- Datos Coronavirus
- Acontece
O 70% da poboación galega maior de 12 anos recibiu xa cando menos unha dose da vacina contra a COVID
A porcentaxe de poboación entre 40 e 49 anos que recibiu cando menos unha dose supera xa o 85%. A inmunidade de grupo está cada vez máis preto, aínda que a maior capacidade de contaxio das novas variantes do virus elevaron ao 80% a porcetaxe de poboación que é necesario vacinar de forma completa para acadar unha protección xeral contra a pandemia.
"Os discursos de odio contra as persoas LGBT xa estaban aí, pero agora teñen un altofalante público e político"
Máis de medio cento de localidades galegas acolleron concentracións de repulsa polo asasinato de Samuel, o mozo que este sábado morreu como consecuencia dunha malleira na Coruña. As entidades LGBT denuncian os feitos como unha agresión homófoba. Falamos con Ana G. Fernández, presidenta de ALAS
- Entrevista | Ricardo Gurriarán Letras 2022
- Cultura
"Florencio Delgado chegaba cargado de literatura galega feita en México, publicacións moi importantes para os resistentes"
Falamos con Ricardo Gurriarán sobre o autor homenaxeado nas Letras de 2022, cuxa figura contribuíu a dar a coñecer coa biografía publicada en 1999. Destaca que a homenaxe é un recoñecemento ao labor do exilio galego en México e subliña que Delgado "xogou un papel moi importante na conectividade co interior"
- Entrevista | Francisco Caamaño Coronavirus
- Acontece
"Hai que manter unha mínima prudencia ante a COVID. Non procede que haxa moita xente xunta nunha festa, aínda non é o momento"
O verán comeza cun rápido aumento dos contaxios entre a mocidade e a relaxación das restricións no ocio nocturno. A pesar do avance no proceso de vacinación, Francisco Caamaño, profesor titular de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC, alerta dos riscos desta situación, que coincide coa expansión da variante Delta.
Florencio Delgado Gurriarán, homenaxeado nun Día das Letras que recoñecerá o labor da intelectualidade galega no exilio
A RAG acordou dedicar o Día das Letras do ano 2022 ao autor nacido en Vilamartín de Valdeorras. Militante do Partido Galeguista, conseguiu fuxir en 1939 a México, onde desenvolveu unha importante tarefa a través da creación do Padroado da Cultura Galega ou da revista Vieiros
Unha campaña das mulleres con endometriose denuncia o nesgo de xénero na Medicina a través da doenza que sofren 60 mil galegas
QuerENDO busca visibilizar a doenza que sofren 60 mil galegas a través de testemuños expresados por homes, que adoitan ter un maior impacto que os expresados polas mulleres. A entidade reclama máis esforzo na investigación desta enfermidade, apoio para o acceso a técnicas de reprodución asistida ou a creación dunha unidade de atención integral.
Persoal de DomusVi Ferrol rexeita o despedimento dunha traballadora que a CIG denuncia como "represión sindical"
A empregada foi despedida despois dunha baixa e de ter formado parte das listas da CIG nas últimas eleccións. Os sindicatos levan meses de mobilizacións en demanda de melloras laborais e salariais nas residencias privadas, especialmente nas do Grupo DomusVi
Catro xornadas de debate afondan no marco legal das instalacións eólicas e na posibilidade dunha tarifa eléctrica galega
O Observatorio Eólico de Galicia organiza en xullo unha serie de encontros de información e debate no que persoas expertas analizarán o marco xurídico do actual desenvolvemento do sector eólico no país na procura dunha sociedade "enerxeticamente sustentable" que mellore os aspectos sociais, económicos e ambientais
- Entrevista | Xulio Ríos
- Mundo
"Os EUA van aumentar a presión para abrir fendas entre a UE e China. Veremos se Europa é quen de erixir un discurso propio"
O director do Observatorio de la Política China é unha das persoas que mellor coñece o xigante asiático e vén de publicar A metamorfose do comunismo na China, onde repasa a evolución do país no último século.
- Entrevista | Víctor Sampedro
- Movementos sociais
"Os consensos e demandas do 15M seguen presentes e o triste é que non se decatan nin os seus supostos representantes partidarios"
No décimo aniversario do inicio do movemento do 15M falamos co catedrático Víctor Sampedro (Viveiro, 1966), que reivindica que "o 15M non é un legado, non é unha ensinanza para o presente, senón que está completamente vivo" e pide non caer na "nostalxia".
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia busca comezar o verán co groso das persoas maiores de 40 anos vacinadas e unha redución ao mínimo dos casos graves de COVID
A metade das doses da vacina administradas en Galicia dende decembro puxéronse no último mes. O 44% da poboación adulta recibiu cando menos unha dose, avanzando esta semana no grupo entre 50 e 59 anos. O grupo de idade con máis positivos detectados por habitante é o de 10-19 anos, seguindo do de 30-39. Porén, o número de hospitalizacións e mortes reduciuse moito.
Feijóo atribúese o descenso das emisións de CO2 malia deberse ao peche das centrais térmicas ao que se opuxo
Galicia diminuíu considerablemente as súas emisións contaminantes debido á redución da produción eléctrica con carbón, que o presidente da Xunta teimou en manter. Feijóo afirmou que a redución se producira pola 'Estratexia de Cambio Climático' do Goberno galego, escasamente ambiciosa.