O perito máis independente que analizou Angrois ratifica que Adif tiña a obriga de avaliar e paliar o risco da curva
O enxeñeiro encargado polo xulgado de estudar os sistemas de seguridade responde ao argumento de que no sistema ferroviario as curvas non son perigosas que “é como dicir que non o son as balas senón a velocidade que levan”
Plácido Castro, o home que non quería comprendernos
Liberal e progresista, internacionalista e nacionalista, anglófilo e irlandófilo: unha biografía afonda nunha figura esencial para a proxección internacional do galeguismo
A Xunta sancionou unha traballadora "como represalia" por denunciar o seu xefe
Dous días despois de que unha empregada de biblioteca pedise un expediente disciplinario contra o seu director, a Consellería de Cultura abriullo a ela e acabouna suspendendo 32 días de emprego e soldo, o que agora anula o Tribunal Superior
Adif ve debilitarse varias das súas mellores bazas de defensa no xuízo de Angrois
Dous dos tres peritos xudiciais supostamente independentes que veñen de declarar atacaron varios dos argumentos da empresa pública, e o terceiro xa deixou por escrito que incumpriu a normativa, como tamén dixo un experto da UE
O segundo perito xudicial de Angrois xustifica a duración da chamada que despistou o maquinista e tomba unha das defensas de Adif
O funcionario da Xunta que analizou a liña di que a conversa iniciada polo interventor non era tan intranscendente como se cría senón que obrigou o condutor a pensar nunha cuestión de seguridade, fronte á versión de Adif de que debía colgar antes
Rueda recupera o ex-conselleiro Almuiña como candidato en Baiona tras o afundimento do PP na comarca
O intento do popular de volver á alcaldía que ocupou de 2004 a 2015 deixa no aire a presidencia da Autoridade Portuaria de Vigo, contrapoder que os populares veñen empregando fronte o alcalde da cidade
A Valedora reprende a Xunta por embargar 50 euros para manutención dos fillos a unha muller receptora da Risga
A lei prohibe embargar soldos ou pensións que non superen o salario mínimo, pero malia que a transferencia do pai para contribuír ao sostemento dos menores non permitía chegar a esa contía, o Goberno galego embargouna porque non o considerou soldo nin pensión
"Cómpre ter en conta que o ser humano antes ou despois vai cometer fallos", di o primeiro dos tres peritos xudiciais de Angrois
O funcionario da Xunta que analizou o Alvia ratifica que o tren non foi a causa do accidente senón o exceso de velocidade e insiste na súa “reflexión” de que debía haber un segundo nivel de protección máis alá do propio maquinista
A Xunta é condenada por quedar con cartos do persoal que fixo servizos mínimos durante unha folga de técnicos forestais
Medio Rural descontoulles soldo en función dos incendios pero un xulgado lembra que “cando un traballador está en servizo mínimo, aínda que non haxa traballo efectivo, atópase á disposición da empresa e ten dereito á súa completa retribución”
O responsable de Renfe que investigou Angrois detectou varias eivas na sinalización pero non as ve relevantes para o sinistro
O técnico di que se algún sinal mal situado estivese antes o maquinista podería frear con máis tempo e evitar o accidente, pero non sabe se esa advertencia visual, sen balizas automáticas, o recuperarían do despiste que sufría pola chamada telefónica
A 'número 2' do Ministerio de Transportes di non facer valoracións sobre Angrois pero "desde logo, o maquinista tivo culpa"
A secretaria de Estado galega Isabel Pardo de Vera asegura que “desde Adif, e tamén Renfe, proporcionamos todos os datos que se debían proporcionar”, o que contradín varios apercibimentos do xuíz instrutor
20 meses para unha proba neurolóxica e un ano para ecografía ou cita xinecolóxica: a Valedora desmonta as listas de espera do Sergas
A defensora do pobo vén de facer públicos varios casos que evidencian as limitacións do sistema de control de demoras e reclama a Sanidade que ao fixar citas “respecte os tempos asignados polos profesionais sanitarios que as indican”