A comunidade galega de Lisboa recupera a romaría do Amaro Navegante 111 anos despois
Durante moito tempo, os milleiros de galegos que moraban na cidade organizaban o 15 de xaneiro de cada ano unha romaría, dedicada a Santo Amaro, e que se celebraba ao pé da capela do mesmo nome. En 1911 deixou de realizarse, pero vén de recuperarse este sábado.
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia mantén o aluvión de positivos de COVID, pero os casos que necesitan hospitalización seguen a ser poucos
Este sábado o Sergas notifica a detección de 8.615 novos positivos, pero o número de camas ocupadas nas UCI mantense nas mesmas cifras das últimas semanas. O 75% das persoas entre 40 a 49 anos recibiron xa a súa dose de reforzo
Uxío Novoneyra descansa por fin no Courel vinte anos despois da súa morte
Os seus restos mortais foron trasladados este venres dende o Cemiterio Municipal de Lugo, onde fora soterrado en 1999, ata a súa casa natal, en Parada do Courel, onde serán depositados baixo un memorial. O cadaleito do poeta, cuberto coa bandeira galega, foi despedido por familiares e representantes políticos e culturais
Ataque Escampe canta a Ana Kiro no adianto dun recompilatorio de versións de clásicos da canción galega
A finais deste 2022 verá a luz un álbum colectivo, impulsado por Deleite, no que Verto, Familia Caamagno ou Radio Océano versionan a Juan Pardo, Siniestro Total, Goma 2 ou Andrés Dobarro. Este venres Ataque Escampe publica "Por última vez", unha canción que gravou en 1967 Ana Kiro, "a Máis Grande" para a formación compostelá.
A suba de luz, gas e combustibles do 56% en Galicia leva o IPC ao seu máximo en tres décadas
O Índice de Prezos de Consumo medrou un 6,7% no conxunto do ano 2021, a maior suba dende maio de 1990. O prezo da electricidade creceu un 72% no conxunto do Estado e as gasolinas aumentaron un 24%. A alimentación (cun incremento do 4,6% en Galicia) tamén sobre de forma importante
- Guía Coronavirus
- Acontece
As aulas de Infantil e Primaria non pecharán con menos de 5 positivos e o alumnado vacinado de Secundaria non fará corentena
O documento acordado polo Ministerio de Sanidade e as comunidades autónomas no Consello Interterritorial de Saúde, publicado este luns, sinala que o alumnado de 12 anos ou máis que sexa contacto estreito dun positivo tampouco levará a cabo corentena se conta coa pauta completa de vacinación
- Datos
- Acontece
Galicia mantívose no primeiro ano da pandemia como un dos territorios con menos prazas en residencias de maiores
É a cuarta comunidade autónoma con menos prazas residenciais en función da súa poboación maior. Segundo un informe a Asociación de Directoras e Xerentes de Servizos Sociais, debería sumar 15.000 prazas máis para acadar o mínimo do 5% de prazas dispoñibles, que si acadan catro territorios do Estado.
A selección galega de ciclocrós suma dez medallas nos campionatos estatais, con Iván Feijoo e Ricardo Buba como estrelas
O allarizao Iván Feijóo, de só 22 anos, foi terceiro na máxima categoría, na que competía por primeira vez. O gondomareño Ricardo Buba, de 17 anos, gañou con claridade a carreira junior. A junior Laura Mira foi pratae o Sub23 Miguel Rodríguez foi bronce nunha fin de semana de éxito para Galicia.
O hospital da Casa de Galicia de Montevideo pecha por orde xudicial entre débedas millonarias e acusacións de irregularidades
O sanatorio, creado pola colectividade galega do país austral hai máis dun século, foi intervido polo Goberno uruguaio en outubro, pero un xuíz decretou o cese das súas actividades, deixando no aire a atención sanitaria ás máis de 43 mil persoas socias e máis de dous mil empregos.
O rural vigués, contra a construción dunha vía de alta capacidade cun forte impacto ambiental e que "partirá familias en dous"
O proxecto afectaría aos ríos Eifonso e Barxa e á conca do Lagares, destruíndo bosques de ribeira e leiras e afectando á calidade de vida da veciñanza das parroquias de Beade, Bembrive, Castrelos e Sárdoma, que este domingo leva a súa protesta ata a Rúa Príncipe
- Datos Coronavirus
- Acontece
Cada día ingresan 40 persoas con COVID nos hospitais galegos e 5 nas UCI, cifras semellantes ás do pasado verán
As cifras, en cambio, están moi lonxe das rexistradas na última vaga invernal, hai 12 meses, cando os ingresos nas unidades de críticos eran cinco veces superiores. O inverno pasado os maiores de 70 anos representaban o 54% do total de camas ocupadas nos hospitais, mentres que hoxe son o 41%. Aumenta, en cambio, a proporción de camas ocupadas por menores de 40 anos, que pasan do 5% ao 13%
- Datos Coronavirus
- Acontece
A ocupación nas UCI segue sen aumentar en Galicia, a pesar da elevada incidencia da COVID
Galicia suma 53 camas ocupadas por pacientes COVID nas unidades de críticos. A cifra mantense estable dende mediados do mes de decembro, movéndose sempre ao redor das 50, cun máximo de 56. O aumento da incidencia semella estar estabilizándose, pero segue a superar máximos, sobre todo entre a mocidade