- Entrevista | Joaquín Urías
- Acontece
"O problema de Vox non son os votos que teña senón que abriu a porta a ideas como que o aborto non é un dereito"
O profesor de Dereito Constitucional na Universidade de Sevilla protagoniza unha nova sesión do ciclo Pensarmos do CCG, na que afondará na análise da calidade da democracia en España. Urías alerta de que "estamos sufrindo un retroceso moi grave en dereitos que empezou hai unha década con cousas coma a Lei Mordaza e coa represión de movementos sociais e de iniciativas populares"
12 concellos perden edís pola caída poboacional mentres O Porriño, Salvaterra e A Arnoia gañan representación
Os datos definitivos do Padrón, coñecidos esta semana, determinan o número de concelleiros que se escollerán en cada localidade o vindeiro mes de maio, aínda que os concellos poden esixir correccións ante a Xunta Electoral. As Pontes, Neda, Crecente, Boimorto, O Valadouro, Antas de Ulla, Ourol, Navia de Suarna, As Nogais, Folgoso do Courel, Castrelo do Val e Pedrafita do Cebreiro perderían edís.
O Foro Económico alerta de que o PIB galego medra dous puntos menos que a media estatal e con menos creación de emprego
O último informe trimestral da entidade alerta de que a economía galega está a frear a súa actividade económica, cunha ralentización "significativa" no terceiro trimestre. O Foro amosa tamén preocupación polo comportamento do mercado de traballo en Galicia, que "amosa unha moderación no seu dinamismo"
O contaxio e mutación de gripe aviaria nunha granxa de visóns de Carral pon en alerta os servizos europeos de vixilancia
A revista europea sobre vixilancia, epidemioloxía, prevención e control de enfermidades infecciosas vén de publicar un informe que detalla as características do gromo que aconteceu o pasado mes de outubro e riscos asociados a el, facendo fincapé na mutación que se produciu, que incrementa a posibilidade dun contaxio a seres humanos
- Reportaxe Prestige 20
- Acontece
20 anos da cadea humana escolar polo Prestige que encheu de vida a Costa da Morte e superou as presións da Xunta
O 22 de xaneiro de 2003 preto de 50 mil alumnos e alumnas de centros de ensino de toda Galicia, convocados polo colectivo de docentes Area Negra, formaron unha cadea entre Laxe e Muxía, cubrindo máis de 40 quilómetros no litoral máis afectado pola marea negra do Prestige. Fixérono a pesar das manobras da Consellaría de Educación, que tentou evitar que os autobuses transportasen o alumnado. Falamos con Puri Cabido e Carlos Fernández Concheiro
A Xunta segue sen solucionar a exclusión de axudas de 300 explotacións ecolóxicas e só promete recursos para o período 23-27
Na reuinón do Consello Agrario, Medio Rural comprometeuse a "incrementar os fondos destinados ás axudas á produción ecolóxica" para "atender todas as solicitudes que se presenten" neste 2023. Porén, non houbo medidas para os produtores e produtoras que ficaron fóra da convocatoria do pasado ano por mor dun erro de previsión da Xunta.
- Datos
- Economía
Galicia aumentou no 2022 un 30% as súas emisións contaminantes asociadas á produción eléctrica
A redución da xeración hidráulica por mor da seca e o estancamento da eólica foron compensadas polo aumento da queima de gas e carbón. O Observatorio Galego de Acción Climática critica "o estancamento da potencia eléctrica renovábel", que afasta o país do obxectivo de que no ano 2030 estas fontes acheguen o 100% da electricidade
O Concello da Coruña rexeita agora a compra dos terreos dos peiraos xa que o Porto pode pagar por si mesmo a súa débeda
Hai ano e medio acordouse a futura venda dos peiraos de Batería e Calvo Sotelo, que pasarían a pertencer nun 75% ao Concello e nun 20% á Xunta. Porén, este domingo o voceiro municipal, Lage Tuñas, descartou esta posibilidade, lembrando as declaracións do presidente da Autoridade Portuaria, que asegurou que a actividade crecente de Punta Langosteira será suficiente para cadrar as contas
As mulleres que fixeron posible a folga xeral de 1972 en Vigo, protagonistas do calendario
A activista Lola Ferreiro dedica o seu calendario feminista para o 2023 a unha ducia de mulleres que participaron activamente na mobilización obreira que hai 50 anos paralizou a cidade olívica durante dúas semanas. "Todas, sen excepción, sostiveron e coidaron da vida mentres se desenvolveu o conflito, asemade de participaren activamente nel", destaca Ferreiro
Ourense celebra os 50 anos das 'Xornadas' que abriron o camiño para o cinema galego
O Cineclube Padre Feijóo organiza un acto para conmemorar o 50 aniversario da primeira edición dun evento que entre 1973 e 1978 reivindicou a posibilidade dun cine feito en Galicia. Un coloquio coa participación dalgúns dos responsables das Xornadas será seguido pola proxección de tres dos filmes fundacionais do cinema galego.
- Reportaxe
- Acontece
A falta de fondos da Xunta pon en risco 300 explotacións agrogandeiras ecolóxicas
O Goberno galego só reservou nos seus orzamentos 3,18 millóns de euros cando necesitaba 5,6 millóns para dar resposta a todas as solicitudes para producir en ecolóxico, o que deixou fóra a metade das propostas. O erro contravén os obxectivos fixados pola UE e ademais engade novos atrancos á supervivencia de moitas iniciativas. Falamos coa gandeira Ana da Cernada
A crise de prezos obriga as familias galegas a recortar gastos básicos ante a dificultade para chegar a fin de mes
Un 41% dos galegos e galegas din que mudaron os seus hábitos de compra en alimentación, unha porcentaxe en constante ascenso dende finais do ano 2021 e que hai tan só doce meses estaba no 11%, catro veces menos. Así mesmo, o 46,5% di que reduciu outros gastos comúns, distintos da alimentación