Unha multitude clama a prol da sanidade pública aguilloada pola loita de Verín
Milleiros de persoas volven ateigar as rúas de Santiago nunha marcha "contra a deterioración" do sistema sanitario marcada polo conflito polo peche do paridoiro e con peticións de dimisión a Núñez Feijóo.
Europa olla a Viana do Bolo pola "alta pureza" do coltán obtido na súa mina de estaño
Un novo procedemento do CSIC mellora a calidade do niobio e o tántalo, dous dos materiais máis valorados pola industria tecnolóxica, extraídos na parroquia de Penouta, na única explotación europea destes cobizados metais.
A mineira de Touro non presentou plan ningún á Xunta para paliar unha posible catástrofe ambiental
A Declaración de Impacto Ambiental negativa advirte da falta de "resposta completa" ás "medidas de xestión a adoptar" no caso dun accidente. "Parecen limitarse a xustificar que o suceso non se producirá", di o informe.
Dúas mulleres dan a luz en Verín tras reabrir o paridoiro sen o consentimento "reforzado" que esixía a Xunta
Dous pequenos nacen no hospital comarcal tras a recuperación da sala de partos, atendidos pola nova pediatra contratada polo Sergas e sen permiso específico ningún das familias, malia o anuncio do Sergas.
Os conflitos sanitarios vólvenselle botar á rúa á Xunta ás portas das eleccións
Un ano despois da gran manifestación, SOS Sanidade Pública convoca outra marcha este domingo, á que volve chamar toda a oposición, "contra a deterioración, o desmantelamento e a precariedade" no Sergas.
O Sergas tenta aplacar as protestas recuando tamén nas condicións do persoal dos hospitais comarcais
Almuíña anuncia incentivos económicos e en forma de puntuación a quen traballe en centros do rural e do interior ou en especialidades de difícil cobertura, tal e como reclamaran os profesionais ao estoupar o conflito en Verín.
Outra morte dun paciente agardando no Hospital Clínico de Santiago pon o foco na saturación das Urxencias
O sindicato O'Mega denuncia o falecemento dun home que esperaba a ser atendido, di que é o sexto caso nestas circunstancias nos últimos anos e advirte da falta "recursos loxísticos e humanos" no servizo.
- Datos
- Economía
O paro de xaneiro confirma o freo á recuperación en Galicia, que destrúe 13.700 empregos
O desemprego rexistrado aumenta en case 2.500 persoas no primeiro mes do ano pola fin da campaña de Nadal no sector servizos, que acumula toda a suba.
O paridoiro de Verín reabre pendente de "captar outro pediatra" para completar o servizo
Tras meses de peche e protestas, o hospital recupera a atención aos partos tras cubrir o Sergas unha das dúas prazas convocadas. O xefe de Xinecoloxía amosa a súa "satisfacción" pero acusa a Xunta de colocarlle "un estigma" aos profesionais: "Fixéronnos moito dano".
Os colexios médicos galegos cren "inadmisible" o consentimento reforzado que a Xunta impón en Verín
O Consello Galego de Colexios Médicos carga contra o Sergas por unha "inédita variante" de permiso que "retorce o obxectivo para o que foi creado" e que "traslada ás nais a decisión de parir en Verín".
O desembarco de Pemex en Barreras avalado por Feijóo acaba na Fiscalía e co estaleiro galego ao bordo da quebra
O director xeral da petroleira ratifica as sombras e dúbidas sobre o acordo entre a Xunta e a empresa mexicana, critica con dureza a xestión do estaleiro vigués e advirte da ruinosa compra dos floteis, os dos únicos encargos para Galicia tras moreas de promesas incumpridas.
A Costa da Morte rebélase contra a falta de pediatras logo de que a da "saturada" área de Cee marche a Verín
Veciñanza maniféstase en Fisterra "contra os recortes en pediatría" ao quedar sen o especialista durante o seu período de vacacións. A doutora que atendía en Cee e Corcubión foi contratada polo Sergas para Verín.