- Mapas interactivos Cara ao 28M
- Política
As opcións do 28M: o PP presenta listas en todos os concellos, o PSdeG faltará en 8 e o BNG, en 48
Os socialistas teñen catro candidaturas máis que no 2019 e o Bloque presenta 18 máis que hai catro anos. Vox suma un total de 39 listas e Podemos e Esquerda Unida (xuntos, por separado ou dentro doutras candidatutas) están presentes en preto de corenta localidades. En 33 concellos só se presentaron dúas listas: a do PP e outra máis, alternativamente PSdeG ou BNG. No outro extremo, A Coruña é a cidade con máis ofertas electorais: 12.
- Datos Dereito á vivenda
- Economía
A maioría da poboación galega vive en concellos que poden considerarse 'zonas tensionadas' para limitar a suba da vivenda
Tanto o Índice de prezos do Ministerio coma o Observatorio da Vivenda da Xunta amosan que entre 2016 e 2021 o encarecemento dos alugueiros superou en boa parte do país o límite fixado na nova Lei de Vivenda para poder aplicar accións de regulación. Porén, os territorios gobernados polo PP, entre eles Galicia, anuncian que non aplicarán as medidas.
- Datos Crise de prezos
- Economía
A pobreza descendeu en 2022 pero o 19% da poboación non se pode permitir manter a vivenda a unha temperatura axeitada
A pobreza enerxética chega ao seu máximo dende o ano 2004. Pola contra, o pasado ano reduciuse a porcentaxe de poboación en risco de pobreza do 20% ao 18% e en risco de exclusión social e aumentou a renda media por persoa
Vite, o barrio que se construíu a si mesmo
O xornalista Joel Gómez vén de publicar a través do CSIC o libro 'Vite de Compostela. A comunidade (auto-) construida', que analiza as transformacións experimentadas por este barrio compostelán dende os anos 70, un tempo no que a través da organización veciñal, a zona deixou atrás problemas como a falta de servizos ou a drogadicción ata se converter nun "barrio residencial atractivo e modélico"
"As familias teñen dereito a recuperar os corpos dos seus devanceiros, non entendemos a actitude da Igrexa"
O 29 de setembro de 1936 apareceron en Bértoa (Carballo) os corpos de catro homes asasinados por mor da súa ideoloxía republicana, soterrados posteriormente no cemiterio. A ARMH, a petición dos familiares, iniciou os trámites legais para levar a cabo a exhumación. Porén, o Arcebispado leva un ano sen dar o permiso para os traballos, argumentando que cómpre "cautela" para evitar "profanacións". Falamos con Carmen García Rodeja
- Datos Dereito á vivenda
- Acontece
A Sareb en Galicia, concello a concello: 1.800 vivendas rematadas e 1.200 obras en curso para axudar a paliar a falta de alugueiro social
A bolsa de vivenda baleira do banco malo, xurdido do estoupido da burbulla inmobiliaria, pode ser unha década despois a base sobre a que construír un parque de vivenda pública con alugueiro accesible. O Goberno central destinará a este fin 50.000 vivendas da Sareb, 21.000 de maneira inmediata, das que 1.285 están en Galicia. Ademais, anuncia a construción ou rehabilitación doutras 43.000.
60 anos do ingreso na RAG de Cunqueiro, "recuperado" para a literatura galega por Del Riego
O 21 de abril de 1963, hai hoxe 60 anos, Álvaro Cunqueiro ingresou na Real Academia Galega. O seu discurso, que analizou o imaxinario dos tesouros na mitoloxía popular galega, foi respondido por Don Paco, que anos antes conseguira que o autor mindoniense volvese escribir en galego e recuperase "o sendeiro do galeguismo en que estaba antes de estalar a guerra”
Ferrol homenaxea as mil persoas asasinadas polo franquismo na comarca, "executadas por defender a liberdade e a democracia"
O Teatro Jofre acollerá o 28 de abril un acto público no que intervirán familiares das vítimas, representantes políticos e membros da Comisión Pro Memorial, que leva anos promovendo un monumento que recolla os nomes e cronoloxía das persoas represaliadas, cuxa construción comezará en breve, segundo anuncia o Goberno local
- Interactivo Cara ao 28M
- Política
A batalla das Deputacións: parte do poder territorial da esquerda, en xogo no inicio do ciclo electoral
PSdeG e BNG gobernan en coalición os entes provinciais da Coruña e Lugo, onde o resultado pode estar axustado, especialmente na deputación lucense. Tamén o fan en Pontevedra, onde a maioría progresista semella asegurada. De igual xeito, o dominio do PP en Ourense é claro, pero Baltar aspira a unha maioría absoluta para non depender da Democracia Ourensana de Gonzalo Pérez Jácome.
- Datos Que turismo?
- Acontece Santiago
Entre o éxito e a saturación: o número de peregrinos a Santiago disparouse en 2022, cun 62% máis que no Xacobeo anterior
O Xacobeo é dende 1993 unha historia de éxito evidente a nivel turístico e económico. Porén, nos últimos tempos agromaron tamén críticas pola saturación de visitantes que se produce, especialmente en Compostela
Airiños, 90 anos de teatro do pobo dende Rianxo
O grupo de teatro amador máis antigo de Galicia aínda en activo, formado en 1933, celebra este ano o seu 90 aniversario cunha ampla programación de actividades. Mantivo o seu compromiso coa lingua galega en plena ditadura e nos últimos anos comezou a recibir o xusto recoñecemento á súa traxectoria
O PP evita rexeitar no Parlamento os 'ventres de alugueiro' ante unha proposta do BNG
Os nacionalistas impulsaron unha declaración insitucional que contou co apoio inmediato do PSdeG pero non co dos populares. O texto rexeitaba a xestación por substitución por constituír "unha forma de explotación e mercantilización do corpo das mulleres, especialmente daquelas máis empobrecidas e vulnerábeis" e opoñíase a "calquera mudanza legal encamiñada a legalizar, regulamentar ou banalizar esta práctica"