O ingreso de María López Sández no pleno da RAG eleva a 9 o número de mulleres, cinco máis que hai unha década
O vindeiro 11 de marzo a filóloga e escritora ocupará a vacante deixada por Darío Xohán Cabana, finado hai dous anos. O seu discurso, Onde abrolla o manancial: a paisaxe na raíz do ensaísmo galego, será respondido por Marilar Aleixandre. As mulleres pasarán a ocupar o 32% dos postos, unha porcentaxe cativa pero por riba das academias española (20%), catalá (19%) francesa (17%)
- Datos Dereito á vivenda
- Economía
Un terzo dos habitantes das cidades galegas con ingresos familiares por baixo dos 1.500 euros viven de alugueiro
A porcentaxe de poboación que vive de alugueiro está a incrementarse e é moi elevada nas familias con rendas reducidas, nas zonas urbanas e sobre todo entre a mocidade. Este sector é o que se está a ver máis afectado polo fortísimo incremento dos prezos nos últimos anos: un 30% dende o 2015
ENCE: un século de políticas forestais ao son do eucalipto
Falamos con Edelmiro López Iglesias, profesor da USC e Director Xeral de Desenvolvemento Rural entre 2005 e 2009, e con Alberte Blanco, Director Xeral de Montes nese Executivo, sobre en que medida a presenza de ENCE en Pontevedra determinou nas últimas décadas -e no presente- a política forestal e a estrutura e usos do monte galego
Casas Niño: o modelo da Xunta para promover a conciliación e a natalidade no rural que penaliza as traballadoras por quedar embarazadas
As responsables deste servizo de atención ás crianzas de 0 a 3 anos son autónomas que no caso de pedir unha baixa por enfermidade ou maternidade deben pagar á súa substituta, o que lles deixa uns ingresos de 700 euros mensuais para elas, como destaca a responsable do centro de Folgoso do Courel, coa que falamos
- Reportaxe Prestige 20
- Acontece
O outro 23F: o día que a dignidade de Galicia e o mar "tomaron" Madrid
O 23 de febreiro de 2003 o mar chegou a Madrid. Levárono as decenas de milleiros de galegos e galegas que se desprazaron á capital do Estado para berrar coa Plataforma Nunca Máis nunha marcha comandada polos integrantes da Burla Negra. Falamos con Miguel de Lira e Xesús Ron
Os imprescindibles (en recordo de Rafael Pillado)
Marcos Pérez Pena
A Xunta recupera os 'bibliobuses' coa 'furgoteca', que levará libros a vinte dos cen concellos que carecen de biblioteca
A finais de febreiro ponse en funcionamento este servizo móbil, que dous días ao mes visitará unha vintena de localidades de Lugo e Ourense. A iniciativa levaba tempo sendo reclamada por entidades como Bamad-Galicia e finalmente convértese en realidade tras anos de promesas.
- Interactivo
- Acontece
O número de aldeas abandonadas aumentou en 130 concellos na última década e descendeu en 40
Valga, Ortigueira, Silleda e Oia foron os concellos onde máis creceu dende 2012 o número de núcleos sen poboación, mentres que no Carballiño, Ribeira, Moeche, Monfero ou Barreiros repoboáronse varios lugares onde xa non vivía ninguén.
- Datos
- Economía
67 persoas morreron en accidente laboral en Galicia en 2022, a cifra máis alta dende o 2009
21 dos falecementos corresponden aos mariñeiros do Villa de Pitanxo, pero tamén industria, construción e transporte rexistran datos elevados. Galicia duplica o índice de mortalidade do conxunto do Estado e os sindicatos alertas de que a precariedade no traballo incrementa o risco
O Gran Camiño, algo máis que unha volta ciclista: "un proxecto de país"
A segunda edición da proba, entre o 23 e o 26 de febreiro, consta de catro etapas (unha por provincia) que percorrerán escenarios únicos, partindo da Muralla de Lugo e rematando na Praza do Obradoiro despois de subir o Monte de Santa Trega ou visitar a zona máis afectada polos incendios en Ourense. Ezequiel Mosquera destaca o seu potencial como escaparate de Galicia ante o resto do mundo.
Unha masiva manifestación reclama "un cambio urxente" na política sanitaria da Xunta
Milleiros de persoas enchen a Praza do Obradoiro convocadas por SOS Sanidade Pública en demanda de solucións aos problemas da Atención Primaria e do conxunto do sistema público de saúde. A plataforma pide un incremento do orzamento sanitario e a "dotación inmediata do persoal mínimo necesario aos centros de saúde"
15 gráficos para entender a situación da sanidade galega
A plataforma SOS Sanidade Pública convoca á cidadanía a manifestarse este domingo ao mediodía en Compostela en defensa dun servizo público que presenta eivas, sobre todo, de recursos humanos e financiamento. Amosamos unha serie de indicadores que axudan a comprender os problemas que sofre a Atención Primaria e hospitalaria.