- Datos
- Acontece
Galicia rexistrou o pasado ano un novo mínimo de nacementos e xa é o territorio do Estado con peor saldo vexetativo
No ano 2021 naceron 14.784 nenos e nenas, 500 menos que no 2020 e sete mil por debaixo dos datos de hai unha década. Galicia é a comunidade autónoma con máis diferenza negativa entre mortes e nacementos e a segunda con menor taxa de natalidade
Unha escavación en Covelo afonda no coñecemento dun campamento romano destruído en parte por un parque eólico
Investigadores do colectivo Roman Army levan a cabo unha campaña arqueolóxica nun xacemento no Castelo do Faro (1148 metros de altitude), o punto máis elevado da provincia de Pontevedra. O recinto, unha fortificación temporal do exército romano, foi descuberto en 2020 con técnicas de teledetección, cando unha parte xa se vira "considerablemente afectado" pola instalación enerxética.
Os alimentos son un 11% máis caros que hai un ano e o aceite e os ovos soben por riba do 30%
Aceite (+42%), Ovos (+32%), Leite (+15,3%), cereais (+14,7%), polo (11,4%), pan (11,9%) ou as froitas (9,8%) son algúns dos produtos básicos que máis aumentan. A alimentación encareceuse un 7,9% dende xaneiro, por riba das alzas de combustibles e electricidade, mitigadas polas bonificacións e medidas do Goberno central.
De escola a fogar: A Pastoriza busca na rehabilitación a solución ao problema de acceso á vivenda no rural
O concello lucense reformou tres antigos colexios para crear seis vivendas de alugueiro e fará obras en dúas escolas máis para darlles o mesmo uso. Falamos desta iniciativa con Elva Carrera (BNG), tenente de Alcalde, que reclama ao Goberno galego accións para que os propietarios de vivendas pechadas as poñan no mercado.
- Interactivo Dereito á vivenda
- Acontece
Os concellos rurais teñen máis vivendas baleiras, pero a gran maioría están fóra do mercado e necesitan rehabilitación
A Federación Galega de Empresas Inmobiliarias cifra en 340.500 as vivendas baleiras en Galicia. 90 mil atópanse nas sete cidades, pero é nos concellos rurais, especialmente en Ourense, Costa da Morte ou Ortegal, onde a porcentaxe de inmobles desocupados é maior
Uso de máscara e sen relacións sexuais en 21 días: recomendacións do Sergas para os casos de varíola e os seus contactos
Os casos confirmados ou posibles deberán ademais poñese en illamento domiciliario. Ademais, deberase extremar a precaución coas mascotas e evitar o seu contacto con outros animais. O Ministerio de Sanidade notifica 198 casos en España, 183 deles en Madrid. En Galicia, de momento, só hai tres casos confirmado
Denuncian a reforma de Pontenafonso que "deturpa" a ponte medieval, "unha xoia destruída co beneplácito de Patrimonio"
A plataforma SalvemosPonteNafonso, formada por veciñanza de Noia e Outes e por profesionais, concentrouse este domingo para esixir á Xunta que modifique a actuación, realizada "sen delicadeza e sen ningún tipo de encaixe co marabilloso traballo dos elementos primixenios" e que oculta os elementos máis característicos do monumento, os tallamares
- Reportaxe
- Acontece
"O autoconsumo eléctrico é o futuro do sector": a cooperativa Grille amosa o camiño ás explotacións gandeiras do país
Esta sociedade de Mazaricos, cunha produción de 30.000 litros de leite ao día e un gasto eléctrico de 10.000 KW diarios, instalou o pasado mes de novembro unha planta fotovoltaica coa que cobre unha parte importante do seu consumo e, ademais, proporciona enerxía a outras granxas. Fíxoo da man da empresa E.nova Enerxía e sen realizar ningún gasto inicial. Falamos con Pablo Suárez (Grille) e Xurxo López (E.nova Enerxía)
- Entrevista | Manuel Gago
- Cultura
"A identidade de Galicia séguese construíndo exclusivamente a partir do rural e do mundo agrario, esquecendo a Galicia urbana"
Esta semana presentouse o proxecto expositivo 'Cidades no tempo', un conxunto de sete mostras sucesivas comisariadas por Manuel Gago, que nos dous vindeiros anos buscarán poñer en valor a identidade urbana de Galicia. A primeira das exposicións, centrada na cidade de Santiago, pode verse xa en Compostela.
As persoas entre 30 e 44 anos e as familias con crianzas, quen máis prexuízo económico sufriron por mor da pandemia
Un 28% das persoas entre 30 e 44 anos viron baixar nalgún momento os seus ingresos, segundo o IGE, aínda que o emprego non se viu moi afectado. O IGE pon números ao efecto negativo da pandemia sobre a conciliación ou sobre determinadas actividades. O 41,5% das mulleres afirma que a súa saúde emocional empeorou, fronte ao 31,1% dos homes
O ecoloxismo, "pesimista" ante o plan reitor das Fragas do Eume que prepara a Xunta, que "só garante a conservación" dun terzo do bosque
A pasada semana a Xunta reuniuse por vez primeira con organizacións ecoloxistas para tratar o futuro PRUX. Convocounas sen remitirlles sequera o borrador do plan para o seu estudo. O parque celebra neste 2022 o seu 25 aniversario e aínda carece deste instrumento, obrigado por lei dende hai máis de dúas décadas
Ano de seca en Galicia: a Xunta recomenda limitar a rega de xardíns e a renovación da auga das piscinas
A maior parte de Galicia está xa en prealerta e o nivel dos encoros é o máis baixo da última década neste mes. Augas de Galicia pídelles aos concellos que limiten o uso de auga e que trasladen á poboación as mesmas recomendacións