- Entrevista | Isabel Calvete Escola pública
- Acontece
"Temos que deixar de considerar os nenos e nenas como números: son o futuro deste país"
Navia de Suarna acolle o sábado 19 as III Xornadas de Anpas Galegas no rural. Falamos con Isabel Calvete, vicepresidenta de Anpas Galegas, que reclama "un plan educativo específico para o rural, adaptado ao territorio e atractivo para a xente"
Mercar unha vivenda na Galicia urbana é hoxe un 20% máis caro que hai cinco anos
O encarecemento mesmo supera o 20% en Oleiros, Culleredo, Redondela ou Arteixo, acelerándose durante o último ano na maior parte de cidades e grandes vilas. Únese ao aumento dos alugueiros (un 25% dende o 2016) para dificultar o acceso á vivenda de gran parte da poboación
- Entrevista | Rosa Abuín
- Economía
"Cando o sector da conserva se mobiliza, vai a por todas. As protestas van continuar a pesar das ameazas de peche patronal"
As traballadoras das conserveiras de toda Galicia manifestaranse estes sábado 19 en Boiro e están chamadas a tres días de folga en marzo. De fondo, a negociación do novo convenio colectivo, con desacordo sobre o incremento salarial e a eliminación da fenda de xénero nos soldos. Falamos con Rosa Abuín, responsable da FGAMT-CIG da comarca do Salnés
EDP esixe a Lobios e Entrimo restrinxir as visitas ao encoro de Aceredo e fai emerxer a demanda de que a eléctrica pague o IBI
A compañía portuguesa dirixiuse aos dos concellos galegos para que limitasen o acceso a aldeas asolagadas como Aceredo, que están a recibir centos de turistas. As dúas localidades lembran que non é a súa competencia e que os terreos son propiedade da empresa, recuperando a vella demanda de que pague a tributación, da que foi eximida por un acordo asinado en 1968 por Franco e Salazar.
Máis de 13 mil vivendas poden ficar a menos de 500 metros dun dos parques eólicos proxectados en Galicia
A plataforma 'Monfero di non' denuncia nun informe os efectos dos proxectos en marcha, que inclúen 2.522 aeroxeradores en espazos da Rede Natura 2000 e 38 elementos BIC catalogados que quedarían no interior da superficie dos polígonos eólicos. O 85% dos muíños instalaríanse en concellos de menos de 5.000 habitantes.
Cen anos da Asemblea Nacionalista de Monforte, que supuxo a ruptura das Irmandades da Fala
O 19 de febreiro o Consello da Cultura Galega, a Fundación Otero Pedrayo e a Fundación Vicente Risco organizan unha xornada de debate que analiza o sucedido na IV Asemblea Nacionalista, celebrada en Monforte en 1922 e na que rachou a unidade do movemento galeguista, que levaba anos evidenciando divisións entre o sector liberal-progresista e o conservador.
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia comeza a deixar atrás a sexta vaga da pandemia, que suma 3.660 ingresos hospitalarios de persoas con COVID en tres meses
Dende o 1 de novembro ata o 2 de febreiro, en Galicia detectáronse 278.188 casos de COVID, case dous de cada tres rexistrados en toda a pandemia. Só o 1,3% necesitou hospitalización, con 336 ingresos na UCI. O máximo diario de ingresos nas unidades de críticos acadouse a comezos de xaneiro, con valores semellantes aos do pasado verán
- Entrevista | Rafael Pillado 50 anos 10M 1972
- Acontece Ferrol
"Non quero morrer en silencio, a mellor defensa dunha persoa enferma de amianto é que se saiba"
Hai uns días Rafael Pillado anunciou que padece un cancro producido polo contacto co amianto no seu traballo en Bazán, cunha supervivencia media dun ano. No 2001 denunciou publicamente os efectos deste material, con milleiros de afectados en toda Galicia, rachando o silencio que ata entón pesara sobre a asbestose. Falamos con el.
O compositor Juan Durán estrea 'Ferrol 1972', unha peza musical para a clase obreira galega
A peza soará por primeira vez o vindeiro 12 de febreiro no Auditorio da cidade. Trátase dun encargo da asociación Fuco Buxán que o seu autor entrega libremente e que a entidade pon a disposición de todos os sindicatos de clase. A melodía reflicte a loita e o sufrimento dos traballadores que o 10 de marzo de 1972 se enfrontaron á Policía franquista.
- Entrevista | Rosa Arcos
- Acontece
"Parece que cando abandonas o mercado laboral comezas a ser 'maior' e invisibilízase a achega que podes facer á sociedade"
O Consello da Cultura e a Valedora do Pobo organizan o martes 8 no Carballiño unha xornada de debate sobre 'Idadismo e discriminacións por razóns da idade', coordinada por María Xosé Porteiro e Rosa Arcos, con quen falamos.
O Parlamento insta por unanimidade á Xunta a intervir no conflito do servizo de Otorrinolaringoloxía do CHUS, que suma dous meses de folgas
O PP apoiou a proposta do BNG, que insta o Goberno galego a "abordar" de forma inmediata a situación, que levou á suspensión de 500 consultas. O persoal facultativo denuncia o "caos organizativo", do que responsabilizan ao Xefe de Servizo, a quen acusan tamén de "faltas de respecto" e "humillacións". Critícase tamén a "inacción" da Xerencia, que foi alertada da situación hai máis de medio ano.
- Entrevista | Pilar Ponte
- Cultura
'21 días co galego' coas Tanxugueiras como símbolo: "o programa deixa un pouso de gañar orgullo e de abrirse á lingua"
Este martes botou a andar unha nova edición desta iniciativa de promoción da lingua entre a mocidade. Neste ano participan 4000 alumnos e alumnas de doce centros de ensino, que durante 21 días falarán en galego as 24 horas do día e levarán a cabo actividades sobre 'Crear en galego no século XXI'