O "efecto desgaleguizador" do sistema educativo comeza na escola infantil e consolídase na adolescencia
A Real Academia Galega e o Concello de Ames presentan o Mapa sociolingüístico escolar da localidade, que detecta unha perda do 10% de galegofalantes iniciais no primeiro contacto co medio educativo. Na secundaria só o 11% do alumnado é galegofalante e outro 11% bilingüe, fronte a un 77% de falantes habituais de castelán, a maioría deles monolingües
De Viveiro a Dinamarca polo futuro dos 115 empregos de Vestas: "a bicicleta aprendeume a loitar e a non tirar a toalla"
Alejandro Paleo, ex-ciclista profesional e agora traballador da planta que está ameazada de peche, está a percorrer en bicicleta os 2.800 quilómetros que a separan da sede da multinacional, onde quere entregar na man dos directivos da compañía unha carta asinada polo persoal reivindicando a continuidade da produción. Quere que "coñezan os nosos nomes e as nosas caras" e "vexan que somos algo máis que números".
Radiografía das persoas pendentes de vacinación: moitas fóra de Galicia e coa pauta completa administrada
Dende hai varios días persoal de enfermaría está a realizar dende os centros de saúde chamadas a quen consta como non vacinado. Falamos con dous destes profesionais sobre os casos que están a atopar, cunha parte significativa de persoas que residen noutras comunidades autónomas ou noutros países, onde xa foron inmunizados.
Galicia é a segunda comunidade que menos cartos dedica ás persoas beneficiarias dos servizos de atención á dependencia
A Asociación de Directoras e Xerentes de Servizos Sociais publicou este luns o seu último informe, que analiza a evolución dos orzamentos dedicados a dependencia e alerta das grandes desigualdades entre uns e outros territorios.
A COVID converteu o 2020 no ano con menos manifestacións en Galicia na última década
Aumentaron as marchas convocadas por partidos políticos e descenden as impulsadas por colectivos cidadáns. Reduciuse especialmente o número de mobilizacións con reivindicacións laborais ou ecoloxistas e aumentaron as contrarias a "medidas políticas e lexislativas" e as ligadas a temas sanitarios e educativos
As compras de aldeas deshabitadas: iniciativas illadas nun contexto xeral de abandono de núcleos
Nos últimos anos é cada vez máis habitual a adquisición de aldeas deshabitadas para a súa utilización como vivenda ou complexo turístico. Porén, a realidade é que o número de núcleos abandonados non deixa de medrar: xa son 2.088 en Galicia e outros 2.380 contan con só un ou dous residentes.
Os centros de ensino suman un 25% dos casos de COVID en Galicia, cos menores de 11 anos triplicando a incidencia media
Esta semana descende o número total de casos activos nos colexios, pero aumenta de 19 a 24 o das aulas pechadas. Dúas escolas de Foz e O Barco concentran o maior número de positivos. Os e as menores de 11 anos, aínda sen a vacina, sofren máis contaxios que calquera outro grupo de idade.
"Hai xuíces que non son conscientes de que as mulleres sufrimos unhas violencias específicas por sermos mulleres"
Esta semana un xuíz de Viveiro volveu ditaminar que non houbo delito nas gravacións dun cento de mulleres nas Festas da Maruxaina subidas a webs pornográficas. Falamos con Raquel González, do Observatorio da Mariña pola Igualdade, que pon o foco na "xustiza patriarcal". María Fraga, de Mulleres en Iguadade, reclama unha investigación, paralizada pola decisión xudicial.
- Entrevista | Carmen Montero Coronavirus
- Acontece
"Hai moitas persoas que non foron hospitalizadas polo coronavirus e agora sofren os efectos da COVID persistente"
Ao redor dun terzo das persoas que superaron a COVID seguen sufrindo secuelas varios meses despois de dar negativo, sobre todo fatiga, dor de cabeza, perda do olfacto e do gusto, dores musculares e problemas respiratorios de maior ou menor gravidade. Falamos con Carmen Montero, coordinadora da unidade postCOVID do CHUAC da Coruña, creada para tratar estes pacientes.
O 77% dos abortos practicados o pasado ano en Galicia realizáronse en centros privados
No ano 2020 tan só catro hospitais galegos realizaron algún aborto. A cifra galega de interrupcións voluntarias do embarazo, con todo, mellora o dato do conxunto do Estado (15%). Pouco máis do 2% dos abortos foron solicitados por mozas de 16 e 17 anos, que poderían recuperar o dereito a facelo sen permiso dos seus proxenitores
O TSXG avala a protección da praia da Lanzada decidida pola Xunta ante o intento de considerala un areal "urbano"
No ano 2019 o areal foi clasificado como "praia natural", o que impide a instalación de chiringuitos fixos e de gran tamaño. Unha asociación presentou unha demanda para invalidar esta caracterización, pero o alto tribunal galego subliña que todo o espazo se atopa integrado na Rede Natura 2000.
O ecoloxismo reclama da Xunta máis axudas á gandaría para compensar os ataques do lobo, que matan dúas mil reses ao ano
Os ataques mantéñense estables nos últimos anos e no 2020 supuxeron a morte do 0,55% das ovellas e do 0,07% das vacas de Galicia. O gando ovino é o que sofre máis danos e a provincia de Lugo o territorio máis afectado.