.000 euros para vivendas habituais e 66.000 para as non habituais
Franco morreu, o seu BOE segue vixente (IV): os bens apropiados
50 anos despois da morte do ditador as súas decisións seguen marcando a Galicia actual. Nas fins de semana de agosto lembramos algunhas, como as apropiacións de bens en beneficio da familia Franco.
Pontón pide a dimisión de Rueda como "máximo responsable da incompetencia" na vaga de incendios
A líder do BNG critica que a Xunta non atendeu as recomendacións de hai anos dos expertos e di que "fomenta o abandono no noso medio rural para favorecer proxectos extractivistas"
A chuvia acelera o control ou extinción dos incendios
O incendio de Trevinca está estabilizado, e con iso xa están nesa situación ou mellor, controlados, os seis maiores incendios
Política Social deixou sen pagar a licenza municipal da residencia que Amancio Ortega lle construíu en Santiago
Os 396.000 euros de taxas de obras acabounos asumindo a fundación do propietario de Inditex, que "descoñecía que non foran ingresadas" e que agora logra que a xustiza anule un recargo de 62.000 euros do Concello por demora
A Xunta dá 20 días a brigadistas que loitan agora no monte para inscribirse nas seguintes oposicións
O Goberno galego convoca en plena vaga de incendios máis de 300 prazas de bombeiros forestais en procesos selectivos previstos desde hai meses e cuxas probas se realizarán dentro de medio ano
Adif non recupera o perdido nunha obra en Asturias coa que Ence pagou menos impostos á Xunta
O Tribunal Superior de Xustiza de Asturias rexeita unha petición de Adif para que o Principado lle pagase 7 millóns por unha liña de tren inacabada á fábrica de Ence en Navia cuxa ameaza levou a Xunta a rebaixar taxas á empresa no porto de Ribadeo
O PPdeG eloxia "o liderado eficaz" de Rueda co lume e rexeita "o uso partidista dunha catástrofe"
"En Galicia a axuda, antes de que a pidan, xa está en camiño", asegura o portavoz do grupo parlamentario popular, Alberto Pazos
Extinguidos 4 incendios que sumaron máis de 1.500 hectáreas pero seguen activos en Trevinca, Pobra do Brollón e Avión
O incendio de Trevinca leva 4.700 hectáreas, pero a Xunta xa considera estabilizados os catro que superan amplamente esa superficie
A Xunta quere usar as súas novas competencias sobre o litoral para facer "chiringuitos biosostibles"
A Consellería de Medio Ambiente convoca un concurso de ideas para "transformar o concepto tradicional de chiringuito nunha instalación exemplar desde o punto de vista ambiental, social, funcional e paisaxístico"
Pirómanos con pulseiras telemáticas: Feijóo corrixe as súas políticas con 50 ideas contra o lume
O líder estatal do PP aposta por "incentivar a xestión forestal" ou "dignificar o labor dos profesionais que traballan no monte", eidos nos que os seus gobernos na Xunta recibiron reiteradas críticas e condenas
Pontón pide unha comisión de investigación sobre o lume e Besteiro reúne alcaldes
O BNG, que xa gastou a única posibilidade da lexislatura de forzar en solitario unha investigación parlamentaria, insiste na necesidade dunha análise política do ocorrido, e o PSdeG impulsará un foro para propoñer "políticas reais de prevención e investimento no rural"