As escolas infantís da Coruña, gratuítas e co galego como lingua vehicular desde o vindeiro curso
O Concello destina case 480.000 euros ao financiamento do 100% das prazas para 830 pequenos. A priorización da lingua galega racha co modelo lingüístico da Xunta que o PP exportara aos centros en 2014.
A Xunta non substitúe durante a pandemia o profesorado de baixa, que si tivo que avaliar o alumnado
A Consellería de Educación demandou aos docentes de baixa que avaliasen os escolares no segundo trimestre, ao tempo que advertía que non serían substituídos.
A crise na que redescubrimos os concellos: o coronavirus evidencia o papel clave dos gobernos locais na axuda á cidadanía
As administracións locais activan plans económicos para reducir o impacto da pandemia, ademais de desinfectar espazos, repartir comida e equipos de protección, atender da xente que vive soa ou dar cobertura as persoas máis vulnerables.
- Reportaxe Coronavirus
- Acontece
O persoal dos centros de saúde torna en primeira defensa contra o coronavirus
Os profesionais da Atención Primaria fan a primeira criba de doentes "para evitar saturar os hospitais" e o seguimento diario dos contaxiados illados na casa ou que saen do hospital e dos que presentan síntomas. "Somos o primeiro elo da cadea", explican.
Galicia obvia as axudas directas a autónomos polo virus que xa aprobaron numerosos territorios
A Xunta limítase a achegar liquidez a este colectivo, ademais de adiar o pagamento de tributos autonómicos, fronte ás achegas directas de varias autonomías. Velaquí un repaso ás medidas nas diferentes comunidades autónomas.
As enfermeiras estoupan ante a precariedade, agravada coa pandemia: "Non máis remendos, estamos fartas"
A enfermería eventual rompe o seu silencio "ante os continuos abusos da Xunta" mesmo en tempo de loita contra o coronavirus, no que denuncian que seguen a ser contratadas "por días ou semanas" e sufrindo "maltrato laboral".
O Sergas recúa e prorroga os contratos temporais do persoal con coronavirus ata que reciba a alta
Logo das críticas de profesionais que criticaron a Xunta por "desetenderse" deles ao caer enfermos, Sanidade emite unha instrución na que advirte da prórroga das contratacións, "como mínimo", ata que se recuperen.
O Sergas non renova o contrato a persoal contaxiado co coronavirus, que perde un 25% de remuneración
A Xunta suspende a renovación dos contratos temporais dos profesionais infectados, que perden puntos para as oposicións e a cuarta parte do salario, pero que son requridos de novo en canto curan ou pasan o periodo de illamento
O empresariado galego afronta a crise do coronavirus cunha patronal esfarelada
A Confederación de Empresarios de Galicia, sen presidente nin estrutura desde hai máis de dous anos, critica con duros comunicados as medidas do Goberno de Sánchez para paliar o impacto económico da pandemia.
Enfermeiras en primeira liña fronte ao virus: "É moi duro, polo que vivimos no hospital e porque é imposible desconectar"
O colectivo de enfermaría, o máis exposto ao coronavirus, relata o seu día a día contra a pandemia e a escaseza de material de protección e espera que a crise "faga a sociedade máis consciente da importancia da sanidade pública".
A Xunta presume de "lealdade" co Goberno central e acúsao de "fracasar" na loita contra o coronavirus
Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta, aposta por evitar os reproches entre administracións ao tempo que denuncia os "erros evidentes" do Executivo de Sánchez, ao que acusa tamén de "censura" e de non terse "anticipado" á crise polo virus.
O Goberno central ultima a renda mínima, que será aprobada nas vindeiras semanas polo coronavirus
O Ministerio de Seguridade Social, o de Traballo e a Vicepresidencia de Dereitos Sociais dan os últimos pasos nun ingreso mínimo vital que "reordenará as múltiples prestacións da Seguridade Social" e que se acelera pola crise da Covid-19.