- Entrevista | Manuel Gago
- Cultura
"A identidade de Galicia séguese construíndo exclusivamente a partir do rural e do mundo agrario, esquecendo a Galicia urbana"
Esta semana presentouse o proxecto expositivo 'Cidades no tempo', un conxunto de sete mostras sucesivas comisariadas por Manuel Gago, que nos dous vindeiros anos buscarán poñer en valor a identidade urbana de Galicia. A primeira das exposicións, centrada na cidade de Santiago, pode verse xa en Compostela.
As persoas entre 30 e 44 anos e as familias con crianzas, quen máis prexuízo económico sufriron por mor da pandemia
Un 28% das persoas entre 30 e 44 anos viron baixar nalgún momento os seus ingresos, segundo o IGE, aínda que o emprego non se viu moi afectado. O IGE pon números ao efecto negativo da pandemia sobre a conciliación ou sobre determinadas actividades. O 41,5% das mulleres afirma que a súa saúde emocional empeorou, fronte ao 31,1% dos homes
O ecoloxismo, "pesimista" ante o plan reitor das Fragas do Eume que prepara a Xunta, que "só garante a conservación" dun terzo do bosque
A pasada semana a Xunta reuniuse por vez primeira con organizacións ecoloxistas para tratar o futuro PRUX. Convocounas sen remitirlles sequera o borrador do plan para o seu estudo. O parque celebra neste 2022 o seu 25 aniversario e aínda carece deste instrumento, obrigado por lei dende hai máis de dúas décadas
Ano de seca en Galicia: a Xunta recomenda limitar a rega de xardíns e a renovación da auga das piscinas
A maior parte de Galicia está xa en prealerta e o nivel dos encoros é o máis baixo da última década neste mes. Augas de Galicia pídelles aos concellos que limiten o uso de auga e que trasladen á poboación as mesmas recomendacións
- Entrevista | Sonia Villapol
- Ciencia e tecnoloxía
"Cómpre estar alerta ante a varíola do mono. Na pandemia de COVID aprendemos a non ser arrogantes"
Falamos coa investigadora lucense Sonia Villapol, neurocientífica e profesora do Instituto de Investigación Methodist, en Texas. Destaca que "o virus da varíola do mono non é o SARS-CoV-2", xa que "ao non transmitirse facilmente de persoa a persoa, o risco para o público en xeral é baixo", pero advirte de que "se a transmisión se converte en comunitaria e non se lle pon freo, vai ser difícil de eliminar"
- Interactivo Que turismo?
- Economía
Aumentan os pisos turísticos, que xa igualan as prazas hoteleiras en Galicia e reducen as vivendas dispoñibles para alugar
O incremento destes inmobles de uso turístico, máis de 14.000 rexistrados legalmente, xera en ocasións unha competencia desleal aos establecementos hoteleiros e limita o acceso á vivenda en moitos lugares, incrementando o seu prezo. En catro das sete cidades galegas xa hai máis pisos turísticos que casas dispoñibles para alugar
- Entrevista | Alfredo López
- Ciencia e tecnoloxía
30 anos de CEMMA: "a situación do mar empeorou, pero compréndese cada vez máis o impacto do ser humano no medio mariño"
A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) celebra este ano o seu 30 aniversario cunha serie de actividades que buscan dar a coñecer o seu labor: tres décadas de investigación e divulgación a prol da conservación mariña e da educación ambiental. Falamos cun dos seus integrantes.
- Reportaxe
- Acontece
"Hai que crear as condicións para que producir alimentos no rural galego non sexa unha carreira de obstáculos"
Falamos con Isabel Vilalba, secretaria xeral do SLG, e con Óscar Antón Pérez, enxeñeiro técnico agrícola, sobre a diminución da superficie agrícola utilizada en Galicia, as necesidades de terra agraria que tería un sistema de produción máis sustentable e baseado nas explotacións e o consumo de proximidade e o obxectivo de acadar a soberanía alimentaria.
- Liña de tempo #DefendeAGalega
- Acontece
Catro anos de Defende a Galega: a loita por "uns medios públicos libres e independentes" continúa
O 25 de maio de 2018 persoal da CRTVG impulsou o primeiro 'venres negro'. Dende entón houbo unha mobilización continuada, folgas, manifestacións, tamén sancións e ameazas de sanción, sentenzas xudiciais e mesmo premios coma o José Couso. No 'venres negro' número 209 repasamos os fitos do movemento nunha liña de tempo interactiva.
'De Córgomo a Fair Oaks', a viaxe de Galicia a América do Florencio Delgado máis popular e folk convertida en canción
Raúl Diz (Os Amigos dos Músicos) publica un álbum no que versiona seis poemas do autor homenaxeado no Día das Letras. O proxecto partiu do seu traballo como mestre de música en Primaria, musicando os textos para traballar co alumnado. Falamos con Arcadio Nóvoa, responsable da discográfica Todomedre, que edita o disco
González-Llanos e o Soldado Lois: iniciativas de quita e pon sobre memoria histórica en Ferrol
O Ministerio de Defensa retirou en marzo a rúa dedicada ao heroe da ditadura Soldado Lois, pero acabou dándolle o seu nome a outra vía de uso militar. De igual xeito, unha moción que reclamaba a eliminación da estatua do enxeñeiro e militar franquista José María González-Llanos foi substituída por outra de apoio á súa figura, despois de que o PSdeG-PSOE mudase por completo a súa posición
A inflación modérase un chisco en Galicia pola redución do prezo da luz, pero segue no 9,1%, por riba da media estatal
En cambio, os alimentos seguen a encarecerse. O seu prezo é un 9,4% superior ao de hai doce meses, o maior incremento interanual nas últimas dúas décadas. Aceites, legumes, hortalizas, pan e cereais son os produtos de alimentación que máis están a subir.