- Entrevista | J. Carlos García (Fegatramer) Crise de prezos
- Economía
"A suba do gasóleo non é só un problema do transporte, senón de todos os sectores. Necesitamos medidas de fondo"
Jose Carlos García Cumplido é o secretario xeral de Fegatramer, a organización máis importante do transporte en Galicia. Rexeita o paro indefinido e pide "quitar os piquetes das estradas", pero reclama accións decididas para que o aumento dos custos de combustible non impida seguir producindo "de forma competitiva" a todos os sectores
O Defensor del Pueblo denuncia os obstáculos do Hospital de Conxo á inspección do centro e o MGSM responsabiliza á Xunta
No seu informe anual o alto comisionado estatal detalla a "actitude reticente e pouco colaboradora" do director do Psiquiátrico na visita sorpresa realizada o pasado ano que achou numerosas eivas e mesmo a denuncia dunha presunta agresión sexual. O Movemento Galego de Saúde Mental enmarca esta "actitude obstaculizadora" dentro dunha estratexia "continuada" do Goberno galego
Defensa elimina os nomes franquistas das rúas do Arsenal de Ferrol pero evita facer referencia á Lei de Memoria Histórica
O Ministerio aproba o cambio de nove vías interiores, que pasan a honrar a "heroes e buques que destacaron ao longo da historia da Armada", pero evitar falar das denominacións que homenaxeaban a militares da ditadura ou do cumprimento da legalidade, limitándose a afirmar que a mudanza obedece a causas organizativas
"Os terreos son da veciñanza de Corvelle, non da Igrexa, pero péchannos as portas"
Os habitantes desta parroquia de Vilalba manteñen unha batalla legal para certificar a titularidade de oito predios que lles foron legados hai décadas e que a Diocese de Mondoñedo busca inscribir ao seu nome e vender. Entre eles está o Campo da Festa, imprescindible para a vida do lugar e que este sábado acolle as celebracións de San Xosé. Falamos con dúas das veciñas.
O futuro do patrimonio cultural da Casa de Galicia de Montevideo, no aire con críticas á inacción da Xunta
O sanatorio fundado pola colectividade galega no Uruguai hai máis dun século avanza no seu proceso de liquidación, mentres o BNG esixe que o Goberno galego medie para salvagardar os seus bens culturais, entre eles a escultura 'A Santa' de Asorey. Únese a outros episodios de desmantelamento de entidades da diáspora, como sucedeu no Centro Galego de Bos Aires.
- Entrevista | Francisco Caamaño Coronavirus
- Acontece
"A máscara pode eliminarse de inmediato en aulas e oficinas, pero débese ser máis cauteloso noutros espazos como a hostalaría"
Dous anos despois do seu inicio, a pandemia de COVID-19 chega á súa fin. Haberá nalgún momento novas ondas? Saímos mellores ou, cando menos, máis preparados para unha hipotética repetición da situación vivida? De todo isto falamos con Francisco Caamaño Isorna, profesor de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC.
Comeza a talla de árbores no mosteiro de San Pedro de Rocas sen agardar á decisión xudicial sobre as denuncias presentadas
Este xoves comeza o xuízo que examina a denuncia presentada pola Fundación Moreiras contra a Deputación de Ourense polo proxecto de ampliación da estrada, que afecta a espazos protexidos pola declaración BIC. Porén, xa este luns e de novo esta mañá maquinaria pesada levou a cabo cortas de árbores e outros traballos
- Interactivo 50 anos 10M 1972
- Acontece Ferrol
O 10 de marzo, 50 anos despois: o día que o movemento obreiro fixo abalar a ditadura en Ferrol
Este xoves celébrase o 50 aniversario do Día da Clase Obreira Galega, a protesta dos traballadores de Bazán que foi violentamente reprimida polo franquismo, que causou dous mortos, 40 feridos de bala e máis dun cento de encarcerados. Nesta peza interactiva repasamos as causas que levaron á mobilización do 10 de marzo, o desenvolvemento dos feitos e as consecuencias posteriores
- Entrevista | Sari Alabau 50 anos 10M 1972
- Acontece Ferrol
"A unión dos traballadores fixo posible acabar coa ditadura. As cousas moi difíciles pódense conseguir se nos xuntamos"
Foi unha das tres mulleres xulgadas no proceso dos '23 de Ferrol', no que o franquismo quixo castigar aos responsables da mobilización obreira na cidade, que o 10 de marzo de 1972 fora golpeada con dous traballadores mortos, 40 feridos de bala e máis dun cento de detidos e encarceraros, entre elas a propia Alabau, mestra e militante comunista. Este xoves celébrase o 50 aniversario daqueles feitos.
Unha parroquia de Vilalba denuncia que a Diocese de Mondoñedo pretende inscribir ao seu nome oito terreos "que sempre foran dos veciños"
Os bens comunais figuran no catastro a nome da Diocese dende hai 20 anos, pero non no Rexistro da Propiedade. A veciñanza de Corvelle vén de presentar unha demanda xudicial para que os recoñezan como titulares dos predios, que inclúen o Campo da Festa, cuxo mantemento leva anos pagando a Asociación de Veciños, que mesmo construíu un palco e un peche.
"Queren levar máis turistas a San Pedro de Rocas, pero o que van facer é quitarlle a maxia e o valor, o que atrae o turismo"
Este domingo 300 persoas participaron nunha marcha en defensa do conxunto integral do mosteiro, ameazado pola ampliación dunha estrada que foi denunciada ante os tribunais, un proceso que comeza este xoves, pero que non evitou o inicio das obras. Falamos coa historiadora Natalia Figueiras, experta en San Pedro de Rocas
"Putin busca reconstruír a área de influencia da Rusia imperial e cambiar unha orde global que considera inxusta"
Falamos co historiador Xosé Manuel Núñez Seixas sobre o contexto que levou á invasión rusa á Ucraína e sobre os efectos que a guerra pode ter na rexión e no conxunto de Europa.