- Datos Coronavirus
- Acontece
A incidencia da COVID en Galicia frea o seu descenso e volve medrar nas áreas de Lugo, Ourense e Santiago
As áreas de Vigo, A Coruña e Pontevedra seguen a descender, pero as zonas que ata agora rexistraban menos contaxios empeoran os seus datos nos últimos días. A ocupación hospitalaria mantense estancada no que levamos de mes de agosto e continúa a a sucesión de falecementos, con 96 mortes nos últimos 30 días.
- Datos Coronavirus
- Acontece
Case 400 persoas de menos de 40 anos ingresaron nos hospitais galegos con COVID no último mes
Ademais, 37 persoas de menos de 40 anos tiveron que ser ingresadas nas UCI. Na quinta vaga da pandemia morreron máis de 80 persoas en Galicia, a cifra máis alta dende marzo.
- Datos Coronavirus
- Acontece
A incidencia da COVID entre as persoas de máis de 80 anos duplicouse nas últimas tres semanas, fronte á mellora xeral
Mentres que a incidencia xeral se reduciu dende os máis de 650 casos por cada 100.000 habitantes a finais de xullo ata os actuais 407, entre as persoas maiores de 80 anos aumentou dende os 118 casos ata os 245 actuais. O Conselleiro de Sanidade fai un chamamento a "non baixar a garda"
A Xunta suaviza as restricións nas terrazas da hostalaría e reduce o número de concellos en nivel alto
Dende este sábado aumenta a capacidade máxima permitida nas zonas exteriores de bares, restaurantes e ocio nocturno. Non haberá concellos en nivel máximo e no nivel alto só ficarán 33 localidades, entre elas as cidades de Vigo e A Coruña. As outras cinco urbes estarán en nivel medio
- Datos Coronavirus
- Acontece
A Costa da Morte e as comarcas da Coruña e Vigo, á cabeza dos contaxios de COVID cunha incidencia á baixa en toda Galicia
A incidencia acumulada a 7 días cae ata os 173 casos por cada 100.000 persoas, nivel que non se acadaba dende o 13 de xullo. A cifras hospitalarias seguen sen descender, coas UCI no seu dato de ocupación máis alto dende marzo.
CEMMA pide o peche ao baño dunha praia en Porto do Son ante o acoso que sofre o arroaz Confi
A entidade denuncia que moitos bañistas "non saben comportarse con dignidade fronte a un animal salvaxe pertencente a unha especie protexida" e alerta de que "cada persoa que contacta fisicamente con Confi é un día menos da súa vida libre, a cada contacto perde o interese de vover cos seus"
Así quedan as novas restricións da hostalaría, endurecidas trala negativa do TSXG ao certificado COVID
A Xunta decide que O Grove pase do nivel máximo ao nivel alto de restricións, no que se atopan 55 localidades nas que a capacidade máxima no interior da hostalaría pasa do 50% ao 30%. Nas localidades de nivel medio e baixo, o ocio nocturno reduce a súa capacidade
- Datos Coronavirus
- Acontece
Os novos positivos de COVID seguen á baixa en Galicia, pero as hospitalizacións están no seu máximo dende marzo
Hai 63 persoas con COVID nas UCI e outras 274 noutras unidades de hospitalización. En total, hai 337 camas ocupadas por pacientes COVID, 21 máis que o pasado luns. Na última semana morreron 22 persoas coa enfermidade
Protestas en Marín, Vigo ou A Coruña alertan dunha atención primaria "ao borde do colapso"
CIG-Saúde denuncia que “non se substitúen as vacacións e baixas e hai centros nos que o resto do persoal leva absorbendo esta atención a maiores desde hai meses”
A mocidade entre 12 e 19 anos, aínda non vacinada, convértese no grupo de idade con máis incidencia da COVID en Galicia
Presentan unha incidencia acumulada de 1.396 casos por cada 100.000 persoas, case o triplo da media galega, e superando a dos mozos e mozas entre 20 e 29 anos, que só agora comeza a ser inmunizado. O terceiro grupo con máis contaxios, os e as menores de 11 anos, tampouco ten a protección da vacina
A Xunta busca que o TSXG avale a esixencia de certificado COVID para o acceso ao interior da hostalaría
O TSXG anulou a medida, que polo tanto non está en vigor este xoves. Para o Goberno galego, "a esixencia deste certificado permitiu a apertura dos interiores da hostalería e restauración en situacións en que antes estaban pechados"
- Obituario
- Cultura
Morre aos 80 anos Francisco Pillado, figura fundamental do teatro e da edición galega
Nacido na Coruña en 1941, promoveu numerosas agrupacións e publicacións teatrais e en 1990 impulsou a creación da editorial Laiovento, que dirixiu ata o ano 2014. Dende o 2011 era presidente de honra da Fundación Praza Pública.