- Datos
- Acontece
Menos poboación nas cidades e máis nas contornas urbanas e no rural: o cambio de tendencia que provocou a pandemia
A publicación das cifras oficiais do INE confima as tendencias apuntadas anteriormente. Durante o 2020 as sete urbes galegas perderon case 8 mil habitantes, que na súa meirande parte se trasladaron a localidades próximas. Nos vindeiros meses comprobarase se o movemento se mantén ou se reverte.
Consellos para un Nadal sen contaxios: un máximo de dúas unidades familiares nas ceas, máscara e ventilación
Os e as integrantes do Subcomité Clínico que asesora á Xunta difunden as súas recomendacións para reducir o risco de transmisión da COVID nos encontros familiares, limitando o número de persoas nas ceas e mantendo o mesmo grupo ao longo das dúas vindeiras semanas.
- Mapa Coronavirus
- Acontece
A multiplicación de casos de COVID e a proximidade da Noiteboa provocan longas fileiras para facer probas de detección
Neste momento están habilitados 14 puntos para a realización de PCR ou tests de antíxenos gratuítos e sen cita. Porén, a elevada demanda provocou este mércores e xoves importantes esperas nestes lugares. As probas de detección en saliva das farmacias son a outra opción
- 📺
- Cultura
16 anos despois os 'Meniños cantores' volven achegar Galicia a Portugal a través das súas cancións
Este domingo a TVG emite o primeiro dos catro capítulos do documental que percorre a realización da segunda edición desta iniciativa, na que a rapazada de 17 centros de ensino dunha e doutra beira do Miño interpretan temas musicais do patrimonio de ambos os dous países.
Os barrios céntricos das cidades galegas, os máis próximos á consideración de 'zonas tensionadas' polo prezo dos alugueiros
Os prezos medraron un 20,7% en cinco anos nas sete urbes, onde no 2018 as familias destinaban ao seu pagamento entre un 14,3% e un 17,6% dos ingresos netos, sen contar os outros custos da vivenda. O esforzo económico é superior nos barrios populares, coma Os Mallos, a Agra do Orzán ou Coia, debido ao baixo nivel de renda nestas áreas.
- Datos Coronavirus
- Acontece
8 gráficos que amosan que a pandemia de COVID vai quedando atrás
Nos 13 primeiros días de outubro notificáronse 401 novos positivos en Galicia, unha cifra que a finais de agosto se acadaba nun só día. Ademais, só oito localidade tiveron máis de 10 contaxios nas últimas dúas semanas e 216 concellos están libres de COVID.
A pandemia remite nos centros de ensino galegos, con só 69 casos activos de COVID
O curso comezou con 367 positivos nas aulas, que en catro semanas ficaron reducidos a unha quinta parte. A incidencia nos menores de 12 anos descende rapidamente e xa se sitúa preto da media
'Asterix e o Grifón' poderase ler en galego o mesmo día da súa publicación en todo o mundo
Xerais publica o vindeiro 21 de outubro o novo volume dos heroes galos, o primeiro editado dende a morte o pasado ano do seu coautor, Albert Uderzo. Trátase do volume número 39 da serie e conta co guion de Jean-Yves Ferri e os debuxos de Didier Conrad. A tradución ao galego é responsabilidade de Xavier Senín, Isabel Soto e Alejandro Tobar.
Agosto foi o segundo mes da historia que Galicia recibiu máis visitantes
A Costa da Morte e A Mariña superaron os seus récords de viaxeiros e pernoctacións e as Rías Baixas e Rías Altas practicamente igualaron os datos previos á pandemia. Despois dun xullo e agosto moi positivos, o sector confía en repetir os resultados en setembro e no outono.
As candorcas regresan á costa galega. Que facer ante unha interacción cun veleiro?
Dende o 25 de setembro notificáronse sete interaccións na costa galega, despois de varios meses nos que estes animais se concentraron no sur da Península Ibérica. Expertos do CEMMA e doutros centros de investigación puxeron en marcha unha web que rexistra todos os encontros e ofrece unha serie de recomendacións para as embarcacións
A Libraría da Proencia: unha iniciativa rural que nace coa idea de que "o pequeno pode ser un mundo"
O espazo, que bota a andar este mes de xeito online e prepara o seu espazo físico na aldea de Proendos (Sober), venderá libros de editoriais pequenas e autores e autoras locais, pero tamén artesanía e souvenirs "diferentes", servindo tamén como dinamizadora cultural e turística dun espazo da Ribeira Sacra cunha gran riqueza patrimonial e un número crecente de visitantes.
"Non é aceptable ir por unha terceira dose da vacina contra a COVID coa metade do planeta sen acceso a ela"
O Ministerio de Sanidade e as comunidades aprobaron esta semana a administración de doses de reforzo aos maiores de 70 anos, pero tan só o 35% da poboación mundial está vacinada contra a COVID, o que incrementa o risco de mutacións resistentes aos actuais tratamentos. Falamos con Agustín Montes, profesor de Saúde Pública da USC, e con Xosé María Torres, voceiro de patentes da ONG Farmamundi, que cualifica a decisión de "egoísta"