O lume remite tras queimar 92.000 hectáreas en 18 días, máis que a vaga de 2006 e case igual que todo aquel ano
As medicións por satélite ofrecen cifras moi superiores de superficie ardida que os datos que divulga a Xunta, que xa só considera activos tres incendios, entre eles o do Macizo Central iniciado o 8 de agosto e o de Trevinca, que leva xa 4.400 hectáreas
O primeiro acto da conselleira de Medio Ambiente polos incendios é para prometer axudas aos cazadores
Ángeles Vázquez non tivo axenda oficial entre o 9 e o 18 de agosto, período no que o seu departamento tardou 6 días en prohibir a caza en Ourense malia a crise incendiaria, e o seu primeiro anuncio ao respecto son "axudas para recuperar terreos e hábitats cinexéticos"
Xa son 92.000 as hectáreas queimadas no que vai de verán, 79.000 en incendios aínda activos
A situación mellora no interior pero este xoves apareceron novos incendios nas Rías Baixas
Franco morreu, o seu BOE segue vixente (III): os encoros
50 anos despois da morte do ditador as súas decisións seguen marcando a Galicia actual. Nas fins de semana de agosto lembramos algunhas, como as concesións de encoros nos principais ríos galegos.
O Colexio de Xornalistas, BNG e PSdeG piden á Xunta máis transparencia cos incendios
O colexio profesional lembra tamén "a especial responsabilidade dos medios públicos galegos como fonte informativa de referencia nunha crise destas características"
A Xunta dispara a máis de 90.000 as hectáreas queimadas no que vai de mes, case todas en incendios activos
Tras recalcular a Xunta as súas propias cifras, os incendios hai tempo que superaron os rexistros de 2017 e 2022 e achéganse ás 96.000 hectáreas de 2006, que estarían amplamente superadas segundo os datos de satélite. Dous fogos en Vilaboa e Oia obrigan a declarar a Situación 2 pola proximidade a núcleos de poboación.
As condicións laborais, principal motivo polo que as empresas non logran cubrir vacantes en Galicia
O Instituto Galego de Estatística (IGE) sinala o maior peso das circunstancias do posto sobre o salario e os problemas para atopar candidatos coa preparación axeitada, que levan a CCOO a pedir á Xunta mellores políticas de formación
A mellora da meteoroloxía reduce o risco de novos lumes pero a chuvia xeneralizada non chegará ata a vindeira semana
MeteoGalicia e AEMET coinciden en prognosticar maiores precipitacións e baixadas de temperaturas a partir do luns que as rexistradas estes martes e mércores
Zaragoza, Salamanca, Xaén, Badaxoz: as orixes dos medios aéreos estatais que actúan nos incendios galegos
A UE sinala que España activou o mecanismo comunitario de protección civil o mércores 13 por primeira vez na historia e que no que vai de ano xa foi pedido tantas veces por varios países como en todo 2024
A Xunta ocultou 447 incendios no que vai de agosto
A conselleira de Medio Rural revela que ata este luns "levamos rexistrados 492 incendios só no mes de agosto", pero o seu departamento só divulgou información de 45 nese mesmo período
A Xunta prohibe cazar en Ourense seis días despois de declarar a Situación 2 polos incendios
A Consellería de Medio Ambiente, cunha resolución asinada por quen foi responsable da loita contra o lume durante dúas décadas, mantén a habilitación para a caza no resto de Galicia
Condenada a Seguridade Social por negar o Ingreso Mínimo por vivir nunha habitación alugada sen contrato
O Tribunal Superior de Galicia di que a administración non pode pedirlle "un documento formalmente subscrito, que non se esixe na norma" co alugueiro do cuarto por 50 euros, que a xustiza considera probado