Arsenio xa é fillo adoptivo da Coruña: "Co inmenso agarimo xa estaba pago dabondo"
O pleno municipal aproba por unanimidade honrar o ex-técnico, que dará nome a unha rúa e á Cidade Deportiva da Torre. O ex-adestrador dá as "grazas eternas" pola "desmedida xenerosidade con aquel rapaz de Arteixo que emigrou á Coruña co soño de facer feliz a afección de Riazor".
O alcalde do PP da Gudiña clama por máis servizos no hospital de Verín tras o parto da súa edil no paridoiro pechado
José María Lago foi un dos rexedores que se opuxo á supresión da atención aos partos e cre que o último nacemento demostra que é "urxente" recuperar os servizos do centro verinense e mesmo amplialos.
Todas as versións da Xunta para pechar (e agora prometer reabrir) o paridoiro de Verín
A nova xerente do hospital confirmou a intención do Goberno galego de reactivar a atención aos partos logo de varias semanas onde Sergas, Sanidade ou Feijóo deron diferentes xustificacións para unha decisión que agora aspiran a corrixir.
Unha edil do PP dá a luz en Verín no terceiro parto desde que pechou o paridoiro
Unha concelleira dos populares na Gudiña ten a súa filla no hospital verinense, o terceiro nacemento desde que o Sergas suprimiu a atención aos partos entre o forte rexeitamento cidadá.
A Xunta constata múltiples danos en edificios protexidos que acollen vodas irregularmente
Oza-Cesuras ordena a fin das actividades da Rectoral de Cines, conxunto BIC onde se realizaron obras para uso hostaleiro en solo rústico "inadecuadas" que provocaron "afeccións moi negativas", segundo denuncia Patrimonio, cuxo informe abre a porta a máis sancións a pazos e predios que acollen eventos sen a licenza correspondente.
- Reportaxe
- Movementos sociais A Coruña
Unha rede de solidariedade devolve o ouvido á pequena Olalla
Unha campaña de mecenado logra en catro días a través da Rede o dobre dos cartos necesarios para mercarlle uns implantes auditivos a unha nena que os perdera. Falamos coa nai dunha familia "activista polas persoas xordas".
A nova xerente en Verín nega a "falta de pericia" coa que o Sergas xustificou o peche do paridoiro
"Xamais me atrevería a dicir semellante cousa", di Guillermina Agulla sobre a suposta perda de habilidade dos profesionais. A nova directora do distrito confirma a marcha atrás de Sanidade e a intención de recuperar axiña a atención aos partos.
O Sergas segue a recuar en Verín e xa busca contratar pediatras para reabrir o paridoiro
A nova directora do distrito sanitario entrevístase xa con candidatos tras quedar vacantes as dúas prazas da última convocatoria. Sanidade asume que intentará recuperar a atención aos partos o máis axiña posible logo de xustificar o peche na "falta de pericia" polo baixo número de nacementos.
Abanca rescata o Deportivo e faise co control do club
O banco concede un préstamo participativo de cinco millóns que permite ao Dépor aumentar en dous o límite salarial, que será capitalizado e que impón unha posterior ampliación de capital tras a que a entidade financeira controlará a institución.
O Sergas recupera unha xerente xubilada no hospital de Verín para tentar aplacar o conflito do paridoiro
Guillermina Agulla dirixiu o centro en dúas etapas, a última delas ata que se xubilou en xaneiro de 2017, e regresa agora en substitución de Miguel Abad, que dimitiu en medio da polémica pola supresión da atención aos partos.
Un representante do Estado acode por primeira vez á homenaxe da emigración a Castelao na Arxentina
O cónsul adxunto de España en Bos Aires participa no acto co que desde hai 70 anos a colectividade galega rende tributo ao histórico líder galeguista.
As prazas de pediatría coas que a Xunta prometeu manter o paridoiro en Verín volven quedar desertas
Ao igual que no pasado mes de xuño, ningún profesional se presenta á convocatoria aberta polo Sergas para cubrir dous postos de pediatra cos que Feijóo asegurou que reabriría o servizo de atención ao parto.