Tres de cada catro persoas de menos de 60 anos en Galicia teñen perfil nalgunha rede social
O 70% da poboación accede á Internet con frecuencia, con procentaxes que superan o 94% por debaixo dos 50 anos. De igual xeito, segundo o Censo do INE, máis do 60% dos galegos e galegas entre 16 e 50 anos mercaron algo por Internet no último mes
A seca e a aposta polo gas fan retroceder a produción eléctrica renovable ao seu nivel máis baixo en catro anos
Por primeira vez dende o 2019 a electricidade xerada por renovables en Galicia está moi por debaixo da demanda total. O descenso na produción hidroeléctrica foi compensado polos ciclos combinados de queima de gas, que duplican o seu peso, incrementando a dependencia enerxética galega.
A Coruña é a cidade galega que usa máis o transporte público e menos o coche e Ourense e Pontevedra as que máis camiñan
A maior parte dos desprazamentos ao lugar de traballo ou estudo realízanse en coche, pero na cidade herculina un 20% vai en tren ou autobús e nas dúas capitais provinciais do sur o 30% vai andando. Ferrol é onde máis se emprega o vehículo privado, máis utilizado por homes que por mulleres e especialmente polos varóns entre 30 e 50 anos.
- Datos
- Acontece
No 45% dos fogares galegos as mulleres encárganse da maioría das tarefas domésticas, tres veces máis que os homes
Os datos do Censo 2021, publicados polo INE, poñen datos á división sexual do traballo de coidados, no que as mulleres seguen a cargar coa maior parte dos labores no fogar e á hora de atender a menores ou a maiores dependentes. O 13% dos homes que viven en parella e con fillos na vivenda non realizan ningunha tarefa e un 38% só unha pequena parte.
"A cita previa obrigatoria non se axusta a dereito e só beneficia á Administración, pero non á cidadanía"
Diego Gómez, avogado e profesor da Uvigo, puxo en marcha unha iniciativa para eliminar unha das poucas medidas aplicadas no marco da emerxencia sanitaria da COVID aínda vixentes. Lembra que a obrigatoriedade prexudica "aos máis débiles", como persoas maiores e migrantes e subliña que "aplicar normativas excepcionais a situacións ordinarias vai en contra do Código Civil"
- Interactivo Que turismo?
- Acontece
Carnota é o concello con máis concentración de pisos turísticos, que nas cidades se condensan nos cascos históricos
Na vila carnotá o 9% dos inmobles do termo municipal están rexistrados legalmente como vivendas de uso turístico. Sanxenxo achégase ao 8% (7,84%) e tamén Fisterra, O Grove, Corcubión, O Vicedo e Muxía superan o 5%. Na zona vella compostelá a porcentaxe supera tamén o 5%.
- Datos As cifras do galego
- Acontece
O Censo sitúa por vez primeira o castelán como a lingua usada con máis frecuencia en Galicia
A diferenza do último estudo lingüístico publicado polo IGE no 2019, no que o galego aínda aparecía como o idioma máis empregado, os datos do INE amosan que tanto no ámbito familiar, entre as amizades e no traballo, hai máis persoas que empregan o castelán "sempre" ou "frecuentemente".
- Datos
- Acontece
O cancro é a principal causa de morte por baixo de 80 anos agás na mocidade de 15 a 29 anos, onde dominan os suicidios
Entre a mocidade tamén destaca a importancia das mortes en accidente de tráfico e por riba de 80 anos son máis as defuncións ligadas a problemas circulatorios. No resto, os tumores son a principal causa, chegando a supoñer o 45% dos falecementos entre 50 e 59 anos e o 51% entre 60 e 69 anos
As eleccións municipais que seguiron ao Prestige: o día que o PP gañou en Muxía pero comezou a perder a Xunta
O PP agarrouse ao mantemento dos seus resultados na Costa da Morte para expoñer que a cidadanía avalara a súa xestión da catástrofe, pero Galicia estaba a vivir un cambio de ciclo que se confirmou dous anos despois. Os populares baixaron catro puntos no país e perderon parte do seu poder municipal, mentres que no resto do Estado mantiveron o apoio acadado catro anos antes.
Os alugueiros encadean outro ano de subas en Galicia e xa son un terzo máis caros que no 2015
Entre xaneiro e novembro os prezos medios aumentaron un 4,5%, un incremento que en barrios coma o Ensanche compostelán foi do 16%. Pontevedra e A Coruña son as cidades que máis se encareceron nos últimos anos
- Interactivo
- Acontece
O peso de Galicia na poboación do Estado caeu á metade no último século polo baleirado de Lugo e Ourense
En 1900 Galicia era o terceiro territorio máis poboado, por diante de Cataluña, a Comunidade Valenciana ou Madrid, e A Coruña era a cuarta provincia con máis habitantes (hoxe é a 12ª). A perda demográfica máis importante correspondeu ás provincias orientais.
O sur de Ourense e o interior de Pontevedra presentan as maiores taxas de paro de Galicia, con cifras preto do 25%
Quintela de Leirado (28,6%) é o concello con máis desemprego, nunha lista que continúa Vilardevós, Fornelos de Montes e Monterrei e 39 localidades superan o 20%. Hai 11 concellos por debaixo do 8% de paro, a maior parte no centro da provincia de Lugo