Pedro Sánchez inicia a súa investidura: "non rompe España, rompe o bloqueo á maioría progresista"
O candidato socialista debulla o programa acordado con Unidas Podemos e outras formacións en pouco menos de dúas horas de discurso, incidindo sobre todo nos aspectos sociais e na defensa do "diálogo" en Cataluña. Sánchez conta cos apoios garantidos para ser elixido por maioría simple o vindeiro martes, na segunda votación
Disturbios tras as manifestacións contra a sentenza do procés levan o Goberno central a falar de "violencia xeneralizada"
Os incidentes desencadeáronse tras unha protesta pacífica de Òmnium e ANC contra a sentenza, secundada por milleiros de persoas. Contra a media noite, cando se repetían as imaxes das fogueiras e disturbios en Barcelona, Moncloa emitiu un comunicado no que falaba de "violencia xeneralizada", pero matizando que a "coordinación" cos Mossos é "moi positiva"
Pedro Sánchez defende o "cumprimento íntegro" da sentenza do procés e Casado pide leis máis duras
O presidente do Goberno de España en funcións defende que "ninguén" foi "xulgado polas súas ideas" nunha comparecencia na que tenta afastar a posibilidade de que o Goberno de España conceda indultos aos líderes cataláns condenados
O cadáver de Franco deixará de ser honrado no 'Valle de los Caídos' antes do 25 de outubro
O Goberno de Pedro Sánchez fixou un intervalo de días no que pode facelo por motivos de seguridade, aínda que avisará á familia do ditador 48 horas antes para que poida estar presente
PSOE e Unidas Podemos chegan ás horas decisivas para a investidura coa negociación rachada
A repetición electoral do 10 de novembro é neste momento o plan que preparan os cuarteis xerais de todos os partidos. Non obstante, no PSOE e en Unidas Podemos dispárase a preocupación ante unha posible desmobilización do electorado progresista que os prexudique fronte á actual posición que lograron o 28A
Outro fracaso nas negociacións de PSOE e Unidas Podemos achega aínda máis as novas eleccións xerais
PSOE e UP volvéronse xuntar nun clima de desconfianza e cos inquéritos a sinalar que, no caso de haber eleccións o 10N, o PP sería o maior beneficiado relativo e os socialistas seguirían a precisar apoios para gobernar. Echenique lamenta que o PSOE "non se mova" do plan de "goberno de partido único" e Lastra censura que UP se "negue a alcanzar un acordo programático progresista"
PSOE e Unidas Podemos negocian catro horas sen avances que afasten a repetición das eleccións xerais
O pesimismo cara a un posible acordo que evite a repetición electoral é patente en ambas partes, pero ningunha quere levantarse aínda da mesa. O principal atranco da negociación segue sendo a negativa dos socialistas a aceptar a coalición e o rexeitamento de Unidas Podemos a votar favorablemente á investidura de Sánchez sen entrar no Goberno
ERC e PNV advirten de que non atrancarán a investidura de Sánchez se hai pacto do PSOE con Podemos
Rufián ve "curioso" que Iglesias se presente como "humillado" polo PSOE mentres ERC accede a evitar a repetición electoral malia estar Junqueras na cadea. Aitor Esteban subliña que os nacionalistas vascos fan "todo o posible" para que a investidura saia adiante
A investidura de Sánchez volve fracasar coas pontes dinamitadas entre PSOE e Unidas Podemos
O reparto de culpas polo fracaso centrou boa parte do debate previo ao fracaso da investidura, que activa o 'reloxo' de dous meses antes dunhas eventuais novas eleccións xerais
Sánchez perde a primeira votación da investidura e ten dous días para xuntar votos dabondo
Unidas Podemos abstívose como "xesto" da vontade de seguir negociando un Goberno de coalición cos socialistas "ata o último momento". Grupos abertos a facilitar a súa elección, como ERC e PNV, repróchanlle ao líder do PSOE que apenas buscase o seu apoio.
- Ao vivo
- Política
O enfrontamento de Sánchez con Iglesias no inicio da investidura complica o pacto e achega a pantasma da repetición electoral
Malia ao duro enfrontamento tanto PSOE como Unidas Podemos din que manteñen abertas as negociacións cara á decisiva votación do xoves. "Se non hai acordo, non voten coa ultradereita", retou Sánchez a Iglesias mentres UP asegura que os socialistas pretenden darlles un papel "simbólico"
- Con vídeo
- Política
A renuncia de Iglesias a esixir ser ministro vira o escenario da negociación do PSOE e Podemos ás portas da investidura
Iglesias afástase e advirte: pode haber pacto se hai coalición e se o PSOE acepta os nomes propostos por Unidas Podemos para o Consello de Ministros