A saturación na Atención Primaria leva ao Sergas a anular toda a actividade non urxente en 14 centros da área sanitaria de Vigo
A Xunta xustifica a medida na "situación actual de crecemento explosivo do número de contaxios COVID" e na previsión de que estes sigan a aumentar. Porén, persoal médico lembra que os problemas nos centros veñen de atrás e que durante anos non se adoptaron medidas para evitar situacións de colapso. "Parécenos triste adoptar agora medidas de marzo de 2020, con todo o tempo que houbo para destinar recursos", din.
A 'Volta a Galicia' regresa no 2022 buscando "recuperar o pulo do ciclismo profesional galego"
A proba, denominada O Gran Camiño, constará de catro etapas (O Porriño-Vigo, Ames-O Ézaro, Maceda-Luíntra e unha crono final en Sarria) e correrase do 24 ao 27 de febreiro. Xa confirmaron a súa participación catro equipos de primeira división
Un xulgado de Vigo confirma a relación laboral entre Glovo e un cento de repartidores de Pontevedra, negada pola empresa
A sentenza conclúe que a compañía non actuaba como simple intermediaria entre os consumidores e uns supostos empregados autónomos, senón que controlaba todo o proceso. 97 traballadores da provincia de Pontevedra ven recoñecidos os seus dereitos laborais.
- Datos Coronavirus
- Acontece
O efecto da ómicron chega aos hospitais galegos, con 64 pacientes máis con COVID en tres días, pero aínda non ás UCI
Nas unidades de críticos o número de camas ocupadas por persoas cunha proba positiva en COVID-19 mantense estable dende hai 15 días. A cifra de ingresos hospitalarios mantense -grazas á vacinación- en niveis moito máis baixos que o pasado mes de xaneiro, a pesar de que a cantidade de casos detectados é máis do dobre.
A metade dos fogares galegos subsiste con ingresos mileuristas no mellor dos casos
A Enquisa Estrutural a Fogares do IGE correspondente ao 2020, publicada esta semana, revela un incremento da poboación en risco de pobreza e exclusión social, especialmente entre a mocidade e as familias monoparentais. 325 mil galegos e galegas non podían manter o pasado ano a vivenda a unha temperatura axeitada, a pesar de que os prezos eran moi inferiores aos actuais
- Interactivo Coronavirus
- Acontece
A vacinación contra a COVID completa o seu primeiro ano reducindo os efectos da pandemia e con escaso rexeitamento
O 27 de decembro de 2020 Nieves Cabo converteuse nunha residencia da Compostela na primeira persoa protexida en Galicia. Hoxe o 94% da poboación galega está inmunizada mentres se avanza na aplicación das doses de reforzo e na protección das crianzas de 5 a 11 anos. As vacinas están a limitar ao mínimo as mortes e hospitalizacións a pesar da presenza da variante ómicron, moito máis contaxiosa.
O BNG insta á Xunta a exercer as competencias en vivenda para deter o desaloxo de 50 familias de Narón, Ares e Burela
Trátase de tres inmobles propiedade da Sareb, o 'banco malo' no que o Estado ten unha participación do 45%, que comunicou as persoas inquilinas que debían abandonar os seus pisos, a pesar de que estaban a pagar o alugueiro con regularidade. O Goberno galego traslada a responsabilidade ao Executivo central.
Emerxencia Cultural Ourense convoca unha "adoración nocturna" a Baltar para sinalar a súa responsabilidade na situación da cidade
Na acción, na que se denomina ao presidente da Deputación como "o noso verdadeiro alcalde", destácase que "sen el, este goberno municipal delirante e esta provincia desolada non serían posibles"
O persoal sanitario pide o apoio da cidadanía ante a "situación crítica" que sofre en hospitais e Atención Primaria
Están convocadas mobilizacións en Lugo e A Coruña que alertan da "sobrecarga" de traballo e da precariedade laboral que leva a unha asistencia máis deficiente aos pacientes. "Os mesmos que loitaron por ti nesta pandemia sen medios e sen descanso precisan a túa axuda", reclaman
- Datos Coronavirus
- Acontece
Unha pandemia totalmente diferente: máis positivos ca nunca pero ata agora moitas menos hospitalizacións
Mentres as explosións de positivos na segunda e terceira vaga levaron a situacións de saturación hospitalaria, iso non sucedeu na cuarta vaga e tampouco está a suceder, de momento, na quinta. Apenas o 1,13% das persoas cun diagnóstico positivo de COVID en Galicia atópanse ingresadas nun hospital. Esta proporción é a máis baixa de toda a pandemia, só comparable á que se deu nos dous últimos veráns
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia suma outros tres mil novos positivos de COVID, pero a hospitalización mantense estabilizada
O número de novos positivos detectados na última semana -coincidindo tamén cun récord de probas realizadas- rolda os 15 mil, o que eleva a cifra de casos activos ao máximo da pandemia. Porén, a maioría son asintomáticos. A positividade media mantense en máximos, un 15%. Aumenta lixeiramente o número de camas ocupadas nas UCI e no resto de unidades mantense sen cambios
De Serrat ás Tanxugueiras: o uso das linguas minorizadas en Eurovisión, unha materia pendente no Estado español
En cambio, países como Francia, Finlandia, Noruega, Suíza ou Estonia si escolleron como representantes nalgún momento cancións interpretadas en linguas distintas do idioma máis falado neses Estados.