As comunidades de montes volven quedar fóra das axudas do Ministerio para impulsar proxectos de enerxías renovables
Os montes veciñais levan dous anos atopando atrancos para ser recoñecidas como 'comunidades enerxéticas locais' e poñer en marcha instalacións de autoconsumo. O Observatorio Eólico presentou un informe pericial que defende a participación dos comuneiros galegos pero que foi ignorado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica.
"O que máis lembra a xente do 'Mar Exeo' é a columna de fume negro, un recordo máis épico que triste"
Tres xornalistas de La Opinión da Coruña, Enrique Carballo, Marta Otero e Iván Aguiar (con quen falamos) veñen de publicar o libro Mar Egeo. El día que ardió el mar, que reconstrúe o sinistro que tivo lugar hai 30 anos e as súas consecuencias posteriores a través de entrevistas con algúns dos principais protagonistas.
- Entrevista | Santi Veloso
- Cultura
"Parece que un proxecto educativo é algo menor, pero este premio demostra que Ponte nas Ondas debía ser apoiado"
Este xoves Ponte nas Ondas! foi recoñecida oficialmente pola UNESCO como exemplo de boas prácticas na preservación do patrimonio inmaterial. A entidade reclama dos gobernos a incorporación formal ao sistema educativo do seu modelo traballo aulas.
30 anos do 'Mar Exeo': a marea negra que anticipou o Prestige e o berro de 'Nunca Máis'
O 3 de decembro de 1992 un petroleiro cargado con 79.000 toneladas de cru encallou a carón da Torre de Hércules, provocando unha gran columna de fume e unha intensa marea negra que cubriu as Rías Altas. O desastre levou á promesa de que se adoptarían medidas para que este tipo de sinistro non se repetise e para contar con equipos axeitados para loitar contra a contaminación mariña. Pero pouco ou nada se fixo.
- Reportaxe Prestige 20
- Acontece
20 anos da manifestación dos paraugas: "Ante a catástrofe, en lugar de meterse na cuncha Galicia escolleu protestar"
O 1 de decembro de 2002 ao redor de 200.000 persoas ateigaron Compostela convocadas por Nunca Máis nunha mobilización histórica. A marcha demandou medios para deter a marea negra e dimisións do políticos responsables da mala xestión do accidente do Prestige. Falamos con Manuel Rivas e Uxía Senlle, voceiros da plataforma nese tempo
"A túa nena morreu, xa nos encargamos nós": o roubo de bebés durante a ditadura en Lugo, nos actos da Deputación polo 25N
Este xoves estréase no Pazo de San Marcos o documental 'No se oye', realizado por alumnado do Centro de Formación Audiovisual da institución provincial. A presentación do filme forma parte da programación polo Día da Violencia contra a Muller, que se desenvolve entre o mércores e o venres. Falamos con María Taboada, coordinadora do proxecto.
O plan reitor da Xunta para as Fragas do Eume reduce a máxima protección ao 3,5% da súa superficie
A proposta do Goberno galego é cualificada de "pouco ambiciosa" e "insuficiente", non recolle a adquisición de terreos de titularidade privada e prevé un investimento moi reducido, duns 200 mil euros anuais. A Xunta defende que se debe compatibilizar o "aproveitamento socioeconómico" do espazo.
- Interactivo Prestige 20
- Acontece
O Prestige aínda mancha: Adega denuncia que 10.000 toneladas de refugallos permanecen nas Somozas sen ser tratados
A maior parte das 90.000 toneladas iniciais de restos de fuel recollidos na costa galega, mesturados con area e plásticos, foron tratados entre 2006 e 2009. Porén, a falta dunha partida orzamentaria específica e discusións sobre se Xunta ou Estado central deben achegar os cartos, manteñen dende entón unha parte dos residuos "guindados baixo a alfombra", denuncia Adega.
A Xunta busca incrementar o 27% de crianzas vacinadas contra a gripe cunha citación masiva no hospital de Santiago
Este sábado e domingo serán convocados ao Hospital Clínico de Santiago 3.293 nenos e nenas entre 5 e 59 meses, buscando aumentar a cobertura entre a poboación infantil, que se sitúa moi lonxe da dos maiores de 65 anos, cun 72% de persoas vacinadas.
- Mapa interactivo Prestige 20
- Acontece
Ata o "quinto pino": os seis días nos que o Prestige paseou pola costa galega entre mentiras e medias verdades
Entre o 13 e o 19 de novembro o barco percorreu uns 437 quilómetros fronte ao litoral con rumbo errático e entre declaracións dos representantes dos gobernos galego e español que tentaban negar ou minimizar a catástrofe. Reconstruímos ese percorrido
As feridas ambientais do Prestige "diluíronse" pero Galicia "non está exenta" doutro desastre causado polo petróleo
O litoral atlántico galego amosou unha gran capacidade para rexenerarse, de xeito que cinco ano despois do desastre, a produtividade biolóxica case recuperara os niveis previos á catástrofe. Pero colectivos ambientalistas como Adega, Greenpeace ou Ecoloxistas en Acción advirten do risco "doutro Prestige en calquera momento" e reflexionan sobre o impacto na crise climática global dos combustibles fósiles como o que transportaba
A Coruña volve pasear polos seus peiraos: uso público para terreos públicos á espera dunha solución para San Diego
A apertura do peirao de Calvo Sotelo engádese ás que xa se produciran en Batería e Trasatlánticos, despois de que a Autoridade Portuaria eliminase os obstáculos que durante anos erguera ante as demandas de Concello e entidades sociais. Porén, segue sen decidirse o futuro da maior parte do espazo portuario, en San Diego, onde se proxectou unha privatización para construír ata catro mil novas vivendas.