- Entrevista | Aranza González Sector eólico
- Movementos sociais
"Á xente do rural atácannos porque somos pequenos, pero somos moitos 'pequenos' e por iso temos que nos unir"
Dende hai semanas movementos veciñais de toda Galicia que loitan para frear a instalación de grandes parques eólicos traballan conxuntamente baixo o nome de 'Aldeas Libres de Macroeólicos'. Falamos con Aranza González, da plataforma Aire Limpo nas Mariñas Terra do Mandeo.
- Entrevista | Gustavo César Veloso
- Deportes
"Estou cada vez máis convencido de que o Xacobeo-Galicia desapareceu porque a nivel político non interesaba"
Na última edición da Volta a Portugal un dos grandes protagonistas foi Gustavo César Veloso, que aos seus 41 anos de idade volveu amosar un gran nivel. Ao remate desta tempada, colgará a bicicleta tras cunha longuísima carreira na que tamén defendeu as cores do Xacobeo-Galicia (primeiro Karpin-Galicia), o equipo profesional galego que nos seus catro anos de traxectoria acadou un nivel extraordinario. Falamos con el sobre a súa traxectoria, a historia do Xacobeo Galicia e a situación actual do ciclismo galego de estrada
Unha instalación de prendas de roupa na Alameda de Compostela denuncia a trata e explotación sexual de mulleres
Trátase dunha intervención artística de Luz Darriba, que repite a realizada na Praza de Maio de Bos Aires no ano 2008. Terá lugar este sábado e a autora pide ás persoas que queiran colaborar que deixen as súas prendas na libraría Lila de Lilith da cidade compostelá
O tecido cultural de Ourense, ante a necesidade de "emerxer" fronte ás políticas de Jácome e Baltar
O movemento Emerxencia Cultural Ourense, que botou a andar esta primavera como denuncia ante o empobrecemento da actividade cultural na cidade, organiza esta fin de semana as xornadas Pe(n)sar a(s) cultura(s), que levarán ás rúas e prazas debates, concertos e conversas na procurar de "tecer unha rede sen rede" e "protexer o espazo público"
A Xunta anuncia un recurso contra a orde que dende este mércores prohíbe, agás excepcións, a caza do lobo en Galicia
Dende este mércores o animal integra o listado de especies protexidas e só pode ser cazado se houbo ataques de importancia contra explotacións gandeiras e fracasaron as medidas preventivas. Os gobernos de Galicia, Asturias, Cantabria e Castela-León rexeitan a medida e a Xunta solicita medidas cautelares para que que non entre en vigor.
As segundas doses da mocidade deixan o grupo de 30 a 39 anos como a xeración menos vacinada en Galicia
Das 224.276 persoas de máis de 12 anos que aínda non contan coa pauta completa, case un terzo (74.974) son trintañeiros e trintañeiras, que fican mesmo por detrás do grupo de persoas 20 a 29 anos. Este martes comezará a administración dunha terceira dose da vacina nas residencias de maiores
O "dobre castigo" das familias de Baamonde: sen colexio e agora sen transporte escolar
Só 9 dos 30 alumnos e alumnas do CEIP de Baamonde, pechado este curso por iniciativa do Concello de Begonte, trasladáronse ao colexio do centro da localidade. Do resto, a maioría optou por outra escola rural, en Parga (Guitiriz), pero boa parte das familias non pode acceder ao transporte escolar e deben trasladar os seus fillos e fillas en coche.
- Entrevista | César Portela
- Cultura
"Máis que de 'feísmo', eu falo de arquitectura 'mala', porque ademais de fea está mal feita, con pouco respecto pola contorna"
O vindeiro 25 de setembro César Portela recibirá o Premio COAG a toda unha traxectoria profesional. Nos seus 50 anos de carreira, realizou centos de obras, entre as que destaca o Museo do Mar de Vigo ou o Faro de Punta Nariga. Destaca o "saber facer" da arquitectura tradicional galega, que opón ao 'feísmo' e á "especulación" que estragou importantes zonas do país.
- Entrevista | Xosé Candel
- Acontece
"Sempre dicimos que imos tarde, pero o caso é non ir tarde de máis e aproveitar esta oportunidade de salvar a lingua asturiana"
O vindeiro 16 de outubro Oviedo acolle unha manifestación a prol da oficialidade do asturiano e do galego en Asturias, unha marcha que pode ser histórica, debido ao incremento da mobilización social a prol da lingua e ao proceso de reforma estatutaria aberto polo presidente Adrián Barbón, e no que o PSOE defenderá por vez primeira o carácter oficial de ambos os dous idiomas. Falamos con Xosé Candel, voceiro da Xunta pola Defensa da la Llingua Asturiana
- Entrevista | Xavier Simón Sector eólico
- Acontece
"Deberíamos apostar máis pola repotenciación dos parques eólicos actuais e non pola ocupación de novas terras"
Falamos con Xavier Simón, director do Observatorio Eólico de Galicia, que leva anos pedindo non repetir os mesmos erros cometidos no novo desenvolvemento eólico, pero que advirte que "estamos cometendo erros aínda máis graves" e que "as comunidade rurais están máis indefensas ante o desenvolvemento eólico que hai 20 anos"
- Entrevista | Carlos Paz (CIAG)
- Cultura
"Estamos recuperando o patrimonio desaparecido que durmía nos arquivos históricos e creando nova memoria visual"
Dende hai anos o C.I.A.G. (Centro Infográfico Avanzado de Galicia) realiza grazas ás últimas tecnoloxías coidados traballos de restitución 3D de elementos patrimoniais que xa non existen, un labor que contribúe á creación ao espertar de conciencia na cidadanía sobre o seu valor intrínseco. Falamos con Carlos Paz, un dos seus principais impulsores
A poboación de gaivotas descendeu un 70% en Galicia na última década
O Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) chama a atención sobre o declive desta especie especialmente nas Illas Sisargas, pero tamén no Parque Nacional das Illas Atlánticas. A eliminación de vertedoiros e a diminución dos descartes pesqueiros poden ser as causas, pero tamén a aparición de enfermidades.