A 'loita da draga' das mulleres de Pontevedra no ano 1965, un exemplo para as novas loitas medio ambientais
A tiktoker Laura Franco dedicou o seu último vídeo, que se viralizou nas últimas horas, a esta mobilización, na que un cento de mulleres se enfrontaron á Garda Civil en plena ditadura para evitar a dragaxe do río Verdugo.
A primeira universidade privada de Galicia nace entre críticas de BNG e PSdeG pola "competencia desleal" ao sistema público
O Parlamento aproba cos votos do PP a lei que regula a Universidad Intercontinental de la Empresa, que os grupos da oposición cualifican de "innecesaria" e coa que os populares introducen un "debate ideolóxico" abrindo unha porta ao incremento da iniciativa privada na educación superior
Galicia é o décimo territorio de maior produción leiteira en Europa, cun incremento do 9% en cinco anos
Un informe da Fundación Juana de Vega destaca o aumento do número de toneladas entregadas, que triplican as da segunda rexión do Estado, Castela e León. Galicia sitúase preto das principais zonas produtoras do continente, concentradas en Alemaña, Países Baixos, Francia ou Irlanda.
En defensa do Centro de Saúde de Seixo: cando toda a veciñanza das parroquias rurais se mobiliza pola sanidade pública
Tres mil persoas manifestáronse o venres contra os recortes no centro sanitario que dá servizo a catro parroquias rurais do Concello de Marín, que suman cinco mil habitantes. Denuncian que a Xunta pretende "desmantelalo" aproveitando a xubilación dunha das prazas de enfermaría e a dun dos médicos
- Datos Coronavirus
- Acontece
Así se disparou a quinta onda da pandemia en Galicia: o número de casos detectados cuadriplicouse nas últimas dúas semanas
A escalada levou a incidencia acumulada a 14 días de 85 casos por cada 100.000 habitantes o pasado domingo aos 170 actuais. A cidade de Ourense triplica a media galega e tamén o Salnés rexistra valores moi elevados. A taxa de positividade supera o 5% por primeira vez dende o mes de febreiro. A repunta nos contaxios comeza a producir un aumento nas hospitalizacións
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia suma 655 novos positivos de COVID nun só día, o maior incremento dende o 11 de febreiro
Na última semana detectáronse en Galicia 2.602 casos novos de coronavirus, fronte aos 1.332 da semana anterior. A cidade de Ourense rexistra a maior incidencia, que se disparou nos últimos días, mentres que A Illa de Arousa é o concello con máis contaxios por habitante.
"Para as persoas LGTBI que viven no rural é moi importante a mobilización que está a haber estes días"
Unha ducia de colectivos LGTBI convocan este domingo unha manifestación na Coruña "contra as violencias LGTBIfóbicas", ao fío do asasinato de Samuel Luiz e doutros incidentes que se veñen producindo nas últimas semanas. Falamos con Andie Sánchez (Avante LGBT+)
- Datos Coronavirus
- Acontece
As persoas menores de 40 anos sofren o 75% dos casos de COVID e case o 40% das hospitalizacións
A morte na Coruña dunha muller de 38 anos con COVID pon o foco nos perigos da pandemia para as xeracións novas, aínda sen vacinar. Representan a maior parte dos casos detectados e tamén unha parte moi importante dos ingresos hospitalarios, mesmo nas UCI.
Cando 'limpar' o monte destrúe o ecosistema das matogueiras e favorece os incendios
O Movemento Ecoloxista da Limia denuncia os desbroces incontrolados e innecesarios de mato nas terras altas desa comarca, financiados con cartos públicos coa excusa de previr a acción do lume. Porén, subliñan que o efecto é exactamente o contrario e que ademais provoca outros efectos negativos, por exemplo na apicultura
Os sindicatos agrarios galegos critican a Garzón e piden diferenciar entre granxas sustentables e produción industrial de carne
As declaracións do Ministro de Consumo nas que pedía reducir a inxestión de carne vermella foron tamén desautorizadas polo Ministro de Agricultura e polo propio Pedro Sánchez, que afirmou: "onde me poñan un chuletón ao punto, iso é imbatible”.
As epidemias galegas moito antes da COVID: cando o inimigo era o cólera
O Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra presenta a exposición virtual "Pandemias no século XIX", que recolle varios expedientes sanitarios que fan referencia a epidemias, enfermidades, centros sanitarios e persoal médico na provincia pontevedresa de hai case dous séculos.
- Entrevista Pola sanidade pública
- Acontece
"Todos os problemas da Atención Primaria parten do mesmo: falta de persoal e anos de recortes e desinvestimento"
A Atención Primaria comeza o verán cun gran déficit de profesionais e co persoal ao límite despois de meses de pandemia. Falamos con María Xosé Abuín (CIG) e Javier González (CCOO), que reclaman o reforzo do nivel básico do sistema de saúde, clave tamén na loita contra a COVID aínda que moitas veces invisibilizado