O plan do Sergas para a Atención Primaria non evita o malestar profesional e "referenda" a posible folga
O Sergas ve no borrador de mellora presentado este mércores unha "base sólida" que profesionais e colectivos médicos consideran "inconcreto" e unha "manobra de distracción" para "dividir o movemento de rebeldía" entre o persoal
O hospital da Coruña bate outra marca e supera o seu maior número de transplantes nun ano
O hospital da Coruña realizou 261 transplantes en 2018, a maior cifra da súa historia, e mantense entre os centros do Estado con mellores números. Desde o primeiro, en 1981, supera xa os 6.000.
As tendas de Ourense pechan as portas para alertar da crise do comercio local
Os establecementos da cidade e das vilas da provincia pararon e apagaron as luces na tarde deste mércores para advertir dunha situación da que culpan aos impostos locais "excesivos", á suba da cota dos autónomos ou á desregularización das rebaixas.
O conflito sanitario non cesa e a folga xeral na Atención Primaria xa é "o horizonte máis próximo"
A Coordinadora Galega prevé convocala nas vindeiras semanas mentres as protestas se lle acumulan ao Sergas: o persoal dos PAC mantén o paro tras rexeitar a proposta da Consellería e as ambulancias continúan co conflito tras non chegar a un acordo coa patronal.
O desleixo coa liña Ferrol-Ribadeo: seis trens cancelados cada día do verán
Fomento recoñece que se suprimiron 738 servizos entre xuño e setembro no trazado do norte galego, onde houbo tamén 141 incidencias.
Illas de San Pedro: o espazo "salvaxe e virxe que lle queda á Coruña” agarda pola protección definitiva
A Xunta esixe ao Concello que lle remita en castelán o Plan de Conservación deste arquipélago da costa coruñesa para poder continuar co trámite para protexelo, aínda provisional e que decae no mes de xuño. O espazo ten un importante valor xeolóxico e medioambiental
Sada e BNG apreman por carta a Sánchez para que active xa a demanda para recuperar Meirás
Benito Portela, rexedor sadense, e Ana Pontón, voceira nacionalista, piden ao presidente do Goberno central o "exercicio inmediato de accións xudiciais" para "reverter o Pazo de Meirás ao patrimonio público"
Dentro das protestas de persoal da CRTVG: "Construímos unha Galicia inexistente ao servizo do poder"
Falamos co colectivo Defende A Galega, que impulsa a protesta de profesionais dos medios públicos contra a "manipulación": "É un mal endémico pero quizais agora é máis evidente". "As únicas protestas que caben son as que atacan o Goberno central ou os gobernos municipais que non son do PP", din os protagonistas, que denuncian que a dirección só responde con "expedientes e represalias contra quen dá a cara"
Feijóo pide agora que o Estado achegue fondos para o Pasatempo tras anos de desleixo da Xunta
O presidente da Xunta reclama ao Goberno central que "se implique na achega" de cartos para acometer as obras no histórico parque de Betanzos malia que a Xunta aínda espera pola declaración de BIC e tras o compromiso orzamentario de Deputación da Coruña e Concello
O risco de quebra no Centro Gallego de Bos Aires aumenta tras adiarse de novo a súa venda
O interventor da principal entidade da emigración galega apraza a asemblea que debía decidir sobre as ofertas e a nova dirección continúa sen asumir o cargo ao non atoparse solución para a débeda do persoal nin para a salvación do patrimonio histórico e cultural
Lalín volve vencer a Fenosa: o TSXG confirma a anulación da liña de alta tensión en Catasós
O Superior rexeita o recurso presentado pola eléctrica e reafirma a sentenza dun xulgado de Pontevedra de xusto hai dous anos, que anulou a liña de alta tensión prevista sobre a Fraga de Casas Vellas, un espazo de especial valor paisaxístico e medioambiental protexido pola cidadanía
Persoal de Urxencias do Clínico de Santiago pide amparo á xustiza ante un novo "colapso"
A delegada de persoal solicita que se lle requira ao Sergas "que tome medidas inmediatas" para "evitar situacións catastróficas como as acontecidas nas datas recentes", e denuncia que ata 19 pacientes se acumularon este luns nos corredores agardando a seren atendidos