A sanción da Xunta a Iberdrola e Naturgy por baleirar encoros limitaríase a 100.000 euros, o 0,002% dos seus beneficios anuais
No ano 2020 Iberdrola tivo un beneficio neto de 3.610,7 millóns de euros, mentres que Naturgy tivo un resultado positivo de 872 millóns de euros en termos ordinarios. O Goberno galego volve cargar contra a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, na que descarga a responsabilidade de non impedir os baleirados
As universidades galegas inician o curso buscando a "máxima presencialidade"
A máscara será obrigatoria e a distancia de seguridade interpersoal nas aulas será de 1,2 metros nos niveis de risco baixo e medio. No caso de bancadas fixas enténdese cumprida esa distancia deixando un posto intermedio baleiro
"A vacinación debe permitirnos ter un outono máis tranquilo, pero debemos manter as precaucións ante a COVID"
Falamos con Francisco Caamaño, profesor da USC, sobre o contexto actual da pandemia. Apunta que as máscaras seguirán sendo necesarias en interiores, pero que as restricións se poderán suavizar en espazos de ocio como teatros e tamén no ensino.
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia deixa atrás o peor da quinta vaga da pandemia mentres acada o 75% de poboación vacinada coa pauta completa
Aínda que a incidencia descende na maior parte de Galicia, hai aínda once concellos con máis de mil casos por cada 100.000 persoas, consecuencia dos gromos detectados na última semana
As autoestradas AP-2 e AP-7 en Catalunya e Aragón quedan libres de peaxe malia seren do mesmo tempo que a AP-9
Os treitos entre Zaragoza e El Vendrell e Tarragona e La Jonquera foron construídos maioritariamente nos anos 70, moi pouco antes que a vía galega, que rematará a súa concesión no ano 2048. O pasado ano quedaron libres de peaxe as autoestradas entre Cádiz e Sevilla e Alacante e Tarragona e no 2018 a que une Burgos e Euskadi
O Goberno central propón subir o salario mínimo entre 12 e 19 euros de forma inmediata e 31 euros o vindeiro ano
O SMI pasaría de 950 a 962 ou 969 euros este ano, medrando ata os 996 no 2022 e os 1.027 no 2023. Os sindicatos reclaman unha suba de 25 ou 30 euros para este ano, lembrando que os prezos están a subir máis dun 3%.
Os encoros de Naturgy e Iberdrola que foron baleirados conservan só un terzo da auga que conteñen habitualmente nestas datas
As Portas, Cenza, Belesar e Salas teñen están ao 22% da súa capacidade. É case unha terceira parte da cantidade de auga que había o pasado ano nestas datas (62%). O resto das presas galegas presentan datos semellantes aos de hai 12 meses.
Melide únese a Monforte e Ordes no nivel máximo de restricións, con 21 concellos en nivel alto
As novas medidas entrarán en vigor na medianoite do venres ao sábado. Destaca tamén o paso do nivel medio ao nivel baixo das cidades de Santiago, Vigo e Pontevedra. Mentres, A Coruña, Ferrol, Lugo e Ourense permanecen no nivel medio
A COVID incrementa as esperas de pacientes de alto risco oncolóxico: "temos medo de que sigan recortando a sanidade que nos salva"
Rocío Fraga relata a súa situación, común a outras pacientes, salientando que acumula nove meses á espera da realización dun TAC. Nunha queixa presentada ante a Valedora do Pobo critica tamén a imposibilidade de realizar na área sanitaria da Coruña probas de Dermatoloxía Dixital, non invsivas e moi útiles na súa situación, e si existentes noutras áreas sanitarias.
- Datos Coronavirus
- Acontece
O número de camas hospitalarias ocupadas por pacientes COVID cae ao nivel máis baixo dende o 24 de xullo
Segue a haber, iso si, 55 pacientes nas UCI e a cifra de mortes en agosto (106) converte este mes no máis letal dende marzo. A incidencia mantense á baixa en Galicia, aínda que continúan gromos de importancia en Ordes, Monforte, Melide e outras localidades. A cidade de Lugo é a única que empeora entre as sete urbes galegas
Os incendios forestais do ano 2020 tiveron un custo de 151 millóns de euros para Galicia
Segundo os cálculos da asociación Arco Iris a partir dos datos do Ministerio de Transición Ecolóxica, os traballos de extinción das 15.000 hectáreas queimadas ascenderon a 61,5 millóns euros e os gastos de restauración sumaron outros 90 millóns
A suba dos prezos da electricidade e o transporte eleva o IPC ao seu nivel máis alto na última década en Galicia
O Índice de Prezos de Consumo situouse en xullo un 3,5% por riba nivel do pasado ano, a cifra máis elevada dende maio do ano 2011. A suba interanual dos prezos da vivenda, electricidade e gas (+11,3%) e do transporte (+9,4%) empurran o índice xeral e alimentan as demandas dunha suba importante do salario mínimo e do conxunto dos soldos